1º e 2º nivel de Primaria

O MEU SITIO PREFERIDO ...en 2ºB

Seguindo coas propostas do Plan de Benestar Emocional en 2º B de EP, hoxe tócanos coñecernos un pouco mais falando do noso sitio preferido onde podemos relaxarnos, onde nos gusta estar cos amigos e amigas compartindo intres tenros e inesquecibles, onde deixamos voar a nosa imaxinación, onde podemos estar sos coñecendonos e desfrutando da soidade...compartindo este pequeno segredo ou confidencia que fai que saibamos mais cousas das personas que nos arrodean

O MEU SITIO FAVORITO!

 

Eneko

Dalia

Marcos 

Biel 

 Esney 

 Patricia

Daniel

Pablo  

Martina

Gael

 Carla

Iago 

Sara 

 

Miguel

Martín

Lucas

 

O MEU SOÑO É... en 2ºB

Na procura do benestar emocional na nosa aula, despois dunha intensa asemblea onde o tema primordial, entre moitos outros que xa vos iremos contando, foi como solventar pequenos problemas entre nós de forma eficaz e pacífica, decidimos pór en marcha un plan:

 A primeira idea foi a de “Abrir as comportas á comunicaciónonde a verbalización de sentimentos e emocións axuda a avanzar neste proceso. Para o que deseñamos unha serie de actividades que nos farán acadar os obxectivos propostos e tendo en conta o Plan de benestar emocional da Consellería:

  -Os nosos soños!
  -O noso sitio preferido!
  -A nosa actividade preferida!
   -A miña compañía preferida!

OS NOSOS SOÑOS! 

Temos que ser capaces de exteriorizar e contar os nosos soños, o que queremos ser, a onde queremos chegar...E oxalá se cumpran!

 

 

 

 

 

MASCOTA DE 2ºB

Como é costume, nada mais iniciar o curso, deseñamos a nosa mascota do proxecto troncal proposto polos diferentes equipos de Dinamización, Biblioteca e Actividades Extraescolares e Complementarias. persoeiro que nos vai acompañar ao longo de todas as actividades feitas na clase.

Despois de moitas propostas acabamos  elexíndoa de maneira democrática, tanto familias como o alumnado de 2ºB:

Xa temos deseño, agora toca elexir un nome, que despois da posta en práctica da coñecida técnica de chuvia de ideas na pizarra, saeu elexido o seu nome e o seu apelido por aplastante maioría:

POSKI VENTANÍN

 

PROXECTO COMPETENCIAL NO SEGUNDO NIVEL DE EP

Un novo proxecto competencial para este curso 2023-2024, titulado SEMENTAR SEMENTAREI, un novo reto para o grupo de rapazada de segundo nivel que optou por esta materia. 

Na primeira asamblea de 2º B realizada o primeiro xoves deste setembro, despois de ter claro en que imos afondar,  decidimos buscar un logo que defina o noso proxecto que durará todo este curso.

Sairon varias propostas á par de escoitar a canción Sementar sementarei de Fuxan os ventos, que nos serviu de inspiración. 

             

     

      

 

QUE VEMOS DENDE A NOSA VENTÁ!

 Iso xa volo iremos dicindo ao longo deste curso...daremos voltas arredor do mundo, iremos a diferentes lugares e compartiremos a nosas impresións e diferentes puntos de vista dende a nosa mirada, é dicir, dende a nosa propia ventá, metafóricamente falando.

Por iso...

  

  

  

    

   

  


  

 

BENVIDA A UNHA NOVA AVENTURA XUNTOS/AS NO SEGUNDO NIVEL DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Xa pasou o verán e toca iniciar unha nova aventura.

Partiremos dun tema troncal, titulado UNHA VENTÁ ABERTA AO MUNDO, como proposta dos diferentes equipos de dinamización, biblioteca e actvidades extraescolares e complementarias.

Abriremos non só unha ventá, senón moitas, ao mundo para aprender e medrar xuntos e xuntas ao longo deste curso 2023-2024.

O día 11 de setembro ás 9:40 volverémonos a ver e organizar, como equipo que somos e seremos, actividades académicas e lúdicas cun só fin: SER MELLORES PERSONAS cunha cabeciña máis e mellor amoblada!

QUE GAÑAS!!!

 

 

OBRADOIRO DE CAMISETAS PENDENTE en 1ºB

Deixamos voar a imaxinación no Nadal e rematamos pouco a pouco  o OBRADOIRO de CAMISETAS...o traballo valeu a pena:

   

   

   

FIN DE CURSO COA TRIBU CROCODILO

 Que alegría xa que nos achegamos ao que era antes do COVID 19 un FIN DE CURSO cheo de festa onde as nosas familias poden vir a vernos!

Estabamos moi nerviosos e nerviosas, son horas de ensaio e traballo intenso compaxinado co  resto de  tarefas escolares!

Preparamos unha coreografía relacionada co tema troncal traballado durante o curso e en numerosos proxectos de aula co Museo de Bellas Artes (1ºB), A AUGA, e quen mellor sabe de auga? A TRIBU CROCODILO, unha tribu india que sabe os beneficios da choiva, a danza para que chova, un baile con paraugas e unha danza para relaxarse depois de tanto traballo. Escoitade todo o que dí a canción, ten unha mensaxe moi importante para que o noso planeta siga existindo!

          

Un primeiro plano da metade da tribu CROCODILO:

   

           

 

 

ANIVERSARIOS DE VERÁN en 1ºB

A última celebración dos aniversarios deste curso foi o luns  19 de xuño, a terceira FESTA, OS ANIVERSARIOS DE VERÁN ademais da celebración individual de cada pequeno/a o seu día co ritual instaurado da CAIXA DE ANIVERSARIOS, dando as sete voltas arredor do Sol, unha por cada ano que ten ou vai cumprir e o soplado de velas.

Este trimestre cumpriron: Pablo, Eneko, Iago, Gael, Martina, Lucas e Miguel.

  

  

ACTIVIDADE 3. CREAR A NOSA PROPIA MITOLOXÍA ACUÁTICA en 1ºB

Un animal mitolóxico é aquel que é o resultado da pura imaxinación ou da redución a termos coñecidos da novidade inexplicable. Os animais fantásticos ou mitolóxicos sempre acompañaron ao home nas súas historias, festas e arte.

E neste  reto temos que inventar un animal mitolóxico, de que se alimenta, cal é o seu hábitat ...empregando a ficha modelo que se adxunta:

Como resultado desta actividade sairon estes animais acuáticos mitolóxicos, un album moi interesante e peculiar:

 

Powered by Drupal - Design by artinet