1º e 2º nivel de Primaria

MIGUEL CERVANTES en 1º B, PROXECTO COMPETENCIAL.

Dentro do Proxecto Competencial rematamos a Idade Moderna, pero non sen tocar un personaxe moi importante arredor do ano 1600, un famoso e coñecido escritor español: MIGUEL DE CERVANTES. Autor de numerosas obras moi importantes, sendo a mais coñecida para nós O INXENIOSO FIDALGO DON QUIXOTE DA MANCHA.

Tamén nos fixamos na maneira de vestir desa época e da maneira de vivir, cervantes quedou manco na Batalla de Lepanto ( Vaticano contra os Turcos), polo que é coñecido polo sobrenome de O MANCO DE LEPANTO.

 E como actividade final cada un e unha fixo o seu Miguel de Cervantes coa técnica do collage:

     

 

 

 

DIA DO MEDIO AMBIENTE en 1ºB, 5 de xuño

O medio ambiente é o medio que afecta aos seres vivos e condiciona as súas circunstancias vitais. As condicións (físicas, económicas, culturais, etc.) dun lugar, dun grupo ou dun tempo.

A Organización das Nacións Unidas estableceu o 5 de xuño como o Día Mundial do Medio Ambiente. Sen contaminación por plástico é o lema deste ano.  Cada ano prodúcense máis de 400 millóns de toneladas de plástico en todo o mundo e crese que a metade deste material está destinado a unha vida útil dun só usoMenos do 10% recíclase. Calcúlase que entre 19 e 23 millóns de toneladas de residuos plásticos acaban cada ano en lagos, ríos e mares. Isto equivale ao peso dunhas 2.200 Torres Eiffel xuntas.

Así mesmo, os microplásticos (partículas de plástico cuxo diámetro é inferior a 5 mm) invaden os alimentos, a auga e mesmo o aire. Estímase que as persoas inxiren máis de 50.000 partículas de plástico cada ano, e incluso moitas máis se se teñen en conta as partículas inhaladas. Os produtos plásticos dun só uso que se descartan ou queiman non só prexudican a saúde humana e a biodiversidade, senón que tamén contaminan todo tipo de ecosistemas, desde os cumios das montañas ata os fondos mariños.

É posible afrontar o problema da contaminación plástica aproveitando os avances científicos e as solucións existentes. Para resolver esta crise, os gobernos, o sector privado e outras partes interesadas deben ampliar e implementar medidas específicas eficaces. Por iso, é fundamental que o Día Mundial do Medio Ambiente mobilice medidas ambientais transformadoras en todos os recunchos do mundo.

Nós, os nenos e nenas de 1ºB imos pór o noso gran de area, aínda que mínimo pero axudará a concenciar a todos/as  que nos rodean de que o lixo non pode estar na natureza: BASURALEZA NON!

Como nós somos unha vila no interior de galicia non temos océanos  pero sí que tamén imos imlicarnos na eliminación de plásticos no nosos entorno máis cercano, o patio do colexio. 

Formamos unha patrulla de ecovixías de guante blanco, onde fomos nomeados pola Orden da basuraleza dunha maneira similar a como facía o rei Arturo aos seus cabaleiros. Tal cual!!! De xeonllos e cun pau fomos nomeados un a un, unha a unha!!

E xa nomeados /as procedemos a traballar cunha única meta, eliminar o lixo na Natureza, no patio do noso colexio:

Nun primeiro momento sacamos fotos dos puntos onde atopábamos lixo:

      

  

  

...

Logo procederemos a recollelo nunha fase posterior con guantes (por iso o do guante blanco) para protexernos debidamente.

E para finalizar este día tan especial, que ademais completaremos cunha saída o día 8 á Cidade da Cultura, cunha visita guiada titulada A Biodiversidade no Gaias, recibiremos un diploma onde se nos acredita como ECOVIXIAS DE GUANTE BLANCO.

 

Un equipazo de ECOVIXÍAS DE GUANTE BLANCO

 

NUBE DE NEVE EN 1º EP

O día 2 de xuño tivemos unha actividade con Vicky,organizada polo Departamento de Dinamización Lingüística,  grazas merca dun libro de lectura obrigatoria neste nivel por parte das familias para fomentar a lectura e sobre todo na nosa língua, o galego.

O libro titúlase Nube de Neve. Tivemos que entregar un traballo sobre o libro onde traballamos a presentación: portada, folios sólo por unha cara, boa caligrafía, limpeza e orden...

