Normalización Lingüística

SEMANA DA PRENSA_2022

No noso colexio estamos celebrando a Semana da Prensa. Coas actividades que se están a facer queremos que o noso alumnado se familiarice coas distintas seccións dun xornal, analice anuncios publicitarios, busque noticias que teñan que ver coa igualdade de xénero, analice unha noticia para subliñar os que, quen, onde, por que, cando e como...

Tamén puxemos en marcha nalgunhas aulas a actividade que leva por título "Crónicas da pandemia". Trátase de que as alumnas e alumnos se transformen por uns intres en xornalistas para informar, en galego, de como está a situación da pandemia neste momento. Nas gravacións, que non deberán superar o minuto de duración, terán que mesturar datos obxectivos que aparecen nas noticias coas súas impresións persoais e os seus sentimentos. 

Para facer as actividades desta semana contamos cos exemplares que nos enviou o xornal "La Voz de Galicia". Estámoslle moi agradecidos pola colaboración prestada.

   

    5º EP

   

 

 

DÍA DE ROSALÍA_2022

No noso colexio levamos xa días facendo actividades para conmemorar o Día de Rosalía. Cada titoría do centro preparou un cartel cun poema da escritora. Con todos eles montamos este mural colectivo. 

A actividade, que leva por nome "Rosalía ilumina Arzúa", foi realizada en colaboración co instituto da vila e financiada polo Concello de Arzúa. Estes días colocaranse os carteis pendurados dos farois da rúa principal do pobo. 

Esta é unha pequena mostra dos carteis que se colocaron:

      

  

Este vídeo corresponde ao traballo desenvolvido na aula de 3 anos-B.

Mostra dos traballos realizados na aula de 5 anos-B:

 

   

O alumnado de 4 anos-A fixo este collage de Rosalía dedicado ao seu libro titulado "La Flor".

Alumnado de 1ºA e 1ºB:

 

Esta é unha mostra dos traballos realizados en 2º A:

 

Os nenos e nenas de 2ºB fixeron estes traballos:

O alumnado de 4º E.Primaria está lendo poemas do libro de "Follas Novas". Cada alumno e alumna deberá gravar un vídeo lendo un poema ou fragmento desta obra e ao rematar retará a unha ou dúas persoas a facer o mesmo. Unha boa idea para achegarse á obra de Rosalía de Castro!!

 Pensamentos de Rosalía:

O alumnado de 6ºE.Primaria colocou o poema de Rosalía que lle foi asinado nunha cartolina, ilustrouno e memorizouno. Despois, cada alumno e alumna recitouno na clase diante dos demais. Conseguimos con isto coñecer un pouquiño máis a obra poética desta gran escritora. Os traballos témolos agora expostos no corredor da segunda planta do centro.

 

RECURSOS PARA TRABALLAR A FIGURA DE ROSALÍA DE CASTRO

Agora que se achega o 23 de febreiro, data do nacemento de Rosalía de Castro, desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos achegarvos unha serie de recursos para traballar a figura da nosa ilustre escritora:

  • Unidade didáctica para E. Infantil:

https://es.calameo.com/read/00670476639e85dc9afc7

  • Unidade didáctica para 1º e 2º de E.Primaria:

https://es.calameo.com/read/006704766eb12b05c836e

  • Unidade didáctica para 3º e 4º de E.Primaria:

https://es.calameo.com/read/006704766be13afdee92e

  • Unidade didáctica para 5º e 6º de E.Primaria:

https://es.calameo.com/read/0067047662f0e4b46eb4c

  • Genially de Rosalía:

https://view.genial.ly/5ff75e8bc217200ce77cc6d5

 

  • Unidade didáctica e díptico de "Follas Novas":

PREME AQUÍ

  • Unidade didáctica e díptico de "Cantares gallegos":

PREME AQUÍ

 

  • Vídeo sobre a vida de Rosalía de Castro.

 

DÍA DA PAZ_2022

Este ano, para conmemorar o Día da Paz, decidimos facer un mural colectivo sobre as Mulleres Premios Nobel da Paz no mundo. Traballouse este tema en todas as aulas do centro, e cada titoría aportou unha pomba coa información da muller que se lle adxudicou. Con todas elas preparouse o mural da paz que loce na entrada do colexio.

 

Estes son algúns dos traballos que se fixeron nas distintas titorías do colexio.

        

 

 

VIDEOFELICITACIÓN DE NADAL_2021

MODELOS DE CARTAS PARA AS SÚAS MAXESTADES DE ORIENTE

 PREME AQUÍ

Para os máis pequenos e pequenas do colexio déixamosvos aquí outro modelo de carta máis sinxelo e animámosvos a escribir en galego a carta que lle ides enviar aos Reis Magos.

ACTIVIDADES ORGANIZADAS POLO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

Este curso 2021-22 poderemos gozar destes espectáculos no noso colexio:

- Representación do espectáculo "Estrafalaria" de Xarope Tulú para o alumnado de Educación Infantil (Semana das Letras Galegas).

- Espectáculo "A máquina do tempo" de Teatro Ghazafelhos para o alumnado de Educación Primaria (Semana das Letras Galegas).

- "Contos solidarios" a cargo de Anxo Moure (Semana do Libro).

O  Concello de Arzúa vén de concedernos unha subvención ao CEIP de Arzúa destinada ao EDLG que nos permite financiar estas actividades.

  

DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE_3 DE DECEMBRO

Este curso 2021-2022, quixemos darlle valor ao Día Internacional da Discapacidade participando nunha actividade colaborativa: un Calendario Solidario, ao que 12 colexios de toda Galicia achegamos os debuxos do noso alumnado para ilustrar cada un dos meses do vindeiro ano 2022. A finalidade desta colaboración é poder visibilizar unha enfermidade rara que afecta a un número reducido de persoas (entre as que se contabilizan nenos e nenas da nosa contorna). Trátase da Enfermidade de Dent. Con esta colaboración preténdese crear consciencia e recadar fondos que apoien o estudo e avance no coñecemento desta enfermidade, e conseguir que a vida dos doentes que a padecen, e das súas familias sexa un pouco máis levadeira. 

Ao noso colexio tocoulle representar a obra de "El grito" de Munch. Cos traballos realizados nas distintas titorías do centro realizouse este mural colectivo. 

 

O Calendario Solidario no que participou o CEIP de Arzúa vaise poñer á venda en todas as librarías de Arzúa a partir desta ponte de decembro, coa finalidade de que todas aquelas familias que queiran apoiar á Asociación Galega da Enfermidade de Dent, o poidan mercar. O prezo do calendario será de 5 euros e o importe irá destinado á conta que ten a Asociación no hospital Vall d´Hebrón para a investigación desta enfermidade.

Deixámosvos aquí o vídeo que elaborou a Asociación co traballo de todo o alumnado colaborador.

Graciñas a todas as librarías do pobo por colaborar con esta campaña solidaria!!

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO_25 DE NOVEMBRO

Un ano máis, no CEIP de Arzúa, estamos a traballar a violencia de xénero co noso alumnado, co fin de sensibilizarnos todas e todos sobre a lacra social e cultural que supón esta situación para as mulleres. Pero tamén queremos poñer de manifesto que os micromachismos persisten na nosa sociedade e que só concienciándonos da súa existencia podemos erradicalos. 

Estes son algúns dos traballos realizados nas distintas aulas do centro.

  6º EP

 O alumnado de 3 anos-B participou neste vídeo sobre o 25 N:   

 

  

      4 anos- A

  5 anos-A

  

        

O alumnado de 4º EP elaborou estes vídeos:

 

   

O alumnado de 5º e 6º EP participou nunha charla enmarcada dentro do Plan Director, que impartiu un garda civil. Nela tratáronse diferentes temas, como: o concepto de violencia de xénero e violencia doméstica, os diferentes tipos de agresións, as responsabilidades dos menores, as distintas formas de pedir axuda...

   

Este é o 25 N desde as casas dos nosos nenos e nenas. Grazas familias por colaborar con nós!!

 

SAMAIN

 

O SAMAÍN (que significa "fin do verán") é unha festividade de orixe celta na que a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro servía como celebración da fin da tempada de colleitas e era considerada como o "ASno Novo Celta".

Ademais, nesta noite as almas dos defuntos volvían ao mundo dos vivos para visitar aos parentes. Os celtas realizaban diversos ritos nos que se comunicaban cos defuntos. Para espantar aos malos espíritos decoraban as casas con adornos de medo e utilizaban máscaras e disfraces. Tamén deixaban alimentos nas portas para contentalos.

Tiñan como costume facer farois con nabos e cabazas para guiar aos espíritos bos de volta a casa e espantar aos malos.

O alumnado do Ceip de Arzúa traballou nas aulas sobre esta festividade, realizando lecturas, traballos, manualidades, murais, escoitando cancións ou vendo algún vídeo  no que aprendemos máis sobre a orixe desta conmemoración. O venres, 29 celebramos este día e viñemos disfrazados e disrfazadas. Foi terroríficamente divertido!

 

        

 

   

 

   

 

   

Actividades dos nenos e nenas de 4 anos: merenda con elaboración de caras terroríficas, a pantasma COME - MEDOS e coroas con caras de diferentes emocións.

 

O alumnado de 5 anos B preparou un cemiterio de libros, onde estaban aqueles esquecidos ou non lidos. Pero coa súa axuda, que quixeron ler eses libros e escoitar esas historias, conseguiron revivilos!

 Traballo realizado polo alumnado de 4º de Educación Primaria: "Sempre hai que lembrar". 

 PREME AQUÍ

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet