1º e 2º nivel de Primaria

SEMANA DA PRENSA EN 1ºB, 6 ao 10 de marzo

Esta semana inclúe duas conmemoracións, por un lado o 8M  e polo outro o que nos dispoñemos a contar nesta entrada da web: A SEMANA DA PRENSA.

Ao longo desta semana traballamos con xornais: LA VOZ DE GALICIA, EL CORREO GALLEGO, EL FARO DE VIGO, EL PAÍS, LA REGIÓN ... en formato dixital.

Vimos as partes dun xornal e as partes dunha noticia pero aínda seguiremos traballando neste medio de comunicación colectivo ata o remate deste curso para ser capaces de elaborar un minixornal de 1º EP.

Tamén trouxemos un exemplar en formato papel para poder, despois de lelo empregalo para un traballo de plástica moi interdisciplinar:línguas, ciencias naturais e plástica:

REMATE DAS ACTIVIDADES DO 8M EN 1ºB

Toda conmemoración ten un inicio e un final, aínda que só non nos temos que quedar con esa data, oxalá non fixera falta un DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, xa que iso significaría que xa conseguimos a igualdade, o respecto e a tolerancia fronte a discriminacion sexa pola razón que sexa.

En 1º B loitamos pola igualdade no senso mais amplo da palabra e non só un día senón os 365 días ou 366 se é bisiesto.

Un broche final das actividades deste 8 de marzo na aula foi a entrega de agasallos amuleto para lembrar que seguiremos avanzando neste eido e en equipo, todos xuntos, homes e mulleres:

 

 

Que o amuleto nos acompañe e nos dea a forza necesaria para que a IGUALDADE sexa unha REALIDADE!

 

 

A MULLER DA MIÑA VIDA EN 1ºB

Outra das actividades levadas a cabo para esta conmemoración, que non se debe relegar ao 8 de marzo, senón ao longo de todos os días do ano, é A MULLER DA MIÑA VIDA.

Cada pequeno/a decidirá que muller homenaxear nesta ocasión, xa que tamén son de recoñecer as que están preto de nós, pendentes en todo momento, ao noso carón incondicionalmente: nais, avoas, amigas, mestras, madriñas, compañeiras de clase ou do cole...unha lista infinita.

En canto as respostas de POR QUE É A MULLER DA MIÑA VIDA saen cousas como: porque me mima, me axuda, me respecta, me corrixe, me quere, me ensina, me escoita, xoga comigo, é moi doce, é moi guapa...

   

   

  

SEGUIMOS CO 8 DE MARZO en 1ºB

 

"Non desexo que as mulleres teñan mais poder sobre os homes, senón que teñan mais poder sobre sí mesmas".

Mary Wollstonecraft

Temos que coñecernos valorarnos, empoderanos, ser fortes e loitar polos nosos soños, atrevernos a soñar e ser capaces de acadalos.

  Un exercicio  que nos pode axudar nisto sería o  chamado EXERCICIO DO ESPELLO, que puxemos en práctica na nosa clase de primeiro.

Só necesitas un espello ao que mirarte e… Que ves?

A resposta é moi sinxela: A ti mesmo/a

  • Só quédate quieto/a diante do espello mirándote durante ao menos 3 minutos.
  • Despois de mirarte debes pasar ao menos 2 minutos dicíndote cousas positivas, fermosas, boas, agradables…Apúntaas nun papel para logo poñelo en coñecemento dos demais compañeiros/as.
  • E ten en conta que a  felicidade está no noso interior e non fóra nin nas cousas materiais.

Con este exercicio sairon palabras como: son amigo/a, comparto, son forte, son bo/a, non teño medo a nada nin a ninguén, son fermoso/a, son bonito/a, son guapo/a, son igual, son diferente, , son intelixente, gústame sorrir, gústame que me fagan sorrir, son feliz, non son chulita, son dura, son deble, son tenro/a, son cariñoso/a, son ledo/a, son boa persona e bo compañeiro/a, son sincero/a, son capaz, son loitador/a...

 

FORZA PARA ACADAR A IGUALDADE en 1º de Educación Primaria, 8 de marzo

O 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller, un día dedicado á loita pola igualdade, a participación e o empoderamento das mulleres en todos os ámbitos da sociedade.

A forza que acada un movemento de mulleres en todo o mundo transcende fronteiras e diferenzas culturais, económicas e ideolóxicas. As mulleres unidas teñen o poder de cambiar o mundo e acadar a igualdade en todos os ámbitos da sociedade e en Primeiro A e B cremos que co apoio e a forza dos homes ao mesmo tempo e o traballo en equipo conseguirán o que elas se propoñan.

 

A selección desta temática coincide co tema principal da 67ª sesión da Comisión de Condición Xurídica e Social da Muller, denominada “Innovación e cambio tecnolóxico, e educación na era dixital para acadar a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e nenas de todo o mundo”

Para este ano, preténdese recoñecer e homenaxear a aquelas nenas, mulleres e organizacións feministas que apoian os avances da tecnoloxía transformadora, así como o acceso á educación dixital que contribúan a acurtar a fenda dixital de xénero, reducindo as desigualdades sociais e económicas.

Así mesmo, esta temática pretende destacar a importancia de protexer os dereitos das mulleres e nenas nos espazos dixitais, así como xerar accións dirixidas á erradicación da violencia de xénero na rede.