 

E participamos activamente como un bo elenco de actores e actrices para representar dous contos, todo guiado e dirixido por Vicky, a nosa contacontos preferida.

 

OITAVO RETO DO MUSEO DE BELLAS ARTES DE A CORUÑA EN 1ºB

Un novo reto estanos agardando, o oitavo deste curso, para seguir traballando o ouro branco, a auga, pero a través de obras de arte como vimos facendo dende inicio de curso. Seguimos co recheo do noso particular álbum de cromos creados polas  educadoras para coñecer máis obras de Luís Seoane e de Lago Rivera.

No oitavo reto falamos de ANIMAIS ACUÁTICOS.

Un álbum, en arte, é cando realizamos numerosas obras para editalas de xeito conxunto, normalmente en forma de libro. Coma un álbum de fotografías pero con obras de arte. Nos almacéns do museo contamos con distintos álbums de gravados realizados por Luis Seoane; un representa insectos, outros personaxes de circo, outro de polbos…pero para mellor entendemento imos ver un vídeo que nos mandaron Sara, Clara e Laura.

 

O polbo é un animal icónico para Luis Seoane, que forma parte das abundantes referencia a Galicia que hai na súa obra: o mar, as gaivotas, a natureza… Considérao un animal totémico para Galicia, é dicir; un animal simbólico, un animal cheo de significado.

O polbo (cociñado habitualmente á feira) é un elemento indispensable nas festas e reunións galegas. Podemos percorrer Galicia dun recuncho a outro indo de festa en festa, e será raro non atopar o polbo para comer en case calquera punto do noso territorio. Para Seoane este animal era tan emblemático que realizou numerosas estampas a través dun xogo liñal e cromático de manchas e formas coloreadas. Entorno a 1967, Seoane comezou a realizar debuxos en madeira para estampalos e crear numerosas copias dos seus polbos. Fixo numerosos polbos na mesma técnica e co mesmo aspecto formal para que formasen parte dun álbum. Esta técnica chámase XILOGRAFÍA.

 A xilografía é unha técnica de impresión con plancha de madeira na que o texto ou a imaxe se talla a man cunha gubia ou buril na madeira. É dicir que o debuxo se realiza no taco de madeira incidindo contra el. Despois, imprégnase con tinta o taco e se presiona sobre un soporte (normalmente papel), obténdose así unha impresión. A esta técnica de debuxar incidindo sobre un material chamámoslle gravado.

Seguro que algunha vez pintáchedes con selos estampándoos sobre o papel. A técnica do gravado ten unha mecánica moi semellante.

  

Ademais destas xilografías estudaremos outros cadros relacionados coa temática deste reto:

  • Luis Seoane, Albatros nun mar calquera

  • Lago Rivera, No zoo

 

ACTIVIDADE 1. INVENTARIAR ANIMAIS ACUÁTICOS

 O habitat é o lugar onde os animais obteñen todo o que necesitan para vivir: aire, auga, alimento, espazo e refuxio. Podemos clasificar os animais polo lugar onde viven: na terra os terrestres, no aire aéreos e na augua acuáticos. Nos cadros que vimos había unha serie de animais que vivían na auga, o cisne na lagoa, o polbo no fondo do mar… Propoñemosvos facer unha pequena investigación e, de xeito oral ou escrito, elaborar unha lista con outros animais acuáticos que coñezades e o hábitat onde viven.

ACTIVIDADE 2: ÁLBUM DE ANIMAIS MARIÑOS

Vimos como Luis Seoane busca un animal especial cheo de simboloxía para representalo unha e outra vez e dar forma a un álbum. O que vos pedimos nesta nova actividade é que escollades un animal totémico de orixe acuática e que o representedes individualmente para crear, entre todas as imaxes, un álbume como o de Luis Seoane.

ELECCIÓNS 28 DE MAIO en 1ºB

O 28M xa chegou e os/as cidadáns teñen a posibilidade de poder exercer o seu dereito a elexir aos seus representantes e aos seus alcaldes ou alcaldesas.

Para iso estivemos traballando na clase vocabulario específico relativo a este tema e elaboramos un pequeno mural para reflectilo:

DESVENTINDO O PASADO, proxecto competencial en 1ºB

Dentro da programación da materia de Proxecto Competencial este trimestre traballamos e iniciámonos na historia e na evolución do vestido ao longo da historia.

