3º Ciclo

Semana da Prevención

O alumnado de 5º e 6ºEP participará este venres 23 de setembro nas actividades da Semana da Prevención. O lugar será na Pza de María Pita, aproveitando a inauguración das actividades, os alumnos-as poderá participar en diversos talleres e charlas. A actividade está organizada polo Concello da Coruña en colaboración co Servizo de Bombeiros

Resultado de imagen de semana de la prevencion coruña

A entrevista: Pablo Díaz e Olga Kirk.

O luns 20 de xuño de 2016, Pablo Díaz  eOlga Kirk acudiron ao centro a homenaxear a Manuel María, estiveron acompañados por nenos da A.C. Donaire e do colexio. Ademáis contamos coa presencia de Alberte Ansede, secretario da casa Museo Manuel María.

Antes da homenaxe os nenos e nenas de 6º de primaria fixéronlles unha pequena entrevista. En breve estará á vosa disposición a homenaxe a Manuel María. Mentres disfrutade da entrevista destes dous artistas cos que temos a sorte de poder contar.

 

Encontros con autores: Andrea Maceiras

O pasado 7 de xuño foi o derradeiro encontro con autores do curso 15/16, con Andrea Maceiras.

Veunos a falar e compartir experiencias da súa vida profesional e do seu libro Volverás, golfiño que traballamos en clase.

Helena, Pablo Liste e Candela foron os encargados de realizar  a entrevista. Agardamos que vós guste.

Avaliación de 6ºEP e 3ºEP

Ata o venres 13 de maio realizamos as probas ao alumnado de 6ºEP. Os días 24 e 25 serán as probas de 3ºEP. Parte do proceso, son os Cuestionarios das familias. Estes cuestionarios poden cubrirse "on line". Facendo clic na imaxe, podedes acceder a unha web onde tedes que poñer o código persoal que vai na circular que entregamos ao alumnado. Agradecemos a vosa colaboración, imprescindible para levar o proceso nas mellores condicións.

Encontros con autores: Érica Esmorís

Érica tivo un encontro cos alumnos de quinto e sexto de primaria do CEIP Juan Fernández Latorre. Como xa é habitual, aquí tendes a entrevista dentro da serie de encontros con autores deste curso 2015/16

 

Pleno Municipal Infantil

O 20 de novembro conmemoramos a Declaración dos Dereitos da Infancia no Mundo. Por este motivo, o noso Centro colaborou co Concello e Unicef, no Pleno Municipal Infantil sobre os dereitos da infancia, e no que a nós tocounos abordar todo o relacionado coa saúde. Dezaseis alumnos-as de 5ºEP, elixidos polo seu traballo previo, participaron neste acto xunto co alumnado doutros colexios.

Abalar Móbil

AbalarMóbil é unha aplicación que permite ás familias consultar a información académica de calquera dos seus fillos a través do teléfono móbil, ademáis de xustificar faltas, solicitar titorías e recibir avisos e notificacións de profesorado e Dirección.

Ata o nadal o implantamos en 5º e 6º de Primaria. A partir de xaneiro o obxectivo será extendelo ao resto de niveis.

Facendo clic na imaxe accédese a toda a información sobre abalar móbil.

Powered by Drupal - Design by artinet