Idioma estranxeiro

Inmersión lingüística 6º en Pasarón de la Vera (Cáceres)

A semana pasada alumando de 6º participou nunha Inmersión Lingúística en Pasarón de la Vera (Cáceres). Aprenderon moito inglés, conviviron con alumnado dun centro de Aragón e fixeron actividades diversas.

Neste vídeo podedes ver un pequeno resumo do que viviron.

 

Inmersión lingüística Cáceres

O alumnado de sexto curso de Primaria, desprazouse ata Pasarón de la Vera (Cáceres) para unha inmersión lingüística.

Estiveron unha semana no Campamento as Castellanas convivindo con outros nenos e nenas aragoneses, experimentando moitas actividades e falando moito inglés.

All about American Football

A semana pasada o noso auxiliar de inglés Brad, captou a atención do alumnado cunha demostración de fútbol americano. Brad é dos Estados Unidos, e está moi orgulloso de poder compartir parte da súa cultura co noso centro educativo. O alumnado aprendeu as normas, a historia e a importancia deste deporte nos Estados Unidos.

 

Thanksgiving

A semana pasada os nenos e nenas do cole coñeceron a tradición de Thanksgiving nos Estados Unidos. Teacher Brad achegounos ás orixes culturas desta celebración, e xuntos fixeron un pequeno obradoiro sobre as cousas das que están agradecidos este ano.

En 1621 os colonos ingleses chegaron aos Estados Unidos. Os nativos americanos da tribo Wampanoag axudaron aos ingleses a sobrevivir a un duro inverno ensinándolles a cultivar millo, pescar e sobrevivir nas novas terras. Como celebración, a primera cea de acción de grazas foi compartida entre os indios e os peregrinos tras unha exitosa colleita. A acción de grazas simboliza a unidade, a gratitude e o intercambio entre diferentes culturas.

Happy Thanksgiving!

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer