Taboleiro
Homenaxe a Rosalía de Castro
Hoxe celebramos o festival das Letras Galegas no colexio, os nenos e nenas do laciño vermello adicandelle este pequeno video en homenaxe a Rosalía, a escritora que iniciou o rexurdimento das nosas letras.
Lembramos que un 17 de maio foi publicado o seu libro Cantares Gallegos.
Letras Galegas 2016
O vindeiro 17 de maio celebramos o día das nosas letras, festividade na que podemos comprobar que as nosas letras están vivas todo o ano.
Desde o EDLG do CEIP Juan Fernández Latorre propoñemos unha serie de actividades para traballar ao longo do ano a nosa lingua, tanto a nivel oral como escrito. (Contos en familia, contos compartidos, canle de youtube para divulgar os nosos traballos, actividades interactivas elaboradas polo profesorado e polo noso alumnado...)
Este ano 2016 o autor homenaxeado é o polifacético Manuel María.
Aqui vos deixamos unha escolma dos traballos realizados e diferentes páxinas web onde podedes atopar recursos didácticos e información sobre Manuel María.
Simulacro de evacuación
O mércores 29 de abril realizamos, como está establecido anualmente, o simulacro de evacuación do Colexio. Destacamos unha vez máis, o escaso tempo que foi necesario, 3 minutos e coarenta segundos.
Destacamos ao alumnado - 475 -, que realizou a evacuación do edificio seguindo as normas establecidas, colaborando co profesorado na correcta realización desta actividade.
Implantación da LOMCE
Dende o inicio do presente curso implántase a LOMCE en 1º, 3º e 5º de Primaria, deixando para o curso 15/16 a extensión da nova Lei Educativa a toda a etapa de Primaria. Queremos deixar aquí ampla información, por un lado a circular informativa básica do Centro para as familias afectadas, e por outro un enlace a toda a documentación sobre a LOMCE que se atopa no portal educativo da Consellería.
Formación en Primeiros Auxilios
Este luns 15 de abril o profesorado do Centro e as nais do ANPA tivemos a oportunidade de asistir a unha pequena xornada de actualización e formación no ámbito das emerxencias, impartida por AGATE (Asociación Galega de Técnicos en Emerxencias) . A primeira parte da charla abordamos o xeito de atender urxencias derivadas de alerxias alimentarias, diabetes e ataques epilépticos. Na segunda parte realizamos prácticas de RCP (reanimación cardio-pulmonar), atendendo as dferencias entre lactantes, nenos e adultos. Dende aquí agradecemos á directiva da ANPA as xestións realizadas para a celebración desta actividade formativa, e como non, á colaboración desinteresada dos técnicos de emerxencias.