1º e 2º nivel de Primaria

DÍA DA INFANCIA, 20 de novembro

POR UN MUNDO CHEO DE COR E DE IGUALDADE!

Como todos os anos, e este non ía ser menos, no ano 2022 conmemoramos este día coa elaboración dun documento que asinaremos todo o alumnado de 1º B para pór o noso gran de area para que os DEREITOS DOS NENOS E NENAS, non só se recoñezan en 19 países senón que teñan a prioridade necesaria para que se respecten en todos os países do mundo:

 

  

O CICLO DA AUGA NO 1º NIVEL

Seguimos co ciclo da auga, esa maxia que permite que haxa vida no noso planeta.

Unha viaxe cíclica da nosa mascota Gotiña Gotín:

 

e moitos máis ata 16 que somos na clase!

A AUGA, FÓMULA QUÍMICA

                                                                                    GOTIÑA GOTÍN, G.G.

Para traballar o seu concepto e a súa importancia no mundo que nos arrodea, fixemos por orde unha serie de propostas:

  • Visionado dun vídeo, onde fala do ouro blanco: a auga como un tesouro que temos que coidar
  • Elaboración dunha ficha feita e publicada en liveworksheets

  • Creación de auga: collemos os átomos necesarios, hidróxeno e osíxeno enlazámolos e formamos a molécula da auga

E a traballar!

 

 

SEMANA DA CIENCIA EN 1º B

O mes de novembro é o MES DA CIENCIA por iso imos ter un programa bastante completo sobre esta temática.

Imos convertirnos en científicos e científicas e para iso tamén ambientaremos a clase como se fose un pequeno laboratorio onde hai que entrar con extrema precaución:

   

 

Estamos traballando niso e vai indo:

  

Seguiremos informando!

SAMAIN en 1° B

Un Samain moi especial cheo de ósos, dezaseis esqueletos  que bailan, cantan e divírtense.

 

DIA INTERNACIONAL DA ALIMENTACIÓN_6 de outubro

A alimentación, a maneira de alimentarnos é moi importante nas nosas vidas. Polo que  temos que facer unha dieta san e equilibrada para medrar sans e fortes!

Este curso estudamos xunto coa celebración do descubrimento de América, os alimentos que se trouxeron a Europa dende o novo continente que aquí non coñeciamos. Para iso que mellor idea que facer un cómic explicando como foi: Cristóbal Colón e as súas viaxes nas tres caravelas e os alimentos que alí viron que aqui non había como por exemplo a patacas, os cacahuetes, o millo, os tomates...

Aproveitamos tamén para traballar en plástica O BODEGÓN:

DIA DAS BIBLIOTECAS_24 de outubro

O día  24 de outubro é o Día das Bibliotecas e por iso o alumnado de 1º de EP quixemos celebralo visitando a Biblioteca Municipal de Arzúa, Rosalía de Castro.

Alí agardábannos Lara e Moncho, os encargados da mesma. Preparáronnos xogos de investigación, coñecemos e percorremos o local para saber que é o sitio de todos e todas, independemente da idade.

Fixemos o carné de bibliotecas e agora xa podemos ir a buscar libros para a casa e desfrutar do mundo máxico da lectura.

Grazas Lara e Moncho!! Pasámolo xenial e aprendemos moito!!!

 

VISITA AO MUSEO DE BELLAS ARTES DE A CORUÑA_ 18 de outubro

Xa chegou o día de vernos as caras, as das tres educadoras e as do noso grupo de 16 nenos e nenas de 1ºB no museo.

Emocionados e emocionadas, ilusionados e ilusionadas por esta visita,  por primeira vez a un museo cheo de obras de arte moi coñecidas e valiosas pero sobre todo ver en directo as obras que teñen como protagonista a AUGA.

No museo estábannos agardando con impaciencia, Laura, Sara e Clara para mostrarnos o que estiveron preparando para que aprenderamos sobre o que é un museo, quen traballan alí, cal son as súas funcións e dramatizar anécdotas moi curiosas vividas ao longo da vida deste fermoso museo. Coñecimos a varios personaxes como:

  • O vixiante de seguridade, que non nos ensinou onde estaban ocultas as cámaras.
  • Unha pintora que acude ao museo procurando inspiración, a famosa pintora Uxía Pincel.
  • A restauradora dos cadros e outras obras que se encarga do mantemento e do bo estado delas, tiña unha lupa na cabeza para poder ver mellor a suciedades ou o mal estado da pintura.
  • A directora do museo, que se encarga da organización e das exposicións dos cadros neste museo e noutros de todo o mundo.
  • A ladroa da Táboas de Rubens, en directo presenciamos ese sucesos que foi o punto de partida para qiue se fixera este museo novo no que estamos agora de visita.
  • A muller de Luís Seoane, Maruja Seoane que donou a este museo varios cadros do artista, que poidemos ver e desfrutar.

 

 

Estamos en contacto ao longo de todo o curso, agardando RETOS!

DÍA INTERNACIONAL DA AUGA, 6 DE OUTUBRO

O dia 6 de outubro celébrase o Día Internacional da Auga, e este ano especialmente pola súa escasez e a súa importancia nas nosas vidas e na continuidade do Planeta Terra queremos adicarlle un ratiño do noso tempo de clase para facer un Taller de grafismo creativo PELOS LOCOS DE GOTIÑA GOTÍN, para facela protagonista do seu dia especial

FELIZ DÍA!!!

 

CODE WEEK EN PRIMEIRO

A experiencia CODE WEEK acaba de empezar, e xa son dez anos traballlando en colaboración con outros coles de toda Europa, tratando de medrar na competencia dixital e achegarnos alinguaxe de programación de maneira moi lúdica, porque DIVERTÍNDOSE TAMÉN SE APRENDE!

Subimos unha actividade a plataforme e xa estamos aceptados/as e formamos parte do EQUIPO CODE WEEK:


 

Esta actividade consiste en varias propostas para facer un achegamento ao pensamento computacional con e sen ordenador para tarballar a linguaxe de programacion de sistema binario, pixel art, códigos, robótica, realidade aumentada, placas makey, microbit ...

Irémosvos informando de cada unha delas por este medio e pola páxina oficial do EUROPE CODE WEEK ( https://www.facebook.com/groups/eucodeweekteachers)

 

Powered by Drupal - Design by artinet