1º e 2º nivel de Primaria

DÍA DO BICO en 1º B, 13 de abril

O Día Internacional do Bico celébrase o 13 de abril de cada ano, unha data que xurdiu grazas ao bico mais longo da historia, que durou 58 horas por unha parella tailandesa durante un concurso.

E como na nosa clase somos moito de bicos e saborosos:

A que che sabe un BICO?

 

 

DÍA DAS ARTES GALEGAS en 1ºB, 1 de abril

A figura elixida para honrar o Día das Artes Galegas 2023 é Martín Codax o trobador galego que viviu na segunda metade do século XIII e comezos do XIV, e que posiblemente era de orixe viguesa. Con todo o que representa o seu legado é o persoeiro máis indicado para protagonizar un festexo que inaugurará a súa vertente musical. Aínda que nunca sobra enxalzar e difundir o seu labor, non é un artista sen predicamento na súa terra. Ao contrario, como voz senlleira da lírica medieval galego-portuguesa, a Real Academia Galega (RAG) xa lle dedicou, de maneira conxunta con Mendinho e Johan de Cangas, o Días das Letras Galegas de 1998 aos coñecidos como trobadores da ría de Vigo.

Os estudosos da lírica medieval sitúan a Codax con raíces en Vigo (ou moi relacionado con aquela vila mariñeira), sobre todo, por unha poderosa razón: o topónimo Vigo aparece mencionado ata en 21 ocasións nos 98 versos do cancioneiro. O certo é que pouco ou nada se sabe sobre el, a súa traxectoria ou as circunstancias cortesás nas que desenvolveu a súa creación e actividade, aínda que haxa milleiros de páxinas escritas sobre a súa produción poética e musical profana. O libreiro madrileño Pedro Vindel (1895-1921) atopou en 1914 un pergamiño envolvendo —a modo de encadernación— un códice do século XIV, unha peza de vitela na que se recollían unha serie de versos acompañados de notación musical, sete composicións cos textos literarios e os musicais (unicamente a sexta carece desas notacións). Tras varias transaccións, esta alfaia do patrimonio cultural galego acabou en 1977 en The Morgan Library & Museum. Non hai moito, no 2017, a institución neoiorquina cedeu o pergamiño Vindel para expoñer en Vigo, volvendo por un tempo ás súas terras.

Segundo explica a Ragbá, a grandeza da lírica medieval galega explícase pola conxunción de texto e música, de tal xeito que a música é o vehículo do texto poético. O monumental corpus medieval das cantigas galegas (máis de 2.100) ten unha dimensión histórica, cultural e identitaria que, aínda que ninguén o ignore, «posiblemente non se chega a ser plenamente consciente do seu verdadeiro alcance». Deixado a unha beira as Cantigas de Santa María de Afonso X, que se conciben como un todo en si mesmas, incide a Academia, as cantigas que se conservaban dos trobadores e xograres galegos carecían do texto musical correspondente. Por isto, a descuberta por parte de Vindel do pergamiño contendo a música de seis cantigas supuxo «unha revelación para os estudos da música medieval europea de gran transcendencia internacional».

Levamos oito anos celebrando esta conmemoración homenaxeando a figuras como o Mestre Mateo, Maruxa Mallo, Castelao,  Domingo de Andrade, Alejandro de la Sota, Laxeiro e Luis Seoane e a Martín Códax este ano 2023.

E para traballar estes contidos empregamos unha unidade didáctica elaborado por mestres e mestras doutors centros que amosan moito interese polo noso (arquivo adxunto) e que grazas a este material coñecemos mais de preto a figura deste ano:

 

 

 

SAÍDA A SANTIAGO DE COMPOSTELA DE 1º EP, 11 de abril

O Proxecto TERRA é un proxecto do Colexio de Arquitectos/as de Galicia dirixido ás distintas etapas educativas co fin de contribuír a mellorar a formación que a poboación escolar galega debe ter sobre as xentes, os espazos e os lugares que habitamos. Trata de crear poboación crítica e propositiva sobre o noso medio construído para acadar unhas mellores condicións de vida para todas as persoas, atendendo á premisa do Dereito ao Hábitat.