Seguimos coa Idade Moderna, un periodo que ao alumnado desta idade lle motiva: como vivían, como comían, como vestían, as súas crenzas...en fin seguir coa investigación que nos corresponde este curso.

Vimos vídeos, elaboramos a liña de tempo, episodios históricos que marcan esta época...

TÍTULO: DESVENTIDO O PASADO

 

Un desfile do FASHION YEAR neste 1º nivel de Educación Primaria co aprendido

Ademais traballamos o Vitrubio de Leonardo da Vinci, para traballar as proporcións e debuxar un modelo axudado por un dedo e por un lapis:


 

  

 

 

 

 

 

DÍA MUNDIAL DAS ABELLAS en 1ºB, 20 de maio

Que sería de nós sen as abellas?

Faite esta pregunta cada vez que vexas unha ou unha colmea.

Son indispensables na polinización e iso fai que poidamos vivir neste planeta Terra pola existencia do osíxeno, que as plantas son quen de producilo!

 Lede a carta premendo aquí e coñece a Cebra e a súa historia.

          

        

             

           

 

 Nunha colmea hai tres tipos de abellas: a raíña, as obreiras e os zánganos, cadaquén coa sua funcion dentro da comunidade das abellas.

         

          

 

Grazas ao alumnado de 6º de EI  e asúa profe Mary por compartir este  PHOTOCALL

EXPOSICIÓN DE "RECORDO DE ARZÚA" NA BIBLIOTECA MUNICIPAL, 1ºB de EP e 6º de EI

Por fin chegou o día!!

Na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro inauguramos hoxe a exposición dos nosos traballos feitos no proxecto levado a cabo co Museo de Bellas Artes de A Coruña, dentro dun dos numerososo retos que Laura, Sara e Clara nos poñen ao longo do curso. Este concretamente chámase RECORDO DE ARZÚA, onde tivemos que debuxar lugares da nosa vila, basándonos no mesmo que fixo Urbano Lugrís coa cidade de A Coruña e facer unhas fermosas postais:

Arzúa, a nosa vila, ten moito que recordar e, sobre todo, zonas con auga, ese prezado tesouro que fai posible a vida.

Por iso hoxe, as dúas clases tivemos unha saída para asitir a tan fantástico evento, grazas a personal do Concello e da Biblioteca que o fixeron posible:

Xa alí dentro, unha gran sorpresa que nos tiñan organizado para facer inesquecible este día: unha concontos chamada Marisa.

Pero iso contámosvolo despois porque primeiro imos ao tema principal, a nosa exposición:

 

En fila e preparados para comezar a visita a modo de serpe:

Esta é a biblioteca municipal cunha nova decoración: AS NOSAS POSTAIS

 

Invitámosvos a que vaiades e desfrutedes do noso traballo!!

 E para rematar a sesión de contacontos, moi entretido e divertido. Dous contos un sobre animais e outro sobre un truco dun barco de papel que navegaba polo océano...

       

Grazas Marisa e Moncho!!!

 

ASÍ DESFRUTAMOS DA OBRA H2...OH!!!! en 1ºB

O venres desfrutamos dunha obra moi didáctica cunha temática moi científica: Marie e Pierre Curie, o big bang, contidos como flexibilidade, densidade, dureza, dilatación...

Estas son as nosas impresións despois de pasar o fin de semana!!!

Temos curiosidade ou non?

Unhas fermosas opinións!!!

 

 

DÍA DOS MUSEOS en 1ºB, 18 de maio

A nosa clase, 1º B, estamos moi conectados co mundo dos museos, dende que traballamos a reo cun deles nun proxecto fantástico de Arte, este ano AUGA FONTE DE VIDA e por iso decidimos para celebrar o Día Internacional dos Museos seguindo o lema proposto para este ano 2023: "Museos, sostibilidade e benestar" mandar a nosa mascota Gotiña Gotín de viaxe a visitar museos por todas as cidades europeas. Para saber que estivo ali mandounos unha foto posando:

 

Museo Bellas Artes de A Coruña                                 Museo do Prado en Madrid

 

Museo MAAT en Lisboa                                Museo del Louvre en París

 

Galería Borghese en Roma                                  Museo de Historia Natural en Santiago de Compostela                   

Museo Británico en Londres

 

National Gallery en Londres

    

 Museo Nacional Rijks en Amsterdam                    Museo de VanGogh en Amsterdam 

Powered by Drupal - Design by artinet