Outro dos aspectos relevantes reside na incorporación á tecnoloxía das mulleres e dos colectivos tradicionalmente marxinados, promovendo a igualdade de xénero, baseada no cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030. Deste xeito, promoverase unha educación dixital e inclusiva para un futuro sostible.

DIA MUNDIAL DA OBESIDADE, 4 de marzo

Cada 4 de marzo celébrase o Día Mundial da Obesidade. Con esta data preténdese concienciar á xente do terrible dano que supón para o organismo unha dieta rica en graxas e azucres, unha dieta que, a verdade, é unha das máis populares e espalladas por todo o mundo.

Por que se celebra o Día Mundial da Obesidade?

O Día Mundial da Obesidade está convocado pola Federación Mundial da Obesidade e os seus membros globais.

Segundo datos da mesma Organización Mundial da Saúde (OMS), a obesidade acadou proporcións epidémicas en todo o mundo.

Ademais, estímase que desde 1975 esta enfermidade se triplicou, conseguindo que en 2016 padecesen 1.900 millóns de adultos así como 340 millóns de nenos e adolescentes.

Que é a obesidade?

A obesidade enténdese como unha acumulación anormal de graxa que pode provocar outras enfermidades prexudiciais para o organismo.

Ademais, a obesidade é o primeiro paso para outras enfermidades. 

A única forma de previr a obesidade é seguindo unha dieta moito máis saudable e non apostando pola coñecida comida rápida, que ten todos os elementos para xerar obesidade mórbida.

Ademais dunha boa alimentación, é necesario que as persoas teñan unha rutina de exercicio que lles permita evitar a acumulación de graxa debido ao sedentarismo.

Moitas persoas no mundo comen de forma relativamente saudable, pero aínda están afectadas por unha acumulación de graxa, especialmente na parte inferior do abdome.

Isto débese principalmente a longos días de traballo sentado nunha mesa diante dun ordenador. A falta de exercicio tamén pode levar a un pouco de sobrepeso.

Unha dieta saudable e un pouco de exercicio físico poden previr o sobrepeso e a obesidade.

Para iso na aula de 1ºB elaboramos un tríptico con toda esta información e  consellos, facéndollos chegar a todas as familias divulgando o bo proceder para estar sans.

 

 

DÍA DA CERO DISCRIMINACIÓN en 1ºB, 1 de marzo de 2023

O 1 de marzo celébrase o Día Cero Discriminación, co obxectivo de facer fronte á discriminación calquera que sexa.

Todas as persoas teñen talentos únicos, que poden axudar e fortalecer os obxectivos dos seus países. Non importa o diferentes que parecen nin os seus gustos e preferencias. Todos os seres humanos gozamos dos mesmos dereitos.

Así o establece a Declaración Universal dos Dereitos Humanos e ninguén ten o poder de quitar eses dereitos a outras persoas, e moito menos pola súa raza, xénero, preferencia sexual, crenzas relixiosas ou limitación cognitiva, só por citar algúns dos razóns que se alegan.ao discriminar a outra persoa.

A discriminación pon en perigo a vida das persoas

O obxectivo principal desta xornada é frear os actos de discriminación que se poidan estar producindo en colexios, centros de traballo, centros de saúde, comunidades e moitos máis.

Cada vez que un individuo ou un grupo deles é rexeitado, a cohesión social debilita, o desenvolvemento comunitario retrasa e as vidas de todos poden verse ameazadas.

Os esforzos téñense que centrar na educación en igualdade dende a infancia:

Moitas veces a discriminación prodúcese por crenzas erróneas que se transmiten dunha xeración a outra ou por cuestións culturais dentro dunha sociedade.

Para traballar este tema, empezamos na clase coa lectura dunha ficha con esta temática, logo vimos un vídeo e para rematar fixemos un debate sobre o que vimos, o que sentimos, o que opinamos e o que queremos:

Purl: unha curtametraxe da casa de animación máis famosa do mundo, Pixar, que mostra a discriminación de xénero dentro das organizacións laborais e como algunhas mulleres recorren por erro a asumir o comportamento do sexo oposto para encaixar.

DESVENTINDO O PASADO, proxecto competencial

Dentro da programación da materia de Proxecto Competencial este trimestre traballamos e iniciámonos na historia e na evolución do vestido ao longo da historia.

Seguimos coa Idade Antiga, Grecia concretamente, un periodo que ao alumnado desta idade lle motiva: cómo vivían, como comían, como vestían, as sáus crenzas, mitoloxías...en fin seguir coa investigación que nos corresponde este curso

TÍTULO: DESVENTIDO O PASADO

 

 

Un desfile do FASHION YEAR neste 1º nivel de Educación Primaria co aprendido

DÍA DE ROSALÍA , 23 de febreiro

Rosalía, unha gran escritora e poetisa galega que merece a nosa homenaxe cada curso nesta data. Ensinou a todos e a todas que o galego é unha língua capaz de crear literatura dende o seu primeiro libro escrito en galego: CANTARES GALEGOS un 17 de maio.

Dende Dinamización propuxeron a actividade a nivel centro "Hoxe no menú...Rosalía" en colaboración co IES e a nosa clase elaborou este cartel:

 

Que completamos con outras actividades a nivel aula como:

  • Biografía e liña do tempo de Rosalía de Castro

 

  

  • "Dalle cor a Rosalía" 

 

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet