SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
Co motivo da conmemoración das Letras Galegas 2022 adicadas a Florencio Delgado, os alumnos de 1º de Primaria elaboraron un comemcocos sobre o autor:
Día Internacional contra o Acoso Escolar
Hoxe 2 de maio conmemórase o Día Mundial contra o Acoso escolar e os alumnos e alumnas de 6º de Educación Infantil queremos presentarvos o conto "Hoxe non xogas" un conto ilustrado que reflicte á perfección esta situación que afecta a moitos menores, mesmo cada vez máis pequenos.
SEMANA DO LIBRO
Os alumnos de 4º de educación Infantil quixemos conmemorar a Semana do Libro co conto infantil Elmer, o elefante de cores, de David Mckee, co que se traballan dous grandes temas: o respecto cara ao outro desde a aceptación das diferenzas, e a importancia de ser auténtico, ser un mesmo, celebrando o ser diferente. Aqui tedes o noso traballo:
PUPAS, SUSTOS E OUTROS DISGUSTOS
Alumnos do CEIP Manuel Respino da Rúa aprenden primeiros auxilios a través do xogo
Os cursos de 3º e 4º de Primaria participaban no obradoiro 'Pupas, sustos e outros desgustos'.
Para seguir lendo picar en:
Convivencia CEIP O Bolo
Os alumnos de 6º de Primaria disfrutaron dunha xornada de convivencia no CEIP de O Bolo para coñecer aos que serán os seus compañeiros na nova aventura que comezan no vindeiro curso:
Autorización saída cine Avenida
Neste enlace pódese descargar a autorización para participar na actividade complementaria programada para o día 21 de abril na que os alumnos se desprazarán ata as instalacións do Centro Cultural Avenida:
Plan Director para a Convivencia
Un curso máis, póñense ao dispor dos centros docentes o Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nas suas contornas, que poñen de manifesto, unha vez máis, o compromiso da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional con todo o que ten que ver coa construción dunha sociedade democrática, tolerante, solidaria, etc. O Plan, impulsado desde Delegación do Goberno en Galicia, ofrece aos centros docentes a posibilidade de solicitar charlas informativas/formativas sobre temáticas como: acoso escolar, drogas e alcol, violencia de xénero, novas tecnoloxías, bandas xuvenís, etc.; charlas impartidas por persoas expertas das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e dirixidas nesta ocasión aos alumnos de 5º e 6º de Primaria:
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- …
- seguinte ›
- última »