ACTIVIDADES CONMEMORATIVAS DESENVOLTAS DURANTE O SEGUNDO TRIMESTRE:
- 30 DE XANEIRO: DÍA DA PAZ.
- 24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA
- 8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
NOVIDADES:
- Volta ás aulas: 9 de setembro de 2021
- Revista "A Laverquiña" Nº 32
- Videos despedida curso (Acceso como convidado)
ENTROIDO NO NOSO CENTRO:
A pesares da situación que nos tocou vivir non podiamos de deixar algo tan típico e que nos gusta tanto, como é o Entroido. Por iso, durante a semana do 8 ao 12 de febreiro, o noso Meco nos "obrigou" a vir vestidos cada día cun atuendo diferente: con algo na cabeza, algo do revés, un zapato de cada cor, un mandil ou delantal... e o venres, disfraz libre!
Aquí podemos ver algunas fotos e intentaremos compartir máis:
DÍAS NON LECTIVOS NO ENTROIDO:
Informamos desde o CEIP Manuel Respino que non volverá a haber clases ata o vindeiro xoves 18 de febreiro por mor do período de vacacións polo Entroido, tal como se regula na ORDE do 25 de xuño de 2020 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020/21 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.
CONSIGNAS DO ENTROIDO:
Un ano máis celebraremos o Entroido con consignas diferentes cada día.
Polo tanto, estade moi atentos cada día para saber o que traer ao día seguinte:
COMEZAMOS....
O LUNS:
O MARTES:
O MÉRCORES:
O XOVES
O VENRES
CAMPAÑA "FROITA FRESCA NA ESCOLA":
Un ano máis o CEIP Manuel Respino participamos no programa FOGGA con "Froita fresca na escola". Deste xeito, unha vez rematadas as semanas de leite fresco na escola (que continuará en vindeiras semanas), comezamos co consumo de froita fresca na escola.
O programa desta semana é o que segue:
- LUNS: mandarina.
- MARTES: arándanos.
- MÉRCORES: plátano.
- XOVES: mazá
- VENRES: piña natural.
30 DE ENERO, DÍA INTERNACIONAL DE LA PAZ Y LA NO VIOLENCIA
Pincha aquí y podrás escuchar la canción que trabajamos en el Día de la Paz
Para conmemorar el día de la Paz, los niños de 5º y 6º curso, hicieron unos raps sobre la
Paz. Aquí dejamos algunos de ellos.
RAP DE ANXELA RAP DE GUILLERMO
POESÍAS - DÍA DA PAZ 2021:
DÍA DA PAZ
TÍTERES: "COUSAS DE CASA"
O pasado venres 15 de xaneiro de 2021 tivemos a ocasión de gozar dun espectáculo que realiza un percorrido por aqueles conceptos que nos permiten reflexionar acerca da igualdade entre mulleres e homes nos distintos ámbitos, con especial énfase na reincorporación profesional da muller despois de ser nai e a corresponsabilidade do home como pai nos coidados do novo membro da familia, bebé .
O creador da compañía, Ton Arenas, constrúe os seus propios teatriños, pinta as escenografías, modela os bonecos e deseña os seus espectáculos de xeito totalmente tradicional no taller dos Títeres do Barrio dos Muíños aberto a visitantes e colaboradores.
Agradecementos: GDR Valdeorras.
CAMPAÑA DE LEITE FRESCO NA ESCOLA:
Durante a semana do 18 ao 22 de xaneiro e a semana do 25 ao 29 de xaneiro o noso centro participará na campaña "Leite fresco na escola", tendo en conta ao alumnado con intolerancia á lactosa, para os cales se lle servirá leite sen lactosa.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- …
- seguinte ›
- última »