SEMANA DO LIBRO

Os alumnos de 4º de educación Infantil quixemos conmemorar a Semana do Libro co conto infantil Elmer, o elefante de cores, de David Mckee, co que se traballan dous grandes temas: o respecto cara ao outro desde a aceptación das diferenzas, e a importancia de ser auténtico, ser un mesmo, celebrando o ser diferente. Aqui tedes o noso traballo:

PUPAS, SUSTOS E OUTROS DISGUSTOS

O Sil, periódico en galego de información xeral.

Alumnos do CEIP Manuel Respino da Rúa aprenden primeiros auxilios a través do xogo

Os cursos de 3º e 4º de Primaria participaban no obradoiro 'Pupas, sustos e outros desgustos'.

 

Para seguir lendo picar en:

https://www.osil.info/taller-sanitario-do-programa-pupas-sustos-e-outros-disgustos-no-ceip-manuel-respino-da-rua/

 

Convivencia CEIP O Bolo

Os alumnos de 6º de Primaria disfrutaron dunha xornada de convivencia no CEIP de O Bolo para coñecer aos que serán os seus compañeiros na nova aventura que comezan no vindeiro curso:

 

Autorización saída cine Avenida

Neste enlace pódese descargar a autorización para participar na actividade complementaria programada para o día 21 de abril na que os alumnos se desprazarán ata as instalacións do Centro Cultural Avenida:

 Autorización saída Centro Cultural Avenida

Plan Director para a Convivencia

Un curso máis, póñense ao dispor dos centros docentes o Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nas suas contornas, que poñen de manifesto, unha vez máis, o compromiso da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional con todo o que ten que ver coa construción dunha sociedade democrática, tolerante, solidaria, etc. O Plan, impulsado desde Delegación do Goberno en Galicia, ofrece aos centros docentes a posibilidade de solicitar charlas informativas/formativas sobre temáticas como: acoso escolar, drogas e alcol, violencia de xénero, novas tecnoloxías, bandas xuvenís, etc.; charlas impartidas por persoas expertas das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e dirixidas nesta ocasión aos alumnos de 5º e 6º de Primaria:

INICIACIÓN AO DEPORTE DE ORIENTACIÓN

 

Os alumnos de 5º e 6º de Primaria disfrutaron dun obradoiro de Iniciación ao Deporte de Orientación organizado polo Club Pena Trevinca,unh actividade dirixida a dar a coñecer este deporte que se desenvolve no medio natural e que cada vez ten máis practicantes e que consiste nunha parte teórica onde se tratan temas como a identificación de elementos básicos, a interpretación dun mapa, o uso do compás e aspectos básicos das carreiras de orientación e unha parte práctica desenvolta no noso pavillón:

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer