1º e 2º nivel de Primaria

ENTROIDO PASADO POR AUGA, BEN FRÍA en 1º B

Esta semana estamos a tope co ENTROIDO: traballo de aula, confección de disfraces, ensaios duros e intensos da coreografía e por iso xa estamos mans á obra para chegar ao gran estreno de PINGÜINS no Polo Sur enmarcado dentro do proxecto levado xunto co Museo de Bellas Artes de A Coruña, A AUGA FONTE DE VIDA. Nesta ocasión faremos equipo co alumnado de 6º de Educación Infantil para o corpo de baile:

Ademais dun fermoso decorado Antártico, do Polo Sur: 

 

Pronto veredes os resultados da chegada destas aves tan fermosas e tranquilas ao Ceip de Arzúa. 

   

 E ademais fixeron unha pequena exhibición do que son capaces de facer estes animais que necesitan a auga nos tres estados para poder vivir pero sobre todo o sólido, polo do Polo Sur!

 

 

E de lembranzas quedan estes momentos de verdadeiro posado de artistas!

E ademais resaltar a actividade proposta como tarefa familiar, onde se involucran todos os membros da familia do alumnado deste nivel:

 

Grazas infinitas novamente pola vosa implicación!

DIA DA AMIZADE E DO AMOR, 14 de febreiro en 1º B

Cupido é, na mitoloxía romana, o deus do amor. ​ Segundo a versión mais difundida, é fillo de Venus, a deusa do amor, a beleza e a fertilidade, e de Marte, o deus da guerra.

Por iso nesta data, o Día da amizade e do amor, queremos  utilizar este personaxe  para traballar emocións, pensamentos, reflexións sobre este contido en todos os ámbitos e de todas as maneiras, O AMOR.

Foi unha sesión moi interesante, iniciada cunha chuvia de ideas e respostas en común ás actividades plantexadas onde cubriron un despegable onde se esconden os sentimentos e pensares maís íntimos dos e das pequenas deste nivel:

 

Ademais puxemos en práctica a técnica do folio xiratorio, onde cada membro da clase ía poñendo palabras e mensaxes bonitas na ficha de cada, perfectamente identificada co seu nome rotulado de maneira libre. A única consigna era cambiar ao sinal do timbre. Foi interesante a actividade e os resultados:

 

 

 

 

SEGUIMOS DANDO RESPOSTA AO RETO DO MUSEO : DE QUE VEN A PALABRA "MUIÑEIRA"?

De que pode vir a palabra muiñeira?

Unha boa pregunta que tivemos que tratar de responder e para iso investigar e pensar.

Pois sí ... ven de cantigas feitas mentras que se facía a muiñada, seguindo o ritmo que marcaba a pedra de moer cando tritura o millo e fai unha fina fariña.

Ta ta ra, ta ta ra, ta ta ra!

E agora presentamos as nosas muiñeiras que creamos mentras pensabamos en muiñar.

O reto que vos propoñemos será se vos atrevedes a cantar poñendolle o ritmo que dixemos atrás!

 

 

 

OS MUÍÑOS DA COMARCA en 1ºB

Seguimos dando resposta ao reto do Museo de Bellas Artes de A Coruña, esta vez elaborando un vídeo-identificación dos muíños visitados polo alumnado de 1ºB de educación primaria, coa excelente colaboración e implicación das familias, que unha vez mais fan que isto sexa posible.

GRAZAS INFINITAS!

 

DÍA 2 DE FEBREIRO: Día dos Humidais

 

Os humidais son extensións de terreo que teñen a particularidade de estar permanentemente inundadas. Nesta categoría atópanse pantanos, turbeiras, marismas, arrecifes de coral, manglares, lagos, ríos…

Son ecosistemas híbridos que poden ser de auga doce ou salgada. Inclúense os chamados humidais artificiais, como encoros, salinas ou estanques.

Son os sumidoiros de carbono máis eficaces para aminorar os efectos do cambio climático no planeta.

A súa importancia é fundamental para a vida en todo o planeta, grazas a que son ecosistemas onde habitan un gran número de especies animais e vexetais. Son os encargados de regular o ciclo da auga e o clima, creando así un equilibrio perfecto. Ademais, proporcionan ao home os recursos imprescindibles para gozar dunha mellor calidade de vida.

 Algunhas medidas sinxelas e prácticas que se poden levar a cabo son as seguintes:

  • Cando se visiten estes lugares, evite tirar lixo ou residuos tóxicos. O mellor é depositalas nos lugares destinados para tal fin.
  • Ser respectuosos coas diferentes especies vexetais e animais que habitan nos humidais. Actividades como a caza e a pesca teñen un impacto negativo no equilibrio destes ecosistemas
  • Ver os humidais como lugares exóticos e máxicos, nos que o home pode reencontrarse coa natureza dun xeito saudable, amable e xeneroso.
  • Aínda que son lugares utilizados para a práctica do turismo, é importante ter en conta que a súa función é proporcionar recreación pasiva, sen alterar nin danar estes ecosistemas.

