1º e 2º nivel de Primaria

DÍA INTERNACIONAL DO ABRAZO, 21 de xaneiro

Nunca tan fermoso foi ver abrazarse, darse unha aperta.

O alumnado de 1ºB quixo celebrar este día internacional dende as súas casas enviando fotos cheos dese poder curativo que ten unha aperta, un abrazo amosando amor, tranquilidade, apoio, axuda...que fan que as penurias marchen dos nosos corpos e minimicen eses momentos de desasosego e tristura.

Cunha aperta podemos dicir o que queremos a unha persona, transmitirlle que nos está soa, que pode contar con nós, quitarlle un pouco de fraxe e como non estruxarnos tan forte como poidamos para facer entender CANTO AMADES E CANTO QUEREDES a quen sexa, amigo/a, mascota, familia, mestre/a...

 

TEATRO PETER PAN

O 16 de xaneiro fomos de excursión a ver unha obra de teatro no colexio de A Salle en Santiago, titulada PETER PAN. Foi unha obra moi entretida e interactiva, xa que ao ser un musical tamén cantábamos nós!

Tamén aproveitamos para achegarnos a dous museos, o Museo do Pobo Galego e o CGAC, que están alí moi preto e que serán obxecto dunha das próximas saídas a esta cidade xa que están moi relacionados co outro proxecto levado a cabo na aula de primeiro en colaboración co museo de A Coruña.

TERCEIRO RETO DO MUSEO DE BELLAS ARTES DE A CORUÑA!

Empezamos o segundo trimestre e tamén unha nova proposta das nosas educadoras do Museo de Bellas Artes de A Coruña, dentro do proxecto A AUGA FONTE DE VIDA, onde nos partimos do cadro O MUÍÑO DA FURADA de Felipe Bello Piñeiro:

Esta cadro foi pintado polo artista Felipe Bello Piñeiro en 1918. Trátase dunha vista dun muíño de auga rodeado de frondosa vexetación. O muíño é unha arquitectura de carácter popular con muros de cachotería e tellado de lousa. O lugar plasmado correspóndeseaosarredores da vivenda do pintor no Seixo, Mugardos (Ferrol). O artista pintou varias versións desta obra, plasmando o mesmo lugar con distintos tipos de luz. Tamén nos ensinaron que este cadro non esta nas salas de exposición está gardado nun almacén xunto con outras obras nos peines ou nos mobles de almacenaxe móbiles...unha pasada e sorte poder ver as entrañas do museo!

Un muíño é o lugar onde se moe; un pequeno edificio no que se empregan distintas forzas da natureza para moer os cereais. Moer é desfacer en anacos moipequenosdun cereal ata que se converte en fariña.

Os muíños abondan na paisaxe galega. Hai muíños que se moven coa forza dos animais, coa forza do vento, coa forza das mareas ou, os máis habituais, coa forza dos ríos. Aínda que hoxe en día non se empreguen habitualmente, moitos deles consérvanse nas nosas vilas, en edificacións como a que vemos neste cadro de Bello Piñeiro. O muíño representado no cadro do Museo de Belas Artes chámase “Muíño da Furada” no cadro intúese como este se move coa forza da corrente do río que pasa por debaixo do mesmo.

Malia que o funcionamento dos muíños ten a súa complexidade sabemos que esta tecnoloxía vén de moi antigo: os romanos xa construían muíños moi semellantes aos que vemos no cadro e no noso territorio galego temos mostras arqueolóxicas prehistóricas que certifican a existencia de muíños sinxelos, de man, empregados polos castrexos e castrexas.

No muíño tradicional de río, a corrente de auga se desvía cara unha canle que pasa xusto por debaixo do edificio. Ao pasares a auga, a súa forza move a roda externa do muíño facendo mover a estructura interna do mesmo. 

O artista Felipe Bello Piñeiro pintou este muíño que estaba moi próximo ao lugar no que vivía (O Seixo, Mugardos). Hoxe en día non poderíamos localizalo nun mapa. Ás veces, cando deixamos pasar o tempo e non coidamos as cousas, acaban abandonadas e pérdense para sempre, como o muíño do cadro. Por iso, é importante facer unha listaxe destes lugares: se non sabemos que algo existe é imposible conservalo.

No anterior exercicio sobre as fontes de Arzúa, descubrimos gracias a bisavoa de Lucas a existencia dun muíño ao que ía cando era moza: “O muíño da Devesa”. Pola xeografía de Arzúa seguro que existiron e existen moitos máis muíños.

O novo reto consiste en tres actividades relacionadas con este contido:

  • BUSCANDO OS MUÍÑOS DE ARZÚA

Consiste en investigar e inventariar algúns dos muíños que hai en Arzúa e aos seus arredores.

  • OS MUÍÑOS E A MÚSICA

Investigar de que pode vir a palabra muiñeira

  • COMPOÑEMOS A NOSA MUIÑEIRA

Imos aló!!!

POSTAL DE NADAL DE 1ºB

Como todos os anos na miña titoría elaboramos unha postal de felicitación cun anaquiño de corazón de cada pequeno e pequena da clase, a nosa!

Como este ano o tema troncal é a auga quixémoslle dar protagonismo a este elemento por iso o predominio da cor azul...aínda que xa sabemos que a auga non ten cor!

 

OBRADOIROS NO 1º NIVEL EP

O día 22 de decembro foi o ultimo día de clase do primeiro trimestre deste curso 2022-2023, e para celebralo organizamos o equipo de nivel unha serie de obradoiros, concretamente catro:

  • Obradoiro textil: deseño libre dunha camiseta. 
  • Obradoiro manucreativo: decoración dunha vela ou tarro decorativo.
  • Obradoiro cerámica, inspiración Isaac Díaz Pardo: deseño dun broche. 
  • Obradoiro papelcreativo: deseño dunha manualidade elaborada con cartóns de cores e plantillas.

En cada aula deste nivel organizáronse dous obradoiros e o alumnado de primeiro circulará libremente polos dous espazos para levar a cabo estes obradoiros:

 

Seguiremos informándovos cos resultados da actividade despois de Nadal

Agradecer ás familias a colaboración con esta actividade aportando o material que se lle solicitou: somos un equipo!

DESVESTINDO O PASADO, proxecto competencial en 1º B

 

Dentro da programación da materia de Proxecto Competencial este trimestre traballamos a evolución do vestido ao longo da historia.

Empezamos pola Prehistoria, un periodo que ao alumnado desta idade lle motiva: como vivían, como comían, como vestían...de ahí o primeiro resultado desta investigación:

TÍTULO: DESVENTIDO O PASADO

 

Un desfile do FASHION YEAR neste 1º nivel de Educación Primaria

  

VISITA DO APALPADOR a 1ºB

O martes 20 de decembro tivemos unha visita moi especial destas datas, o Apalpador que veu dende o Caurel a vernos para dicirnos que temos que alimentarnos ben e pasar moi ben estas datas tan familiares e especiais.

Ao principio costounos recoñecer quen era pero logo fartámonos de darlle apertas xa que ao pasar por debaixo da  nosa porta onde temos unha coroa de muérdago, como manda a tradición, é de obriga recibir APERTAS, BICOS OU CARICIAS!

         

ANIVERSARIOS DE INVERNO en 1ºB

Agrupamos as celebracións dos aniversarios por trimestres, polo tanto teremos ao longo do curso tres celebracións especiais: inverno, primavera e verán.

O martes 20 de decembro levamos a cabo a primeira FESTA, OS ANIVERSARIO DE INVERNO, onde culminaron as celebracións individuais de cada neno/a, o seu día propio cun ritual instaurado de CAIXA DE ANIVERSARIOS que consta de agasallo personalizado, puzle para simular as voltas ao sol que ten que dar a Terra arredor do Sol dende que el ou ela naceu, soplado de vela para formular previamente o seu desexo segredo.

Este trimestre cumpliron: Dani, Tomás, Marcos, Sara e Dalia.

 

RESPOSTA AO RETO PROPOSTO POLO MUSEO DE BELLAS ARTES en 1ºB

Atendendo as tres tarefas que nos propuxeron as educadoras do museo para este trimestre  dentro do proxecto que levamos en común, foron:

  • Investigación: fontes de Arzúa e a sua localización

 

  

  • Reprodución: como vemos nós o cadro de Manuel Colmeiro "Na fonte"

   

 

  • Creación : o arte da fotografía simulando as protagonistas do cadro que levan nas súas cabezas unha sella para recoller auga das fontes. cada nenos e nena representa nas súas cabezas o que máis lle gusta facer, o que máis lle preocupa, o seus soños ...

  

E agora toca agardar para o seguinte reto mentres que poñemos en común estas tarefas con infantil de 5 anos que tamén está desenvolvéndoo

SAÍDA AO CINE

Como ven sendo xa tradicional e típico a visita ao cine nestas datas, e en compañía do alumnado de 3º de primaria, os nenos e nenas de 1º de EP fomos hoxe ao cine á estrea do filme : O GATO CON BOTAS, O ÚLTIMO DESEXO.

Unha filme para traballar valores de moita índole pero sobre todo o amor ao que temos, a vivir intensamente a vida que temos en compañía dos e das que mais queremos xa que é unha, non hai outra e a amizade, un gran tesouro que fai que esta única vida que temos valga a pena.

Palabras como "molou" e sorrisos nas súas caras fannos entender que lles gustou moito e que desfrutaron do día de despedida do primeiro trimestre deste curso 2022-2023.

Unha boa maneira de rematalo aínda que nos queda mañá, unha xornada intensa chea de talleres textís, manucreativos e de cerámica! Xa vos contaremos!

Powered by Drupal - Design by artinet