1º e 2º nivel de Primaria

MINIFESTIVAL NAVIDEÑO EN PRIMEIRO B

Para rematar este trimestre o tradicional minifestival cunha curta que  parodia as DOCE CAMPANADAS para deixar atrás o 2022 e darlle unha boa benvida ao novo ano 2023:

Para a súa elaboración contamos cun elenco do mellor, 16 nenos e nenas que prepararon todo este traballo con ilusión, entrega, adicación  co guión, cos decorados e colaboración das familias co vestiario!

 

Ademais de decoracións diversas nos diferentes rincóns da aula: porta, rincón da iluminación ...

  

 

ISAAC DÍAZ PARDO, pintor, ceramista ... en 1º B

Relacionado co proxecto que estamos levando a cabo co Museo de Bellas Artes, no reto deste mes menciónase a obra de Isaac Díaz Pardo pola similitude ao que estamos traballando da obra de Manuel Colmeiro, A FONTE.

Nós non quixemos deixalo pasar e decidimos facer unha interpretación da súa obra: A rapaza que leva na súa cabeza un mundo de cousas que pode precisar na vida pero quixemos traballar sobre as nosas preocupacións, o que é imprescindible para nós, o que necesitamos para seguir vivindo...foi unha experiencia moi  intensa, cargada de tenrura e admiración: familia, miña nai, meu pai, miña irmá, as miñas aficións, a saúde dos meus, o fogar, o deporte, o fútbol, as nosas mascotas...

   

 

 

CODE WEEK EN 1º B

Este é un pequeno resumo da nosa participación en CODE WEEK, despois de pór en marcha unha serie de actividades para achegar ao noso alumnado ao mundo da programación con ordenador e sen ordenador, tal como anunciamos no mes de outubro.

Traballamos: linguaxe binario, pixel art, realidade aumentada, codificación en todos os ámbitos... seguiremos para ampliar a nosa formación neste eido e desenvolver a competencia STEAM.

 

 

Actividades co Ipad da profe: apps  e con diferentes robots como OZOBOT e BEEBOT

 

Diferentes tipos de linguaxes codificadas

 Linguaxe do abano

Unha das derradeiras actividades é HOUR OF CODE, onde a imaxe é a protagonista

 

Cada neno/nena en colaboración coas familias elaborou unha historia codificada, para pór de manifesto que non fai falta a linguaxe falada para poder contar unha historia e senón xa veredes:

 

CIENCIA LOCA EN ACCIÓN en 1ºB

Rematado novembro xa temos avanzado moito nas diferentes propostas para esta conmemoración, A CIENCIA. Achegámonos a este mundo nun ambiente de igualdade, non discriminación e sempre abertos e abertas a novas iniciativas que vaian xurdindo das pequenas cabezas pensantes do alumndado deste nivel e deste grupo, concretamente.

 

DÍA DA CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA E DO ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA, 6 de decembro

Dentro da conmemoracións a celebrar neste curso está o Día da Constitución Española e do Estatuto de Autonomía de Galicia o día 6 de decembro.

En primeiro de primaria tratamos o tema antes desta data para saber o por que dun día festivo, que non hai clase, da importancia destes dous textos, o seu significado e o seu contido:

  • A CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA, aprobada en 1978.
  • O ESTATUTO DE AUTONOMÍA, tres anos mais tarde en 1981.

 Seguiremos traballando!!!! 

CIENCIA vs TECNOLOXÍA, 30 de novembro

 Unha actividade dentro do MES DA CIENCIA é a visita á Biblioteca do IES de Arzúa, que ten unha exposición de aparatos pezas de museo.

A tecnoloxía usa o coñecemento da ciencia e a ciencia avanza  na medida en que dispón de novos avances tecnolóxicos. Conceptos tan coñecidos I+D+i deben ser ben entendidos:

  • INVESTIGACIÓN: ampliar o coñecemento científico.
  • DESENVOLVEMENTO: aplicación dos resultados obtidos para deseñar novos bens ou servizos ou para mellorar os existentes.
  • INNOVACIÓN: lanzar ao mercado algo novo, froito do deseño levado a cabo na investigación.

Disto imos aproveitar unha exposición na Biblioteca do Ies para observar unha serie de ferramentas informáticas, de ofimática e audiovisuais, que estando agora xa obsoletas e sendo xa pezas de museo, serven para que a rapazada viva en primeira persoa, toque, manipule e experimente, con tecnoloxías obsoletas qu enon hai moitos anos estaban á vangarda da ciencia: proxector de opacos, radiocasette, cintas de cassete, video VHS, máquina de escribir mecánica, filminas, diskettes... 

Foi moi interesante esta visita e toda a información que nos fixeron chegar de todos os aparatos que ali vimos: "Aparatos prehistóricos, case" dicían dada a súa curta idade.

Grazas ao profesorado que veu atendernos e facernos sentir as personas maís grandes do mundo cando alí eramos os máis pequenos.  "Sentímonos importantes e famosos" palabras textuais dalgún pequeno e "ricos" polos agasallos recibidos, e así o manifestaron ás familias ás que lles contaron o vivido.

   

 E ademais tivemos a gran sorte de facer un pouquiño de filosofía cunha frase de Isaac Newton e construir pontes ente a xustiza e a inxustiza, onde nos invitaron a participar e elaborar un corredor cun muro cheo de cousas malas e unha zona chea de sabedoría e cousas boas. Había un moucho!!!!

GRAZAS INFINITAS POR ESTA ACTIVIDADE CHEA DE SABEDORÍA!

 

NOVO RETO DO MUSEO DE BELAS ARTES DE A CORUÑA para 1ºB

QUE EMOCIÓN!!

Recibimos unha carta de Clara, Sara e Laura onde nos expoñen as tarefas a realizar para estudar a auga dende as diferentes obras do museo...Ademais imos ter un album de cromos cos cadros do museo ...cada cromo é un cadro!!!

O primeiro cromo  do noso álbum partticular é A FONTE, un cadro de Manuel Colmeiro feito arredor de 1935.

Temos  tarefas de tres tipos:

  • Investigación: fontes e localización nun mapa
  • Reprodución: como vemos nós o cadro 
  • Creación: o arte da fotografía

Xa vos iremos contando segundo vaiamos facendo!

Estamos encantados e encantadas cos estas educadoras do museo que nos ensinan tanto e nos fan medrar no mundo do ARTE!!!!

GRAZAS!!!

A PEGADA DOS PEIXES E A TÉCNICA GYOTAKU na SEMANA DA CIENCIA DE 1ºB

 Os peixes son animais vertebrados que ocupan unha gran variedade de hábitats nos ambientes acuáticos e, para adaptarse a estes ambientes, desenvolveron morfoloxicas moi diferentes. Podemos ver as súas aletas, a posición da boca ou o tamaño dos ollos…

Se temos nas nosas mans un rodaballo, unha pescada ou un cabalo mariño, xa podemos descubrir que hai peixes que son moi diferentes uns doutros, pero ... Por que son tan diferentes? Cal é o uso de cada aleta? Por que algúns teñen ollos tan pequenos e outros tan grandes? ¿Como é un peixe plano cando nace?

Para estudar esta clase  de animais partimos da observación directa por iso fixemos unha saída a peixaráia a mercar varias pezas para estudar as súas caracteríticas e aprender unha maneira moi antiga de "fotografiar as pezas" que pescaban os xaponeses.

Aletas, branquias, tipos de peixes... un sinfín de contidos referentes a estes animais acuaticos, que sen auga non poden vivir.

Logo preparamos o material necesario para levar a cabo a técnica GYOTAKU, unha técnica moi ancestral xaponesa para deixar constancia de como eran os peixes que pescaban...non había cámara de fotos!

  

 

 

 

OS MEUS NOES CONTAN en 1ºB

Ademáis do vídeo VIDA LARANXA na clase traballamos un conto OS MEUS NOES CONTAN, onde dúas chicas, SI e NON ensínannos que temos que facerlle caso ao noso eu interior dándonos un truco antes de contestar, porque non sempre é si e non sempre é non.

Se o queres escoitar ou preme no seguinte enlace ou, aplicando o aprendido nas TIC, escanea o código qr que aparece na pulsera que fixemos para pór na moneca un día como hoxe, 25 de novembro para que sean todos os día do ano sexan 25 de novembro:

 

 https://drive.google.com/file/d/1HFWi10lFojE8xgkJsGNFcfvmzy5N-Q28/view?usp=sharing

ou

 

Todo isto para conseguir un mundo, unha vida chea de cor laranxa 

 Ademais de cantar unha canción SÓ QUERO BAILAR.

 

 

NA PROCURA DUN MUNDO LARANXA, 25 novembro

25 de novembro, Día Internacional en contra da Violencia de Xénero

Os nenos e nenas de 1º B desexamos que a cor laranxa encha as nosas vidas con  paz,  igualdade,  alegría, respecto... e por iso quixemos facer este pequeno vídeo para visibilizar que a violencia non serve de nada e que podemos chegar a ser o que queiramos independentemente do xénero.

 

Powered by Drupal - Design by artinet