1º e 2º nivel de Primaria

SAÍDA Á FEIRA DE ARZÚA, 22 de marzo en 1º EP

 

Nesta visita estudamos a alimentación saudable, diferentes tipos de alimentos dentro da roda de alimentos. Tamén fixemos un estudo dos diferentes tipos de tendas no concello: elementos e características facendo comparación coa visita a outros tipos de tendas como un supermercado ou un centro comercial, en anteriores saídas.

Tamén mercamos varios tipos de productos de producción local como plantas de  leitugas e de tomates, ademais de pór en practica outro tipo de contidos necesarios para mercar un producto.

E acabamos degustando un saborosos churros que mercamos nun posto na feira.

          

DÍA DA FELICIDADE, 20 de marzo en 1ºB

Esta conmemoración fainos lembrar que para ter boa saúde hai que tentar ser felices, capaces de apartar o negativo e encher as nosas vidas de momentos únicos e cheos de sorrisos, aínda que ás veces non sexa sempre así.

Abraza, bica, ama, sorrí... fai que os momentos bos sexan mais que os non tan bos: DEPENDE DE TÍ

 

 

 

Ademais de amosarnos felices no ámbito escolar acompañados/as dun emoji dun compañeiro organizamos un equipo PITUFO AZUL, onde faremos cousas para ser felices como en Bután, un país asiático onde recollen un concepto filosófico capaz de medir a felicidade dos seus habitantes, a Felicidadae Nacional Bruta (FNB).

Para o seu cálculo mídense nove puntos: O benestar psicolóxico, o emprego do tempo, a vitalidade, a cultura, a saúde, a educación, a diversidade medioambiental, o nivel de vida  e o Goberno.

O equipo Pitufo Azul danos consellos para acadar esa felicidade tan desexada:

  • Aforrando auga pechando os grifos cando lavamos os dentes,
  • Duchándonos en vez de bañarnos,
  • Pechar as ventás cando a calefacción está acesa,
  • Apagar as luces cando non se está nunha habitación,
  • Reciclar materiais  dándolle un novo uso (á roupa, aos botes...),
  • Non tirar lixo ao chan, empregar papeleiras para reciclar os residuos do fogar e separando papel, orgánicos, plñastico, cristal...,
  • Evitar uso de bolsas  e envoltorios de plástico...

 

AS NOSAS LAVANDEIRAS, 1ºB

Atrevémonos a ser un MANUEL COLMEIRO,  e ver o cadro dende o noso punto de vista. Sairon uns cadros moi personais e mesturados con fondos creados coas Tics

 

  

CUARTO RETO DO MUSEO DE BELLAS ARTES DE A CORUÑA

Case rematando o segundo trimestre recibimos outro reto por parte das nosas educadoras, Laura, Sara e Clara. Agora partiremos doutra obra de Manuel Colmeiro, posterior á traballada anteriormente, AS LAVANDEIRAS.

Fai algúns meses estivemos traballando coa obra Na Fonte de Manuel Colmeiro.

Algúns anos despois, o mesmo artista realiza a obra Lavandeiras, onde se manteñen algunhas cuestións, especialmente a temática, pero o estilo ten cambiado moito.

No marco das novas vangardas artísticas, Colmeiro crea xa nos anos finais da década dos cincuenta unha nova iconografía relacionada cos traballos da muller e a vida tradicional campesiña; un destes traballos é o de lavandeiras.

Neste cadro vemos as mulleres representadas a partir dunha mínima definición das súas formas, desaparecendo as liñas que anteriormente (por exemplo no cadro Na fonte) lle daba volume ás figuras. Ademais, as mulleres están inmersas nun espazo que non parece real, sendo prácticamente abstracto.

En Lavandeiras a cor é a encargada de construír as formas, algo que se acentúa ao prescindir da representación dos trazos do rostro ou os detalles das prendas de roupa.

A escena ten como fondo unha paisaxe verde abstracta. Este verde é protagonista no cadro e só se ve interrompido pola luminosidade dos brancos, os azuis e a aparición anecdótica doutras cores a través dos panos que as mulleres levan na cabeza.

O novo reto consiste en dúas actividades relacionados con este contido: o uso da auga para lavar:

  • FACÉNDONOS PREGUNTAS SOBRE LAVANDEIRAS, LAVANDEIROS E LAVADOIROS.

Ficha proposta como tarefa familiar para integrar ás familias no proxecto aínda máis.

  • BUSCANDO LAVADOIROS PÚBLICOS OU PRIVADOS.

Consiste en investigar e inventariar lavadoiros e pilóns da nosa comarca.

  • VERSIONAMOS  LAVANDEIRAS DE MANUEL COLMEIRO.

Para a vosa información hai moitos cadros con esta temática, pero no Museo de Bellas Artes están:

   

BROCOS MODESTO, LAVANDERAS                                    LLORENS FRANCISCO, LAVANDERAS

 

EXPOPINGÜÍNOS 2023, en 1ºB

Como continuidade ao proxecto de A AUGA FONTE DE VIDA quixemos agasallar ás educadoras do Museo de Bellas Artes, Laura, Clara e Sara, cunha pequena e modesta exposición de acuarelas feitas coa AUGA sobre os animais que adicamos un tempo a investigar.

 

Sen auga tampouco habería ARTE!

Dia do P.A.I. en 1º B, 19 de marzo

Simplemente feito con corazón:

 

Ademaís dun personalizado quebracabezas agochado nun orixinal sobre:

    

 

A PAISAXE EN 3D en 1º B

En CCSS estamos estudando os tipos de paisaxe coas que nos podemos atopar:

  • Paisaxe de costa
  • Paisaxe de chaira
  • Paisaxe de montaña

E para que nos sexa mais doado estudar investigamos sobre os elementos de cada tipo e plasmámolos nunhas maquetas tridimensionais:

 

Neste vídeo deixamos plasmado o proceso de elaboración, un bo traballo en equipo e cooperación:

 

DÍA MUNDIAL DO SONO, 17 de marzo en 1º B

O 17 de marzo celébrase o Día Mundial do Sono e en 1º B aproveitámolo para seguir traballando hábitos saudables para manternos sans e fortes, o descanso é primordial para conseguir isto!

O lema para o 2023 é: "O sono é esencial para a saúde"

Durmir ao menos 8 horas cada día axudaranos a estar mellor emocional e físicamente, a ter boa saúde e rendir ao 100% da nosas posibilidades tanto na escola como noutros momentos do día a día.

 

Hai certas boas prácticas para un bo descanso: 

  • Deitarse sempre a mesma hora arredor das 21:00 horas.
  • Non cenar comidas moi pesadas.
  • Ler antes de durmir pero non xogar nin mirar aparatos tecnolóxicos na cama como móbiles, consolas... 
  • Temperaturas non moi altas.
  • E como último recurso, senón damos quedado, contamos ovelliñas!!!!

DIA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DO CONSUMIDOR/A, 15 de marzo en 1ºB

 

Para tratar esta conmemoración na aula dividimos o tema en catro preguntas, unha para cada equipo e unha posterior posta en común:

Principais dereitos dos consumidores

Segundo as disposicións do Consello das Nacións Unidas, todos os cidadáns do mundo teñen dereito a:

• As persoas teñen dereito a elixir.

• Dereito a recibir educación para poder escoller correctamente bens e servizos.

• Dereito a mercar produtos e servizos competitivos.

• O dereito lexítimo a satisfacer todas as súas necesidades básicas.

• Dereito a estar informado sobre todo o que acontece no mundo.

• Dereito a ser indemnizado.

• Dereito a ser escoitado.

• Dereito a vivir e gozar dun medio ambiente máis saudable e sostible.

• Dereito á seguridade.

Cales son as preguntas que debemos facernos ao mercar?

Como consumidores debemos ser esixentes á hora de comprar e tamén debemos facernos certas preguntas á hora de comprar os produtos que necesitamos, entre as que se atopan:

• É necesario adquirir este produto?

• Cantos cartos necesito para investir nel?

• Cales foron os métodos e materiais empregados para a súa fabricación e almacenamento?

• Poderías conseguir o mesmo produto, sen ter que mercar un novo?

• É un produto deseñado para coidar e protexer o medio ambiente?

