EDLG
Baile entrega premios de Samaín
Na commemoración de Samaín, fixemos un acto no que entregamos diplomas aos gañadores dos concursos de cabazas e de relatos.
Finalizouse o acto cun baile de alumnado de sexto.
Tunel do terror 2024
Este ano, pola celebración do Samaín, o alumnado tivo que cruzar o Tunel do terror para acceder a biblioteca e alí visualizar un corto de medo.
Semana das Letras Galegas: De Castro a Villalta.
Coincidindo coa Semana das Letras Galegas, visitou o noso centro "A Xanela do Maxín", unha compañía de teatro visual, de títeres e obxectos que crea propostas escénicas de calidade dirixidas a un público infantil, familiar e xuvenil.
Nesta ocasión presentounos o espéctaculo que leva por título "De Castro a Villalta", co que se pretende poñer en valor o legado de seis mulleres excepcionais homenaxeadas nas Letras Galegas, dende Rosalía de Castro a Luísa Villalta . Mulleres que deixaron unha pegada imborrable na literatura e no teatro galegos e que destacaron pola súa creatividade, compromiso e contribución á nosa rica cultura.