O alumnado de 4º E.Primaria achegouse no tema 5º de Ciencias da Natureza ao estudo das máquinas simples: que son, con que enerxía se moven, tipos de máquinas simples, como foron cambiando ao longo do tempo, cambios que supuxeron para a sociedade...
No marco deste tema, pedíuselles que construíran unha máquina simple a partir de material reciclado. Implicáronse moito e desfrutaron realizando a actividade.
Aquí tedes o resultado!!