Normalización Lingüística

DIA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE

Para conmemorar o Día Mundial do Medioambiente cada nivel realizou unha flor de papeis reciclados.

A súa folla era a bandeira que representaba as diferentes nacionalidades de alumnado e profesorado do colexio.

Deste xeito, celebramos a diversidade, a natureza, as marabillas do mundo e a importancia de coidar a nosa terra.

                            

CONTACONTOS LETRAS GALEGAS NA BIBLIOTECA ROSALÍA DE CASTRO DE ARZÚA

O espectáculo que leva por nome "De Castro a Villalta", da compañía A Xanela do Maxín, pretende poñer en valor o legado de seis mulleres excepcionais homenaxeadas nas Letras Galegas, dende Rosalía de Castro a Luísa Villalta. Mulleres que deixaron unha pegada imborrable na literatura e no teatro galegos e que destacaron pola súa creatividade, compromiso e contribución á nosa rica cultura. 

Empezamos pois con Rosalía de Castro e seguimos con Francisca Herrera Garrido, María Mariño, María Victoria Moreno, Xela Arias, para rematar, como non podía ser doutro xeito, con Luísa Villalta. 

O espectáculo estivo xenial e a posta en escena foi moi orixinal, ao incluír hologramas. Pareceunos unha forma moi didáctica de mostrar a vida e obra das mulleres que foron homenaxeadas o Día das Letras Galegas. 

  

  

 

 

LETRAS GALEGAS_2024

Despois dunha semana, na que se realizaron moitas actividades no noso colexio para conmemorar as Letras Galegas, hoxe colocamos o mural colectivo, no que se reflicte o traballo feito nas distintas titorías do centro. 

Este ano, como non podía ser doutro xeito, o noso mural está dedicado a Luísa Villalta. Como na súa vida estivo moi presente a música, decidimos colocar a información relativa a súa biografía sobre uns pentagramas e rodeámolos das portadas dalgúns dos seus libros e despois puxemos uns debuxos que todas e todos relacionamos con esta escritora.

Na planta de arriba, fixemos un mural, no que aparece o debuxo realizado por un dos membros do colectivo "Polo Correo do Vento" e, ao lado, unhas caricaturas de Luísa Villata que preparou o alumnado de 4º, 5º e 6º E.Primaria que asistiu a esta actividade. 

 

As nenas e nenos de 4º E.Primaria fixeron un libro de lapelas sobre Luísa Villalta que recolle un pequeno resumo da súa biografía:

  

 

Este é o mural que realizou o alumnado de 2ºB:

 

RAQUEL QUEIZÁS "A ORIXE"

O pasado mércores, 15 de maio tivemos a sorte de asistir ao espectáculo “A Orixe” de Raquel Queizás.

Levouse a cabo dentro da programación da Semana das Letras Galegas e tivo lugar no salón de actos con dous pases: o primeiro para o alumnado de 1º, 2º e 3º de EP e o segundo para o alumnado de Educación Infantil.

A ORIXE  é un espectáculo de narración oral, manipulación de obxectos e monicreques.

Unha exploradora chega ao colexio co afán de compartir as narracións escoitadas nas súas expedicións ao longo do mundo.

Este espectáculo é unha recolleita de lendas, mitos e contos de tradición oral de diferentes culturas do mundo.

 EDUCACIÓN PRIMARIA:

 

EDUCACIÓN INFANTIL:

 

“Contade o que sabían os antigos para que non desapareza…”.

OBRADOIROS DE REGUEIFAS NA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Este xoves, 16 de maio, o alumnado de 4º, 5º e 6º de E.Primaria participou nun obradoiro de regueifas impartido polo grupo "Erre que Erre". 

Da man de dous monitores, Lorena e Antonio, as nenas e nenos destes cursos aprenderon  primeiro a música das regueifas, despois como comezar a improvisar as rimas; e, por último, aplicando a técnica do "leixaprén", como enlazar unhas regueifas con outras. 

Estes diálogos cantados e improvisados, nos que a ironía e o bo humor son os reis da rima, fixeron as delicias das alumnas e alumnos de 4º, 5º e 6º de EP. Ao final do obradoiro, cada grupo, ao berro da palabra "bomba", facía calar ao resto para cantar en alto a regueifa que acababan de inventar. Pasaron un rato moi agradable e desfrutaron un montón con esta actividade á que temos que darlle continuidade pola boa acollida que tivo. 

Obradoiro con 4ºA e 4ºB:

   

Obradoiro en 5º A:

   

Obradoiro en 6ºA:

  

 

POLO CORREO DO VENTO VISITA O NOSO CENTRO PARA FACER UN PERCORRIDO POLA BIOGRAFÍA DE LUÍSA VILLALTA

Esta semana, no noso centro, celebramos as Letras Galegas e, para comezar, nada mellor que recibir ao colectivo "Polo Correo do Vento" que nos contou cousiñas da escritora homenaxeada este ano; Luísa Villalta.

Mentres Enrique nos relataba a biografía da escritora, Carlos Taboada debuxaba un mural no que ía aparecendo unha caricatura de Luísa Villalta acompañada daqueles elementos que o seu compañeiro relataba.

    

 

Polo medio, Robertiño púxolle música a algúns poemas; entre eles, un de Manuel María, no que todas e todos cantamos o retrouso. 

Para rematar, coa axuda das indicacións do ilustrador deste colectivo, todas as nenas e nenos fixeron a súa propia caricatura de Luísa Villalta acompañada dun pequeno caligrama. 

Grazas a esta xentiña por facernos pasar un momento tan agradable ao profesorado e ao alumnado!!

Semana do libro!

A semana do 22 ao 26 de Abril celebramos a Semana do libro no noso cole! Fixemos un mural relacionado coa temática anual, "Unha ventá aberta ao mundo", que leva por título "Un conto a bordo". Neste mural amosamos as diferentes procedencias de contos e historias moi coñecidos polos nenos e nenas  cun mapa que conecta, mediante fíos, as maletas da orixe dos contos e a súa portada correspondente, decorados por todos os cursos do centro escolar.

 

 

Ademais, as titoras levaron a cabo diferentes actividades relacionadas con esta conmemoración, como marcapáxinas, decoración para as portas da aula...

  
3 anos A
 
 
5º 
 

 

 

 
 
Tamén na biblioteca os nenos e nenas participaron nos Retos da biblioteca, un xogo de buscar pistas nos libros da biblioteca, nas estanterías ou nas paredes do noso cole, para coñecer un pouco máis os nosos recursos e como nos poden axudar a buscar información sobre un tema de interese. Levaron de agasallo un libro reciclado dos que damos de baixa da biblioteca escolar cada curso. 

 

 

 

                           
 

 

 

 

 

 

 

 
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 
 

 

 

 

 

 

 

 

 

E para rematar, o venres os nenos e nenas de 2º e 3º de EP tiveron un obradoiro de poesía con Claudia Castro! 

 

 

 



 

 

 

 

OBRADOIRO DE POESÍA CON CLAUDIA CASTRO

Este venres, 26 de abril as alumnas e alumnos de 2º e 3º E.Primaria participaron nun obradoiro de poesía impartido por Claudia Castro, autora do libro de poemas "Galicia, o país das marabillas".

Este é o segundo ano que nos visita a escritora e, unha vez máis, o alumnado quedou encantado co seu taller.

Moitísimas grazas Claudia por compartir esta mañá connosco!!

Estas fotografías corresponden ao obradoiro impartido ás nenas e nenos de 2º EP. 

        

 

       

Ao rematar, leváronse un mural para a súa clase moi fermoso, onde colocaron os collages que elas e eles fixeron durante o obradoiro. 

 

Estas fotografías son do obradoiro de 3º A:

  

Estas fotos son do obradoiro de 3ºB:

  

RECURSOS PARA CONMEMORAR A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS_MAIO 2024

Abrimos este apartado para deixarvos algúns recursos para traballar nas aulas a figura de Luísa Villalta, autora homenaxeada este ano polo Día das Letras Galegas. Iremos engadindo cousiñas segundo nos vaian chegando. 

  • Neste vídeo realizado polo Colexio San Pío X de Ourense, as nenas e nenos de 5º de primaria fan un breve repaso pola vida e obra de Luísa Villalta. Nel reúnen dun xeito harmonioso as fermosas ilustracións de Carlos Gallego cos textos do Seminario Galán, aos que elas e eles póñenlle voz.

 

  • Proposta didáctica Luísa Villalta "Fiestras Abertas", elaborada polo grupo de música A banda da Loba. Preme AQUÍ
  • Proposta didáctica Luísa Villalta "Cruel filosofía", elaborada polo grupo de música A banda da Loba. Preme AQUÍ
  • Recursos didácticos creados polo Seminario Galán. Preme AQUÍ
  • Como crear poemas usando a técnica do "centón" ou a dos "haikus". Preme AQUÍ
  • Un "genially" moi entretido sobre Luísa Villalta.  Preme AQUÍ para comezar o xogo. 
  • A biografía de Luísa Villalta en formato "genially". Preme AQUÍ.
  • Libriño con lapelas de Luísa Villalta AFDM. Preme AQUÍ para descargalo.
  • Cartaz colaborativo Luísa Villalta AFDM. Preme AQUÍ para descargalo.
  • Xogo de cartas "Eu teño...quen ten...?" AFDM. Preme AQUÍ para descargalo.
  • Marcapáxinas de Luísa Villalta para pintar AFDM. Preme AQUÍ para descargalos. 
  • Libriño "Letras galegas" (amestracris). Preme AQUÍ para descargalo.

Powered by Drupal - Design by artinet