SEMANA DA CIENCIA en 2º EP

Un ano mais, e como xa ven sendo de costume,  en segundo de primaria organizamos a SEMANA DA CIENCIA,  para pór de manifesto que a ciencia pode estar a favor da paz, sobre todo nestes momentos de tanta belicidade e,  como non, destacar as aportacions femininas a este campo tan masculino, non fai moito tempo.              

Onte, día 10 foi o Día Mundial da Ciencia para a paz: Innovación pacífica polo que traballaremos neste eido e outros mais, seguindo a proposta da UNESCO para o 2023:

 A súa finalidade é renovar o compromiso, tanto a nivel nacional como internacional, a prol da ciencia para a paz e o desenvolvemento, e facer fincapé no uso responsable da ciencia en beneficio das sociedades, en particular, para a erradicación da pobreza. O Día Mundial tamén pretende sensibilizar á cidadanía sobre a importancia da ciencia e salvar a brecha entre a ciencia e a sociedade.

Ademais Poski Ventanín xa está preparada no seu laboratorio. Xa mercou todo o necesario, ata unha bata branca de científica total!

Powered by Drupal - Design by artinet