1º e 2º nivel de Primaria

3 DE OUTUBRO, DÍA MUNDIAL DO HÁBITAT

O HÁBITAT, lugar onde vivimos ou viven seres vivos que debe ser respectado, coidado  e mantido dunha maneira axeitada e sostible.

Un lago, un prado ou un estanque son exemplos de hábitats. Poderíamos dicir que o hábitat é o medio onde vive un ser vivo e no que se pode reproducir, alimentarse, desenvolverse, etc., é dicir, onde pode desenvolver as súas funcións vitais.

Por iso en 2ºB decidimos facer maquetas de diferentes hábitat: terrestres, acuáticos, urbanos, rurais...todos incorporando aspectos ecolóxicos e sociais. Empregaremos a técnica do COLLAGE, con diferentes materiais e texturas simulando lugares reais onde se desenvolve calquer tipo de vida tanto animal como humana.

   

  

 Estes son os resultados:

      

Tamén queremos introducir a temática das migracións das zonas rurais ás cidades, situación que mellorou un pouco pola situación vivida na pandemia.  As aldeas quedan baleiras ou con xente de moita idade, e ás cidades medran e medran, ofrecendo unhas mellores condicións de vida e de servizos.

 Calcúlase que para 2030 o 60% de toda a poboación mundial terá abandonado o campo, instalándose nos arredores das cidades e, sen unha boa planificación, esta migración só pode traer zonas deprimidas, pobreza, criminalidade, desemprego, contaminación e enfermidades. 

De ahí que faremos unha maqueta en 3D dunha cidade que sexa sostible, respectuosa co medio ambiente, ecolóxica...a cidade perfecta.

2 DE OUTUBRO: DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA

Para celebrar esta data propuxemos a actividade titulada  ARTE POLA PAZ,  promovendo a creación de obras artísticas (pinturas, esculturas, poemas, contos...) que representan a Paz e a Non violencia, amosando o poder da arte como ferramenta de cambio.

Na nosa primeira proposta fomentamos a  creatividade representando as situacións escollidas en negativo: ben e mal no mesmo folio:

 

 

 

 

 

 

 

 

DÍA MUNDIAL DO CORAZÓN en 2ºB

O 29 de setembro conmemórase o Día Mundial do CORAZÓN!

É o noso motor e por iso debemos coidalo con moito esmero e realizando algunhas cousiñas para mantelo san e forte:

  • Cociñar e comer san
  • Facer exercicio físico ao menos media hora diaria
  • Limitar o consumo de substancias prexudiciais como o tabaco, a sal e o alcol.
  • Controlar o colesterol
  • Controlar o peso, xa que a obesidade é un risco cardiovascular importante.

Despois de ver un vídeo elaboramos unha ficha para saber máis cousas deste órgano tan imprescindible nas nosas vidas: as súas partes ( aurículas e ventrílucos), as dúas circulacións do noso corpo (maior e menor), o pulso que non é mais que o seu latexo...

         

Ademáis de deixarnos levar polo arte creativo e facer un corazón cheo de cor!

 

UN MUNDO NUN MUSEO, proxecto anual co Museo de Bellas Artes de A Coruña en 2ºB de EP

Novo curso, novo proxecto!

En colaboración coas educadoras do Museo de Bellas Artes de A Coruña, como en cursos anteriores, imos levar a cabo un proxecto cunha temática relacionada co tema troncal do centro.

 UN MUNDO NUN MUSEO

Traballar a través do arte diferentes obras de diferentes lugares do mundo. Será como abrir ventás ao mundo do arte.

PROXECTO COMPETENCIAL DE SEGUNDO NIVEL DE EP

Terceira sesión do proxecto SEMENTAR SEMENTAREI, onde empezamos a atopar posibles cultivos.

Chamounos a atención a planta do café ou CAFETO...un famoso café que se obtén a partires das feces dunha civeta, o KOPI LUWAK ...

A investigar...

   

  

  

 Despois de investigar na internet, valorar as posibilidades, o noso interese neste cultivo...decidimos mercar  sementes desta planta e tentar mergullarnos no mundo do café!!!

  

Feito o pedido, estamos á espera!

PROXECTO COMPETENCIAL NO SEGUNDO NIVEL DE EP

Segunda sesión do proxecto SEMENTAR SEMENTAREI, onde imos deseñar o noso horto da aula, ou polo menos como o imaxinamos ou nos gustaría por grupos de traballo, asumindo cada membro a súa funcion dentro de cada equipo, previamente establecidas tal como se propuxo na asemblea inicial:

   

  

HÁBITOS SAUDABLES EN 2ºB

Un novo curso e un novo intento de mellorar en saúde, alimentándos de maneira saudable, facendo actividade física e unha hixiene axeitada na clase de 2º B.

Para empezar elaboramos unha carta de menú suxerido para toda a semana, aínda que no día que fagamos unha celebarción NON O CUMPRIREMOS!

Onde trataremos de incluir merendas e alimentos típicos do país aonde vaiamos seguindo a temática deste curso dende a bilioteca e dinamización UNHA VENTÁ ABERTA AO MUNDO!

Cada día merendaremos na aula, xusto antes de sair ao recreo e tomamos tamén moita froita, xa que sabemos da necesidade de alimentarnos ben para medrar sans!

    

Para estas merendas en confraternidade deseñamos un mantel individual:

 

 

XA CHEGOU O OUTONO, en 2ºB

O 23 de setembro chegou o EQUINOCCIO DO OUTONO, unha nova estación que achega novos cambios: temperatura, cores...

Na clase de plastica empezamos con diferentes interpretacións desta estación empregando ás cores típicas e as ceras Manley, ademais da técnica do sombreado xogando coa luz nas diferentes imaxes que debuxamos:

Concentrados e concentradas ...estamos creando!!!

   

Ademais faremos un OUTONO EN DIRECTO, como decidiron chamarlle  a saída para ver as paisaxes outonais pola contorna, as súas cores, o seu cheiro .. e con estas sensacións facer unha actividade de LAND ART, fotografiando o arte na natureza coa mesma natureza.

 

A MIÑA ACTIVIDADE PREFERIDA en 2ºB

E por último toca compartir a actividade que mais nos gusta, a que mais nos relaxa ou a que mais nos fai esquecer calquer pensamento negativo que poidamos ter...con elas podemos ter información dos nosos gustos, do que nos fai ben e que nun momento que nos atopemos mal, os demais que nos rodean saiban con que axudarnos, propoñéndonos o que mais nos gusta facer para esquecernos dese mal:

A MIÑA ACTIVIDADE PREFERIDA

 

Dalia

 

Biel

Eneko

Esney

Marcos

Martín

 Tomás

Gael

Miguel

Daniel

Patricia

Sara

Carla 

Marcos 

 

Pablo

 

 

 

 

 

 

A MIÑA COMPAÑíA FAVORITA ...en 2ºB de EP

Un paso mais dentro do Plan de Benestar Emocional, agora toca falar/contar un pouco mais de nós: con que compañía desfrutamos mais, a quen lle contamos os segredos mais íntimos, que son quen de transmitirnos calma e tranquilidade...

A MIÑA COMPAÑÍA FAVORITA

Sara 

Biel

Daniel

Eneko

Gael

Esney

Iago

Lucas

Marcos

Miguel

 

Patricia

 Tomás

 

Carla 

 

Miguel

Powered by Drupal - Design by artinet