O papel do consumidor na economía mundial

A idea de celebrar o Día Mundial dos Dereitos do Consumidor é que as persoas asuman un papel protagonista na defensa dos seus dereitos e poidan esixir produtos de calidade que non prexudiquen a súa saúde e moito menos o medio ambiente.

Grazas á compra de produtos e ao acceso aos servizos, a economía dos países pode seguir expandíndose. Porén, é importante que teñamos unha posición crítica á hora de defender os nosos dereitos para que non sexan vulnerados.

Consumo responsable para un planeta sostible

Todo consumidor debe ser responsable co medio ambiente

Para ter un planeta cen por cen sostible é necesario un consumo responsable, que non prexudique o medio ambiente e onde se poida seguir tendo unha mellor calidade de vida.

 

DÍA INTERNACIONAL DE ACCIÓN POLOS RÍOS, 14 de marzo en 1ºB

O Día Internacional de Acción polos Ríos celébrase o 14 de marzo coa intención de coidar e protexer unha das principais fontes de auga limpa de todo o planeta, así como concienciar á poboación para o coidado e protección deste valioso recurso. natural esencial para a vida.

Por que son tan importantes os ríos?

Os ríos son correntes de auga doce que nacen como consecuencia da choiva, as fontes, a neve e o xeo. Están espallados por todo o planeta, sendo o río Amazonas o máis longo do mundo. A súa orixe pódese dar por medio dun manancial, un lago ou polo desxeo dun glaciar.

No seu interior habitan unha diversidade de fauna e flora de gran valor. Tamén podes atopar moitos minerais que contribúen ao equilibrio perfecto destes ecosistemas.

Por que se celebra o Día de Acción polos ríos?

Esta data busca rescatar, coidar e protexer os ríos de todo o planeta, que nas últimas décadas foron vítimas da contaminación a gran escala e da destrución de grandes ecosistemas e da perda irreparable da flora e fauna que habitan estes espazos naturais.

O chamamento é a que todos xuntos alcemos a nosa voz para conseguir un mundo moito máis sostible que o que vivimos na actualidade e onde os ríos non acaben por desaparecer, xa que xogan un papel fundamental como un dos principais recursos que o planeta ten que continuar coa vida.

Os cinco ríos máis importantes do mundo

En todos os países do mundo hai grandes ríos, non obstante, aquí detallamos só cinco que son de maior importancia pola súa localización, tamaño e riqueza.

1. O Amazonas: É o río máis longo con 7.020 quilómetros e atravesa Brasil, Colombia e Perú.

2. O Nilo: é o segundo río máis longo e ten unha superficie de 6.671 quilómetros. Pasa por Exipto, Sudán e Uganda.

3. O Mississippi: Percorre 3.734 quilómetros. Está considerado un dos cinco ríos máis importantes do mundo.

4. O Danubio: Cunha extensión de 2.850 quilómetros, é o máis longo de Europa. Atravesa varios países como Alemaña, Austria, Hungría, entre outros.

5. O Ganxes: Ten unha extensión de 2.500 quilómetros. A súa importancia radica en que é un río sagrado segundo a relixión hindú. Falounos del Rahul, o mestre auxiliar de conversa que nos veu visitar.

O papel dos ríos na preservación da especie humana

Hoxe máis que nunca o home necesita poñer en valor un dos recursos naturais imprescindibles para a existencia, como é a auga dos ríos. Por desgraza, a realidade é outra, xa que seguen a estar sometidos á man implacable do home, que por mor do seu descoñecemento os saturaron de residuos tóxicos e lixo que provocou un grave desequilibrio ecolóxico.

Nestas valiosas reservas de auga doce que existen en todo o planeta escóndese unha gran riqueza que hai que protexer.

O compromiso é comezar hoxe cos cambios necesarios que garantan a continuidade e a supervivencia dos nosos ríos, só así será preservar a especie humana tal e como a coñecemos ata agora. É o momento de actuar para garantir ás xeracións vindeiras un mundo mellor e moito máis sostible!

Por iso na nosa clase de 1º B quixemos aportar o nos gran de area: axudar a limpar os ríos que estean máis preto de nós, e plasmámolo en carteis cun lema moi claro:

LIMPOS ou SUCIOS, TI ELIXES!

 

Powered by Drupal - Design by artinet