Todo o primeiro ciclo visitamos un dos museos de A Coruña, esta vez adicado a Ciencia e a Tecnoloxía, o MUNCYT.
Foi moi interesante!
Nada mais entrar unha avioneta colgada no teito!
Pero dentro agardábannos moitas mais sorpresas: Un Jumbo de 4 pisos, o Lope de Vega, un coche antigo, o 600, unha parede chea de cientificos e científicas inventores onde quedan espazos baleiros para se algún ou algunha de nós nos atrevemos a inventar...estariamos moito tempo contando o que alí vimos...
GRUPO 1 con Berta Grupo 2
Pero o que mais nos gustou foi a exposición temporal O LABERINTO DO CEREBRO.
Un espazo interactivo con diferentes estacións de traballo para pór en marcha o noso cerebro.
E por último participamos nun obradoiro sobre figura de JORGE PETEIRO un pintor escultor coruñés, onde unha vidriera dun cadro del adorna o salón de actos do MUNCYT. Fixemos puzzles, as 8 diferenzas, colorear... unha actividade que nos gustou moito.