O 23 de setembro chegou o EQUINOCCIO DO OUTONO, unha nova estación que achega novos cambios: temperatura, cores...
Na clase de plastica empezamos con diferentes interpretacións desta estación empregando ás cores típicas e as ceras Manley, ademais da técnica do sombreado xogando coa luz nas diferentes imaxes que debuxamos:
Concentrados e concentradas ...estamos creando!!!
Ademais faremos un OUTONO EN DIRECTO, como decidiron chamarlle a saída para ver as paisaxes outonais pola contorna, as súas cores, o seu cheiro .. e con estas sensacións facer unha actividade de LAND ART, fotografiando o arte na natureza coa mesma natureza.