O obxectivo do programa é que o alumnado perciba o hábitat humano desde as diferentes perspectivas que abordan os materiais elaborados e postos á disposición da comunidade educativa desde o Proxecto TERRA. O hábitat estúdase afondando en diferentes aspectos, como son a paisaxe, o territorio, o urbanismo, a arquitectura ou o medio ambiente, dependendo do enfoque escollido en cada proxecto desenvolvido nos centros, aínda que sempre é ben considerado que se aborde un proxecto desde diversas perspectivas e se chegue a formular e desenvolver un proxecto interdisciplinar.

Para formarnos nisto concedéronnos una visita guiada á cidade de Santiago de Compostela e grazas a Inma e a Uxía, as nosas guías, pudemos ver, visitar, observar, reflexionar, comparar, relacionar…territorialmente falando!

A aventura empezou ás 10:00 horas e fomos cara a PRAZA DO OBRADOIRO, unha das prazas máis fermosa da cidade, observando que a pedra unifica todos os edificios que ali están: a Catedral, o Hostal dos Reis Católicos, hoxe albergue nacional e antigamente hospital de peregrinos-; o Colexio de San Xerome, sede da casa reitoral da universidade, e o Pazo de Raxoi, sede do Concello de Santiago- son representacións dos principais polos da vida da capital galega: relixión, ensino universitario, atención ao peregrino e viaxeiro, e a Administración.

  

 Visitamos o PAZO DE FONSECA, o lugar de inicio da universidade de Santiago de Compostela.

  

Visitamos a CATEDRAL, o monumento mais importante da cidade: como foi construída, con que material, os espazos cos que conta (claustro, torres, tellados, torres, balconada, lanterna, Pórtico da Gloria, altar maior, museo, a tumba do apóstolo Santiago, lendas…)

   

  

 

  Tamén visitamos outras prazas, non menos importantes como a de Cervantes, A Quintana, A das Praterías, A da Acivachería, que manteñen a pedra como elemento unificador ademais de rodear a catedral, centro da vida da cidade na Idade Media. Cantas curiosidades nos descubriron! A máis graciosa quizais é Queres verlle os pes a Cervantes?...

  

Para continuar vistamos a fermosa PRAZA DE ABASTOS, un edifico moderno do 1940 onde se fixeron varias edificacións iguais para poder facer diferentes postos en canto aos produtos que se vendan. Ali explicáronnos materiais, deseño, tipo dos edificios, produtos naturais, características de primeira man, as vendedoras dos diferentes postos…

 

E como curiosidade nesta rota soubemos que onde está facultade de Historia había un CASTRO e onde está hoxe en día a Catedral había un ASENTAMENTO ROMANO.

Rematamos na PRAZA DE MAZARELOS, cando vaiades tentade atopar un peixe,e na porta da muralla que arrodeaba á cidade na Idade Media, a antiga porta de Mazarelas onde entraba o viño nesta cidade.

Xa avanzada a mañá decidimos facer unha parada para xantar nun marabilloso espazo verde e cheo de diversidade de árbores e plantas que nesta época fan unha paisaxe moi atractiva, a ALAMEDA, dividida en tres partes, a central para os señores e señoras e as laterais para o servizo.

O reloxo marca ás 15:30 e empezamos as actividades da tarde, collemos rumbo ao CGAC e ao MUSEO DO POBO GALEGO polas rúas empedradas e torcidas desta cidade declarada patrimonio da Humanidade.: A Calderería, As Casas Reais, San Pedro…

 

Agora toca tarde cultural coa visita a estes dous museos que son moi diferentes por dentro e por fóra, tanto nas obras que albergan como na sua construcción en canto a deseño, material e liña no tempo de construcción.

Visitamos o teito do CGAC, onde cumpre co obxetivo para o que foi construido, unha nova visión de Santiago: os seus tellados ademáis de duas pirámides, e non as de Exipto senón as galegas. Percorremos diferentes salas e estivemos nunha moi curiosa, a do dobre espazo onde esciotamos o son do mar producido por ventiladores que resoaban noutros materiais colocados polo artista.

Agora outro museo diferente, o MUSEO DO POBO GALEGO coas súas diferentes salas, a do mar, ao dos oficios, o claustro de doble planta…para chegar a un cilindro que alberga a escaleira de caracol, única no mundo deseñada por Domingo de Andrade.

   

   

12.278 pasos que fixemos no día 11 de abril cun resultado moi satisfatorio, que custa relatar xa que estivo cheo de moitos contidos, moitas emocións e moitas sensacións.

PLAZA DA A QUINTANA

ALAMEDA COAS MARÍAS 

PARQUE SAN DOMINGOS DE BONAVAL

CEMITERIO DE BONAVAL

PAISAXES EN 3D en 1º B

En CCSS temos que estudar tipos de paisaxes coas que nos podemos atopar na natureza, polo que quixémolo afcer dunha maneira divertida, práctica e visual:

PAISAXES EN 3D con plastilina de cores

Chaira                            Montaña                          Costa

 

ACUARIO DE A CORUÑA, 30 de marzo

Como despedida do segundo trimestre os dous primeiros, 1ºA e 1ºB, fomos ao acuario da cidade de A Coruña para ver en directo e estudar varios ecosistemas mariños.

Tivemos unha xornada moi formativa grazas á guía que nos atendeu, Raquel, que resumiremos nas imaxes deste vídeo:

 

Gastón veunos ver cun sorriso de tres filas de dentes pero sabemos que sería moito máis feliz en liberdade cos seus amigos e amigas, no seu océano favorito.

      

    

     

 

 

ANIVERSARIOS DE PRIMAVERA en 1ºB

Seguimos agrupando as celebracións dos aniversarios por trimestres, polo tanto teremos ao longo do curso tres celebracións especiais: inverno, primavera e verán.

O martes 28 de marzo levamos a cabo a segunda FESTA, OS ANIVERSARIOS DE PRIMAVERA, onde culminaron as celebracións individuais de cada neno/a, o seu día propio cun ritual instaurado de CAIXA DE ANIVERSARIOS que consta de agasallo personalizado, puzle para simular as voltas ao sol que ten que dar a Terra arredor do Sol dende que el ou ela naceu, soplado de vela para formular previamente o seu desexo segredo.

Este trimestre cumpliron: Carla, Patricia, Biel e Martín

 

SEN AUGA NON HAI PRIMAVERA en 1ºB

A pintura con acuarela precisa da auga para poder vivir, por iso o proque do título desta entrada.

A primavera é o tempo  das flores e nós tentamos reproducila creando arte: Quen di que dunha mancha non se pode facer arte? 

DÍA DA AUGA EN 1º B, 22 de marzo

8A auga é un recurso natural formado por moléculas de hidróxeno e osíxeno, esencial para a vida. É un ben considerado como o ouro líquido do planeta e que fai posible que todas as especies terrestres sigan medrando e desenvolvéndose día a día.

De aí a importancia de evitar o desperdicio. É un recurso limitado, no que se precisa unha maior conciencia para a súa conservación, pois se algún día escasease, traería consecuencias irreversibles para a humanidade.

A auga é un dereito fundamental para a preservación da vida, en todas as súas formas. Considerado un dereito humano, este valioso e indispensable recurso natural non chega con seguridade a un gran número de persoas en diferentes países, especialmente aos máis pobres, onde a auga potable non é accesible.

Segundo a ONU, a poboación máis afectada é a sen recursos económicos, onde o saneamento da auga é un verdadeiro luxo, só posible para as sociedades máis avanzadas e os países desenvolvidos.

Máis dun terzo da poboación mundial non goza dos servizos de auga potable, o que se traduce en máis de 2.000 millóns de persoas que non reciben auga de calidade nas súas casas. Por iso morren cada ano homes, mulleres e nenos.

Para os refuxiados, as persoas sen fogar e todos aqueles que viven na pobreza extrema non hai posibilidade de gozar deste recurso, tan vital para a vida.

Hai moito que podemos facer dende a nosa casa, comunidade ou calquera área onde non nos desenvolvamos. Comecemos por educarnos, para que sexamos os gardiáns e protectores da auga, da que nos beneficiaremos no futuro, se aprendemos a coidala e racionala correctamente.

BOAS ACCIÓNS que podemos levar a cabo:

• Revisar as canalizacións e chaves de acceso á auga, para detectar posibles fugas e fugas.

• Utilizar un sistema de control da auga no inodoro. Podes colocar un ladrillo ou unha botella de area na cisterna ou no tanque.

• Pecha a billa mentres te enxabonas as mans, te afeitas ou lavas os dentes.

• Use unha cantidade moderada de auga para lavar a louza e o coche. Use a auga xabonosa sobrante para a limpeza do fogar.

• Regar as plantas ou o céspede pola mañá, utilizando só a cantidade necesaria.

• Facer baños curtos. Pecha a billa mentres enxabonas e recolle o exceso de auga nun balde cando abras a billa. Podes reutilizalo para regar as plantas.

• Evite utilizar aparellos eléctricos como lavadoras e lavalouzas para lavar pequenas cantidades de roupa ou louza.

• Non coloque produtos contaminantes, residuos ou aceites no inodoro, no lavalouzas ou no lavabo. Aplica este consello se vas á praia, a un lago ou a un río.

• Ao limpar as peceras, a auga pódese reutilizar para regar as plantas.

 

Lema 2023: ¡Acelera o cambio! -Se o protagonista!

     

                

     

   

     

      

DÍA DOS BOSQUES EN 1ºB, 21 de marzo

Sabemos que os bosques representan os pulmóns de toda a Terra. Actualmente, comprende un terzo da superficie terrestre, repartidas en millóns de extensións por todo o mundo e hai un gran número delas protexidas e declaradas Patrimonio da Humanidade.

Neles viven unha gran variedade de especies vexetais e animais, que forman parte do equilibrio natural de todo o ecosistema que habita a Terra.

Ao redor de 1.600 millóns de persoas dependen directamente dos bosques para a súa supervivencia, proporcionándolles alimentos, enerxía, medicamentos e abrigo. A pesar de todos estes beneficios, a deforestación continúa a un ritmo imparable, uns 13 millóns de hectáreas ao ano.

O máis probable é que moitas persoas descoñezan o valor que teñen os bosques nas actividades que o home desenvolve cada día. Este importante recurso natural está presente en case todos os nosos estilos de vida.

Os bosques proporcionan ao ser humano unha serie de beneficios, que van dende ter un simple vaso de auga ata o fogar que habitamos. Moitos dos traballos que facemos teñen algo que ver cos bosques. Ademais de ser a fonte primaria da que se extraen todos os alimentos, roupa, abrigo e medicamentos que o home necesita para sobrevivir.

Por outra banda, non hai que descoidar o importante papel dos bosques na loita contra o cambio climático que sofre todo o planeta, un deles é o denominado efecto invernadoiro.

A deforestación dos bosques causa danos irreparables ao noso planeta. Unha práctica da que, dende hai anos, o ser humano se beneficiaba, pero que, a longo prazo, foi unha das causas do cambio climático.

Outra das terribles consecuencias para toda a humanidade é a perda acelerada de toda a biodiversidade tanto de plantas como de animais, que cada día se están extinguindo, debido á tala e queima de bosques.

Calquera pode poñer o seu granito de area pola conservación dos bosques e se queres contribuír a vivir nun planeta máis saudable e ecolóxico, comeza hoxe a poñer en práctica algúns consellos como os que indicamos a continuación:

Comezar a reciclar: É unha forma moi ecolóxica, reutilizando materiais como papel, cartón plástico, aluminio, entre outros.

Evitar fumar: axente altamente contaminante para a Terra, pola cantidade de monóxido de carbono, cianuro e cianuro que se libera á atmosfera.

Evitar acender fogueiras: unha práctica habitual entre as persoas, pero que provoca un dano terrible no medio ambiente.

 Plantar plantas ou árbores: Podes facelo en calquera espazo da túa casa ou xardín e así estarás contribuíndo ao equilibrio do planeta.

Ademáis de investigar e intervir no debate sobre este tema propuxemos duas actividades:

  • Poema relacionando o Día da Poesía e o Día dos Bosques, para ilustrar despois do recitado

«Creyendo que era un árbol,

un herrerillo

en los cuernos de un ciervo puso su nido.

Al poco le nacieron

nueve pollitos

que alegraban el bosque

con sus mil trinos.

¡Qué contento iba el ciervo

por los caminos

dando hermosos conciertos

a sus vecinos!».

                                 

 

 

 

        

  •   Mural de verbas e beneficios da árbore da clase: Arborín

 

DÍA DA POESÍA EN 1º B, 21 de marzo

Que é a poesía?

A poesía é un xénero literario, a través do cal o home soubo expresar pensamentos, sentimentos e emocións, utilizando unha linguaxe chea de beleza e que se pode expresar con recursos literarios como a prosa e o verso.

Existen diferentes tipos de poesía, como a épica, a dramática, a lírica ou a vangardista, pero todas conteñen unha mensaxe universal, que expresan o amor, a vida e a morte, que son experiencias inherentes e inevitables, para as que teñen para transitar a todos os seres humanos.

Orixe da poesía

Crese que a poesía se remonta á época exipcia debido a certas inscricións xeroglíficas de carácter relixioso, que datan do 2.600 a.C.

Se falamos de textos escritos, non podemos ignorar o chamado "Poema de Gilgamesh", considerado o rexistro máis antigo de orixe sumeria e atopado en taboíñas de arxila. É un fermoso poema que conta as emocionantes aventuras do rei Gilgamesh con seres mortais, xigantes, semideuses e deuses.

Dentro do mundo da narrativa poética, non podemos faltar a Homero, que foi considerado o "Príncipe da poesía grega".

La Epopeya de Gilgamesh, el héroe que venció a la muerte

Táboa do poema de Gilgamesh. museo británico.

Poetas de fama mundial

Sen dúbida, ao longo da historia da humanidade, houbo grandes poetas que deixaron un importante legado tanto para as xeracións actuais como para as futuras.

Grazas á súa valiosa contribución, o home moderno foi quen de comprender e identificarse cun xénero literario que, pola súa profundidade e beleza, é capaz de chegar ao máis profundo da alma do ser humano.

Son moitos os escritores que fixeron da poesía unha arte e unha forma de vida, non obstante, hoxe falaremos dos que deixaron pegada grazas ao seu estilo narrativo e literario:

Homero: Autor da Ilíada e da Odisea. Considerado o pai da poesía e grazas á súa obra sentáronse as bases do que hoxe coñecemos como poesía.

William Shakespeare: a súa poesía foi recoñecida nos cinco continentes. Considerado o mellor escritor de todos os tempos, sendo "Romeo e Xulieta" a súa obra principal.

Pablo Neruda: poeta de orixe chileno que, grazas á súa obra, é considerado un dos poetas máis influentes do século XX. O seu poema máis famoso é "Podo escribir as liñas máis tristes esta noite".

Rubén Darío: Chamado “O Príncipe das Letras Castelás” este famoso escritor nicaragüense marcou un antes e un despois no mundo das artes e da poesía.

Ademáis do visionado de diferentes vídeos de poemas destes autores e a curta de Romeo e Xulieta, compuxemos entre todos e todas unha fermosa poesía que estamos rematando de ilustrar.

 

Powered by Drupal - Design by artinet