3º Ciclo
Mercadillo do Proxecto Semente
O venres 25 de maio na Praza de María Pita celebrouse o mercado de cooperativas escolares do Proxecto Semente, programa de cooperativismo do Concello. O noso cole participou con dúas cooperativas, unha de 6ºA e outra de 6ºB. Finalmente foi todo un éxito de participación e ventas, e que rematou coa concesión para o noso centro, co Premio ao colexio máis implicado no proxecto (300€). Norabóa ao alumnado de sexto e ás súas titoras, Carmen e Judit polo traballo realizado, e lembramos que o 10% do recaudado sera donado ás ONGs Miradas al Mundo e Ana Bella.
Proxecto Semente: entrega de licencias
O pasado martes 17 de abril tivo lugar no Salón de Plenos do Concello de A Coruña a entrega de licencias de venta ambulante ás cooperativas participantes no proxecto educativo e de emprendemento Semente. Un ano máis participa o noso Colexio con dúas cooperativas, unha de 6ºA e outra de 6ºB. O acto estivo presidido polo Alcalde e o Concelleiro de Emprego. O 24 de maio terá lugar, na zona do Obelisco, o gran mercado de productos de todas as cooperativas participantes. Norabóa pola iniciativa ás titoras e ao alumnado.
Teatro en inglés no Anxo da Garda
Os nenos e nenas de 6º fomos ao colexio do Anxo da Garda onde houbo unha obra de teatro de inglés que se titulaba 'The Sword in the Stone'. Foi moi divertido. Cando nos sentamos para que comezara a obra, a Bruxa Morgana foi onde ao público a coller dous rapaces e unha rapaza. A sorpresa foi que me elixiu a min. Esa foi unha experiencia moi divertida, tiven que representar á princesa Xinebra. Todo o mundo ría e escoitaba atentamente.
A obra trataba do Rei Arturo, Sir Robin, Mago Merlín, Princesa Xinebra e a Bruxa Morgana.
As palabras que dixen foron: 'Oh yes!' e 'I don't no'. Foi moi divertido pasámolo moi ben!!. (Carla 6ºA)
Robots pintores na Domus
Hoy el alumnado de sexto B, (otro día fueron los de A) hizo una visita al primer museo interactivo del mundo, dedicado al ser humano el famoso “Domus”donde han observado todo lo que hay en su interior; pero lo mas importante hoy fue el taller de Robots Pintores, donde todos los alumnos de sexto B hicieron robots que pintan con distintos materiales.
Por ejemplo:vasos,pilas,motores, corchos... donde cada alumno hizo su propio modelo, los ponian en una arena y se probaban.
Bueno esto ha sido la visita de sexto B,espero que para el futuro todos los cursos vayan, se lo pasen genial y descubran cosas nuevas.
Autor: Samuel Fernández Rodríguez 6B
Renovación de equipos en EDIXGAL
Dende novembro agardábamos a chegada dos novos portátiles para o alumnado de 5º e 6º de EP. Finalmente foi o venres 2 de febreiro, o día da estrea. Trátase de equipos máis grandes e potentes que facilitarán o desenvolvemento do proxecto, tanto no colexio como nos propios fogares.
Apoiando ao Depor
O sábado 27 de xaneiro o alumnado de 6ºEP tivo a oportunidade de acudir ao encontro do Depor contra o Levante. Invitados polo club e A Opinión pola nosa participación no programa Os Valores do Depor. Ao final a victoria deportivista non foi posible, tivemos que conformarnos cun empate a dos tantos, pero pasámolo xenial.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »