Taboleiro

Listaxes de material

EDUCACIÓN INFANTIL: A relación de materiais entregouse no mes de xuño. Finalmente a entrega por parte das familias pode ser o xoves 5 de setembro de 10 a 12h e o luns 9 de 10 a 11,30h.

1º ED. PRIMARIA: Listaxe de materiais. No documento veñen os días de entrega.

2º ED. PRIMARIA: Listaxe de materiais. No documento veñen os días de entrega.

3º ED. PRIMARIA: Listaxe de materiais. O alumnado traerá o material o primeiro día de clase.

4º ED.PRIMARIA: Listaxe de materiais. O alumnado traerá o material o primeiro día de clase.

5º ED. PRIMARIA: Listaxe de materiais. O alumnado traerá o material o primeiro día de clase.

6º ED. PRIMARIA: Listaxe de materiais. O alumnado traerá o material o primeiro día de clase.

CONCURSO DE GIMNASIA ARTÍSTICA 4º PRIMARIA

QUIERES VER NUESTRO CONCURSO DE GIMNASIA???

ENTRA EN EL BLOG:

"COSAS DE EDUCACIÓN FÍSICA"

Charla divulgativa

o xoves 10 de xaneiro ás 18h no Salón de Actos terá lugar unha interesante charla sobre como axudar aos nosos fillos a navegar dun xeito seguro pola rede internet, advertíndonos nela dos posibles riscos. Un axente especializado da Policía Nacional será o encargado de realizar a exposición dos contidos, que logo dará paso a unha rolda de preguntas. Esta actividade está dirixida exclusivamente a nais e pais do alumnado.

http://www.navegacionsegura.es/

Acción solidaria co IBS. Padre Rubinos

O mércores 19 de decembro o alumnado de 6ºB trasladou os alimentos e productos recollidos durante a pasada semana ao Albergue de transeuntes de Pai Rubinos na Coruña. Unha actividade que pretende crear conciencia solidaria e educar en valores a todo o alumnado.

Día non lectivo

Lembramos a todos que o venres 18 de maio non haberá clase, información que xa notificamos na circular de principio de curso. Este día foi elexido ao inicio de curso polo Consello Escolar, e aprobado pola Consellería de Educación.

Campamentos de verán da Xunta

Tamén e como todos os anos saiu a convocatoria de campamentos de verán. Estos campamentos poden solicitalos o alumnado que teña 9 anos ou máis no momento de iniciarse o campamento.


A Xunta de Galicia convocou actividades en inglés durante o verán. No noso centro o alumnado de 6ºEP que teña aprobado completamente 5º e ademáis unha calificación de Ben ou máis en inglés en quinto curso, poden solicitalo.

Día da Paz solidario

O 30 de xaneiro conmemoramos o Día da Paz participando na Carreira Solidaria para cos nenos do Congo, promovida por Save the Children. Tamén nas clases participaron na actividade "Paraugas pola paz"  GALERÍA DE FOTOS

 

Inicio das clases de PROA

A partir da vindeira semana iniciamos as clases de PROA co seguinte horario e profesorado:


-       Grupo de 4º EP: Martes e xoves de 16 a 18h. Impartido pola profesora Hortensia Hermidas.


-       Grupo de 5ºEP: Luns e mércores de 16 a 18h. Impartido pola profesora Lorena Ferreiro.


-       Grupo de 6ºEP: Martes e xoves de 16 a 18h. Impartido pola profesora Lorena Ferreiro.


Powered by Drupal - Design by artinet