 

 

 

 

 

 

 

 

DESVENTIDO O PASADO, proxecto competencial

Dentro da programación da materia de Proxecto Competencial seguimos traballando  na evolución do vestido ao longo da historia.

   Seguimos coa Idade Antiga, Exipto, un periodo que ao alumnado desta idade lle         motiva: como vivían, como comían, como vestían...en fin seguir coa investigación           que     nos corresponde este curso

TÍTULO: DESVENTIDO O PASADO

Un desfile do FASHION YEAR neste 1º nivel de Educación Primaria co aprendido

 

RESPOSTA AO RETO DO MUSEO DE BELLAS ARTES DE A CORUÑA 1ºB

Xa estamos traballando na proposta das nosas preferidas educadoras Clara, Sara e Laura. Este trimestre tocounos investigar os muíños da nosa comarca, pero sobre todo de Arzúa.

Descubrimos cousas que non coñecíamos, que non nos fixabamos nelas e que co paso do tempo van desaparecer xa que algúns xa non fucionan e están ababdonados e moi deteriorados. Pero non todo é así xa que algúns son restaurados pola xente das aldeas que fan uso deles hoxe en día.

Tivemos a gran sorte de poder visitar un deses casos, o avó dun alumno da nosa clase permiteunos vivir en primeira persona todo o que conleva unha muiñada, o muíño das Hortas, en Dombodán.

 

Nesta visita aprendemos moitas cousas, para uns novas e para outros non, pero si puidemos disfrutar da man dun profesional do muiño como MANUEL para ver as partes do muíño, como funciona pola enerxía hidráulica, como se moe millo e como se peneira. marchamos de ali con unha espiga de millo e con fariña para cociñar unha boa empanada de millo.

E para inmortalizar este muíño  fixemos como Felipe Bello: PINTÁMOLO.

 

 

 

Tamén aproveitamos a visita a fervenza das Hortas, moi preto do muíño para ver outra manifestación do ouro branco, a auga, como no vemos no vídeo. Neste caso a auga do curso dun río que desemboca no Ulla que ten diferentes percorridos ao longo do seu curso dando lugar asi a esta fermosa fervenza ao caer dunha altura de 25 metros. Din que alí coñécese unha fermosa lenda que ocorreu nun tempo pasado e fomos quen de recoñecer o carballo salvador da muller embarazada, rexeitada e empuxada polo seu namorado.

DÍA MUNDIAL DA EDUCACIÓN AMBIENTAL, 26 de xaneiro

Xa o dicía Nelson Mandela que 

“A educación é  a arma mais poderosa para cambiar o mundo”

E para traballar a educación ambiental temos que rexirnos por uns  principios básicos que se resumen neste gráfico:

 A educación ambiental  é fundamental para crear e manter unha cultura de cambio para poder percibir os problemas medioambientais e ser protagonista para a súa mellora xa que o medio ambiente somos todos e todas  e é cousa de todos e todas preocuparnos e tratar de solventar os problemas que o poden afectar negativamente.

Está nas nosas mans!  

DÍA INTERNACIONAL DA EDUCACIÓN, 24 de xaneiro

Hoxe día 24 de xaneiro os nenos e nenas de 1º de Primaria traballamos na aula o DÍA INTERNACIONAL DA EDUCACIÓN, conmemoración incluida no calendario escolar de 2022-2023  e recollida na PXA do centro.

Para iso seguimos a información aportada polos seguintes enlaces da UNESCO:

https://www.unesco.org/es/days/education

https://www.unesco.org/es/articles/la-unesco-dedica-el-dia-internacional-de-la-educacion-2023-las-ninas-y-mujeres-afganas#.Y81E7-J3Sug.gmail

A educación é un dereito que non se lle debe privar a ninguén e menos polo feito de ser muller como pasa neste país ao que se adica este ano. Non hai dereito a que por ser nena ou muller ninguén che poida privar de educarte, formarte e convertirte no que realmente desexes e soñes. 

A educación permítenos desenvolvernos e medrar como personas libres, donos e donas da nosa propia vida e estar capacitados e capacitadas para unha toma de decisións responsables que ninguén debe tomar por nós. 

Para isto fixemos un pequeno vídeo: 

 

WASSILY KANDINSKY

As MATEMÁTICAS están en todo e tamén no ARTE, por iso un exemplo que queremos contarvos é que este pintor, W. KANDINSKY empregou as figuras xeométricas para facer grandes obras, apara amosar como vía a realidade sendo un precursor creador do ARTE ABSTRACTO.

    

A nosa interpretación 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet