1º Ciclo Prim.

SAÍDA DO PRIMEIRO CICLO A POPPY PARK, 11 de xuño

Xa estamos chegando ao remate deste curso e como saída para celebralo organizamos unha saída moi lúdica de multiaventura en POPPY PARK en Santiago de Compostela.

Que ben o pasamos xunto coas mestras titoras e Marita, a mestra de EF!

  

Quentando facendo un xogo mentres que agardabamos para entrar:

  

 Xa dentro do parque seguimos as instruccións das monitoras:

   

E logo unha merendiña:

     

OBRADOIRO SOBRE A DIVERSIDADE SEXUAL, 1º ciclo de EP

 Hoxe, día 21 de maio, tivemos un obradoiro impartido por Alex e por Alejandra sobre a DIVERSIDADE SEXUAL.

Constou de dáus partes:

  1. Visionado dun vídeo ou curta que facía referencia aos contidos a traballar: homosexualidade, heterosexualidade...liberdade de poder ser nóa mesmos e mesmas, diferentes tipos de familias...Posteriormente un pequeno debate e charla sobre o visto no mesmo, que foi moi interesante e motivador: sairon palabras como RESPECTO, LIBERDADE, AMOR, AXUDA, ANIMO...
  2. Elaboración de sete murais por grupos das cores e un para todo o centro, mural inclusivo onde deixaremos por escrito as nosas palabras, as nosas emocións e pensamentos. 

            

O resultado foi o seguinte, uns murais fermosos e moi significativos:

       

Foi moi ameno e formador, axudando a reforzar e visibilizar a diversidade no mundo que nos arrodea.

 

Saída ao MUNCYT do 1º ciclo de EP, 20 de marzo

Todo o primeiro ciclo visitamos un dos museos de A Coruña, esta vez adicado a Ciencia e a Tecnoloxía, o MUNCYT.


Foi moi interesante!

Nada mais entrar unha avioneta colgada no teito!

Pero dentro agardábannos moitas mais sorpresas: Un Jumbo de 4 pisos, o Lope de Vega, un coche antigo, o 600, unha parede chea de cientificos e científicas inventores onde quedan espazos baleiros para se algún ou algunha de nós nos atrevemos a inventar...estariamos moito tempo contando o que alí vimos...

   

GRUPO 1 con Berta                                                                                       Grupo 2

          

 Pero o que mais nos gustou foi a exposición temporal O LABERINTO DO CEREBRO.

Un espazo interactivo con diferentes estacións de traballo para pór en marcha o noso cerebro.

           

E por último participamos nun obradoiro sobre  figura de JORGE PETEIRO un pintor escultor coruñés, onde unha vidriera dun cadro del adorna o salón de actos do MUNCYT. Fixemos puzzles, as 8 diferenzas, colorear... unha actividade que nos gustou moito.

 

ENCONTRO CON MARÍA CANOSA, 15 de marzo

A merca e a lectura do libro titulado A FÁBRICA DE BICOS fixo que a escritora do mesmo se achegara ao centro, María Canosa. Foi unha xornada moi interesante onde reconstruimos a historia partindo da falta de memoria da propia escritora. 

Este libro, segundo a escritora, parte da idea da súa filla Mariña a que non lle gustan os bicos. 

Tamén comentou que a idea de que sexa unha porquiña a protagonista non ten nada que ver, xa que o ilustrador, Dani Padrón, cando se lle encargou o traballo, dixo que non podía ser outra que unha porquiña, con esos beizos preparados para saír e lanzar bicos.

 

 

Adicounos os libros preguntándonos cales son os bicos que mais nos gustan...cantos sabores diferentes!

 

O alumnado de 2ºB coa escritora

WISH: O PODER DOS DESEXOS

O martes 28 de novembro fomos a Santiago de Compostela, concretamente As Cancelas para ver o estreo dun filme  que segundo as críticas defínese como “A magnífica autohomenaxe de Disney polo seu centenario: animación tradicional, tanto na súa forma como no seu enfoque cun reino máxico (...) e carrusel de situacións que fan referencia aos clásicos, Wish: O poder dos desexos.

"Wish", de Walt Disney Animation Studios, é unha comedia musical de animación que nos dá a benvida ao máxico reino de Rosas, onde Asha, unha moza idealista e con recursos, formula un desexo tan poderoso que é respondido por unha forza cósmica: unha pequena bola de enerxía ilimitada chamada Estrela. Xuntas, Asha e Star enfróntanse a un poderoso inimigo, o Rei Magnífico, gobernante de Rosas, no Mar Mediterráneo para salvar o seu pobo e demostrar que, cando a vontade dunha persoa valente se une á maxia das estrelas, cousas marabillosas poden ocorrer.

  

  

HÁBITOS SAUDABLES EN 2ºB

Un novo curso e un novo intento de mellorar en saúde, alimentándos de maneira saudable, facendo actividade física e unha hixiene axeitada na clase de 2º B.

Para empezar elaboramos unha carta de menú suxerido para toda a semana, aínda que no día que fagamos unha celebarción NON O CUMPRIREMOS!

Onde trataremos de incluir merendas e alimentos típicos do país aonde vaiamos seguindo a temática deste curso dende a bilioteca e dinamización UNHA VENTÁ ABERTA AO MUNDO!

Cada día merendaremos na aula, xusto antes de sair ao recreo e tomamos tamén moita froita, xa que sabemos da necesidade de alimentarnos ben para medrar sans!

    

Para estas merendas en confraternidade deseñamos un mantel individual:

 

 

XA CHEGOU O OUTONO, en 2ºB

O 23 de setembro chegou o EQUINOCCIO DO OUTONO, unha nova estación que achega novos cambios: temperatura, cores...

Na clase de plastica empezamos con diferentes interpretacións desta estación empregando ás cores típicas e as ceras Manley, ademais da técnica do sombreado xogando coa luz nas diferentes imaxes que debuxamos:

Concentrados e concentradas ...estamos creando!!!

   

Ademais faremos un OUTONO EN DIRECTO, como decidiron chamarlle  a saída para ver as paisaxes outonais pola contorna, as súas cores, o seu cheiro .. e con estas sensacións facer unha actividade de LAND ART, fotografiando o arte na natureza coa mesma natureza.

 

DÍA DA N.A.I. en 1ºB, 7 de maio

Simplemente GRAZAS por estar!

 

Ademáis dun agasallo poético onde seguimos a traballar os acrósticos

 

A APICULTURA EN ARZÚA

Os nenos e nenas de primeiro e segundo nivel de primaria saímos por terceira vez este trimestre!!!!

Mais vale unha imaxe ou varias que mil palabras!!!!

Foi unha saída moi emocionante, chea de momentos moi bos ricos en vivencias, coñecementos e diversión!

 

 

 

E como esta semana foi a da prensa, decidimos convertirnos en redactores e corresponsais para facer estas fermosas reportaxes xobre a nosa saída,  traballos onde se pon demanifesto os diferentes elementos dunha noticia:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Canto sabemos da China!!

Os rapaces e as rapazas de 2º de Primaria tiñan curiosidade por aprender máis sobre outra das marabillas do mundo:

A Muralla China.

En infantil saben unha morea de cousas sobre este lugar e as súas costumes, así que as nenas e os nenos de 5 anos A e B tiveron o placer de explicarlles todo a que levan investigado durante este trimestre!!!!

Se queredes ollar as fotos do momento pinchade aquí.

Powered by Drupal - Design by artinet