CUARTO RETO DO MUSEO DE BELLAS ARTES DE A CORUÑA

Case rematando o segundo trimestre recibimos outro reto por parte das nosas educadoras, Laura, Sara e Clara. Agora partiremos doutra obra de Manuel Colmeiro, posterior á traballada anteriormente, AS LAVANDEIRAS.

Fai algúns meses estivemos traballando coa obra Na Fonte de Manuel Colmeiro.

Algúns anos despois, o mesmo artista realiza a obra Lavandeiras, onde se manteñen algunhas cuestións, especialmente a temática, pero o estilo ten cambiado moito.

No marco das novas vangardas artísticas, Colmeiro crea xa nos anos finais da década dos cincuenta unha nova iconografía relacionada cos traballos da muller e a vida tradicional campesiña; un destes traballos é o de lavandeiras.

Neste cadro vemos as mulleres representadas a partir dunha mínima definición das súas formas, desaparecendo as liñas que anteriormente (por exemplo no cadro Na fonte) lle daba volume ás figuras. Ademais, as mulleres están inmersas nun espazo que non parece real, sendo prácticamente abstracto.

En Lavandeiras a cor é a encargada de construír as formas, algo que se acentúa ao prescindir da representación dos trazos do rostro ou os detalles das prendas de roupa.

A escena ten como fondo unha paisaxe verde abstracta. Este verde é protagonista no cadro e só se ve interrompido pola luminosidade dos brancos, os azuis e a aparición anecdótica doutras cores a través dos panos que as mulleres levan na cabeza.

O novo reto consiste en dúas actividades relacionados con este contido: o uso da auga para lavar:

  • FACÉNDONOS PREGUNTAS SOBRE LAVANDEIRAS, LAVANDEIROS E LAVADOIROS.

Ficha proposta como tarefa familiar para integrar ás familias no proxecto aínda máis.

  • BUSCANDO LAVADOIROS PÚBLICOS OU PRIVADOS.

Consiste en investigar e inventariar lavadoiros e pilóns da nosa comarca.

  • VERSIONAMOS  LAVANDEIRAS DE MANUEL COLMEIRO.

Para a vosa información hai moitos cadros con esta temática, pero no Museo de Bellas Artes están:

   

BROCOS MODESTO, LAVANDERAS                                    LLORENS FRANCISCO, LAVANDERAS

 

Powered by Drupal - Design by artinet