A auga camiña é unha experiencia un tanto científica para demostrar que coa mestura de cores primarios podemos obter as secundarios. Só necesitamos vasos transparentes de cristal, servilletas de papel absorbente, auga e colorantes alimentarios de cores primarios: amarelo, cian e maxenta.
Plantexado o experimento xorden numerosas hipóteses que chegarán a demostrarse ou non!
A auga móvese dun vaso a outro pola forza intermolecular e para igualar a tensión superficial pasando dun vaso a outro, e co colorante vese como nese movemento hai unha mestura de cores primarios. este fenómeno coñécese co nome de capilaridade.