3 DE OUTUBRO, DÍA MUNDIAL DO HÁBITAT

O HÁBITAT, lugar onde vivimos ou viven seres vivos que debe ser respectado, coidado  e mantido dunha maneira axeitada e sostible.

Un lago, un prado ou un estanque son exemplos de hábitats. Poderíamos dicir que o hábitat é o medio onde vive un ser vivo e no que se pode reproducir, alimentarse, desenvolverse, etc., é dicir, onde pode desenvolver as súas funcións vitais.

Por iso en 2ºB decidimos facer maquetas de diferentes hábitat: terrestres, acuáticos, urbanos, rurais...todos incorporando aspectos ecolóxicos e sociais. Empregaremos a técnica do COLLAGE, con diferentes materiais e texturas simulando lugares reais onde se desenvolve calquer tipo de vida tanto animal como humana.

   

  

 Estes son os resultados:

      

Tamén queremos introducir a temática das migracións das zonas rurais ás cidades, situación que mellorou un pouco pola situación vivida na pandemia.  As aldeas quedan baleiras ou con xente de moita idade, e ás cidades medran e medran, ofrecendo unhas mellores condicións de vida e de servizos.

 Calcúlase que para 2030 o 60% de toda a poboación mundial terá abandonado o campo, instalándose nos arredores das cidades e, sen unha boa planificación, esta migración só pode traer zonas deprimidas, pobreza, criminalidade, desemprego, contaminación e enfermidades. 

De ahí que faremos unha maqueta en 3D dunha cidade que sexa sostible, respectuosa co medio ambiente, ecolóxica...a cidade perfecta.

Powered by Drupal - Design by artinet