ACTUALIZACIÓN DE DATOS DO ALUMNADO
Co gallo dunha mellor organización, funcionamento e atención ao alumnado do centro, precisamos,como cada inicio de curso, levar a cabo unha actualización de datos do alumnado que neste curso será online. Simplemente terán que acceder ao seguinte enlace e ir contestando dende calquera dispositivo electrónico (móbil, tablet ou pc) ás preguntas formuladas para cada alumno. Unha vez finalizado o formulario deberán premer en "enviar" para que os datos cubertos sexan recibidos no centro.
É de suma importancia para o centro que contesten á enquisa. O feito de non cubrila eximirá ao centro de todo tipo de responsabilidade en caso dunha incorrecta actuación por falta de información.
Un saúdo.
O Director