ORIENTACIÓN ESPACIAL

A Agrupación Deportiva Escolar Valdeorras e o club Pena Trevinca Barco organizan o sábado 18 de xuño ás 11 h a actividade Xornada Escolar de Orientación XOGADE en Valdeorras”, no paseo do Malecón na área recreativa do Barco de Valdeorras. Para mais información podedes acceder á súa paxina web no seguinte enlace:

https://clubtrevincabarco.org/club/xornada-escolar-de-orientacion-xogade/

 


 

 

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Na nosa clase de 2ºB, elaboramos polas letras galegas un comecocos sobre o autor Florencio Delgado. Pasámolo xenial xogando!

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Co motivo da conmemoración das Letras Galegas 2022 adicadas a Florencio Delgado, os alumnos de 1º de Primaria elaboraron un comemcocos sobre o autor:

Día Internacional contra o Acoso Escolar

Hoxe 2 de maio conmemórase o Día Mundial contra o Acoso escolar e os alumnos e alumnas de 6º de Educación Infantil queremos presentarvos o conto "Hoxe non xogas" un conto ilustrado que reflicte á perfección esta situación que afecta a moitos menores, mesmo cada vez máis pequenos.

 

 

 

SEMANA DO LIBRO

Os alumnos de 4º de educación Infantil quixemos conmemorar a Semana do Libro co conto infantil Elmer, o elefante de cores, de David Mckee, co que se traballan dous grandes temas: o respecto cara ao outro desde a aceptación das diferenzas, e a importancia de ser auténtico, ser un mesmo, celebrando o ser diferente. Aqui tedes o noso traballo:

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer