Taboleiro
Listaxes de material e datas de entrega
Según teñamos a información a colocaremos neste apartado, e facendo clic nos diferentes cursos atoparedes o arquivo coa listaxe de material e as datas de entrega aos titores-as. (Infantil, 1º e 2º. O resto traen o material e os libros os primeiros días)
- ED. INFANTIL: Entrega do material ás titoras os días Venres 4 de 11 a 13h, e Luns 7 de 11 a 13h.
- 1º ED. PRIMARIA
- 2º ED. PRIMARIA
- 3º ED. PRIMARIA (os libros de 3º entréganse ao alumnado o venres día 11)
- 4º ED. PRIMARIA
- 5º ED. PRIMARIA
- 6º ED. PRIMARIA
Axudas para material escolar
Dende o 2 de setembro e ata o 01 de outubro de 2015, pódense solicitar axudas de 50 euros para a compra de material escolar. Os requisitos son:
- Alumnado matriculado en Primaria.
- Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5400 euros anuais.
- Entregar solicitude (anexoI) na Secretaría do Colexio.
- Adxuntar a documentación pertinente, según cada caso.
- Convocatoria
CURSO 2015-2016
BENVIDOS E BENVIDAS
Dende o 1 de setembro abrimos de novo o Colexio no horario habitual. Estade atentos, porque dende o primeiro día publicaremos novidades; titores-as, profesorado, listaxes de material, días e horarios de entrega, axudas, etc.
Campaña solidaria con Equus Zebra
Dende a web, queremos agradecer a vosa desinteresada colaboración coa ONG Equus Zebra, na campaña de recollida de roupa que remata este martes 12 de maio. O certo é que sorprendeu a gran cantidade de kilos de roupa depositados no Colexio, e que agardamos que sirvan para mellorar a situación de moitas familias que están a pasar dificultades.
Horto escolar
Coa recente ganancia de terreos decidimos, dun xeito experimental, implementar ás actividades educativas un pequeno horto, cun eminente carácter educativo. Ata final de curso, gran parte do alumnado está a plantar diferentes productos (cebolas, calabacíns, tomates, leitugas, etc). Agardamos a nosa "primeira colleita" para antes da finalización do curso. Estade atentos!!
Simulacro de evacuación
O mércores 29 de abril realizamos, como está establecido anualmente, o simulacro de evacuación do Colexio. Destacamos unha vez máis, o escaso tempo que foi necesario, 3 minutos e coarenta segundos.
Destacamos ao alumnado - 475 -, que realizou a evacuación do edificio seguindo as normas establecidas, colaborando co profesorado na correcta realización desta actividade.
ENTROIDO 2015
A PINTURA, este foi o tema central sobre o que tratou o Festival de Entroido celebrado o venres 13 de febreiro. O certo é que o único que non acompañou foi o tempo, pero como dí o refrán, "a mal tempo boa cara", e o resultado foi excelente. Unha vez máis, o traballo en conxunto deu os seus froitos, e poidemos disfrutar dunhas actuacións magníficas, con excelentes e orixinais coreografías e uns disfraces sorprendentes e cheos de colorido. Grazas ao alumnado, profesorado e familias pola colaboración e o entusiasmo posto nesta actividade.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- …
- seguinte ›
- última »