1º e 2º nivel de Primaria

DÍA DO MEDIO AMBIENTE, 5 de xuño

 
 
Para rendirlle unha homenaxe á Terra e destacar a importancia de fomentar o coidado do entorno nacen estas pequenas historias de nenos e nenas de segundo nivel do CEIP de Arzúa, formando parte dun obxectivo a desenvolver na procura dunha educación ambiental, entendida como unha acción permanente na toma de conciencia sobre a realidade global, do tipo das relacións que as persoas establecen entre sí e coa natureza, e dos problemas e causas que se derivan delas.
En primeiro lugar, invitámosvos á escoita desta fermosa canción de Macaco, BLUE onde dí todo o que vos queremos facer chegar:

 
 
Temos claro o planeta que queremos polo que temos e debemos seguir coidándoo, xerando valores positivos e actitudes de respecto para deixar en herdanza un planeta san.
Dentro do Programa de Enrequecemento Curricular temos MEDRANDO EN HISTORIAS, un  apartado  onde poñemos en marcha a creación literaria sobre diferentes temáticas, pero tamén sobre a nosa preocupación ambiental.
 
 Así nace A NENA CON ÁS, de nome Lúa, unha fada que adica o seu tempo a sobrevoar diferentes zonas de Galicia para vixiar que se cumplan as normas medioambientais e se é o caso intervir para solventalas.
 
Cadaquén fixo as súas aportacións tanto artísticas como literarias e seguen facendo medrar dentro de mín unha emoción indescritible de ORGULLO, pero que bos e boas son!!!!!


 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

TRABALLAMOS RELIXIÓN DESDE A CASA (VOLUNTARIO)

Un saúdo e saúde para todo o alumnado do CEIP de Arzúa e as súas familias de parte da mestra de Relixión. Aquí vos deixo a tarefa de Relixión para esta semana lembrándovos que se a considerades excesiva tedes plena liberdade para acurtala ou non realizala en función das vosas circunstancias persoais. Agradézovos enormemente o voso interese e esforzo, e deséxovos moito ánimo nesta recta final. 

Para o alumnado de Relixión de 1º e 2º esta semana propóñolles traballar "O conto da ovelliña que se perdeu", que é unha historia que contaba Xesús para ensinar que Deus ama a todas as persoas por riba de todo. Nesta proposta tedes varias actividades:

   -Ler e colorear o conto.

   -Completar unhas frases sobre o mesmo.

   -Observar un cadro que representa esta historia e contestar a unha pregunta sobre o mesmo.

FAI CLICK AQUÍ PARA VER AS ACTIVIDADES 

Tamén vos deixo un video que pon música a este mesmo conto. Espero que vos guste.

  

 

Se considerades que supón moita carga de traballo, tedes absoluta liberdade para seleccionar aquela que consideredes máis amena ou interesante. A estas alturas comprendo que os nosos nenos e as nosas nenas estean cansos.

Lembrade que o correo electrónico para enviar as vosas tarefas é relixion@arzua.net

We are about to finish! Let's go!

                          Hi girls and boys.

 

Que tal vos vai? Supoño que xa listos para pór o swimsuit (o bañador).

Xa estamos case aí para rematar. Déixovos tres opcións de tarefas a desenvolver durante as seguintes dúas semanas en 5Five Corners

 

See you soon!

ORGANIZACIÓN DO TELETRABALLO PARA ALUMNADO DE 2º NIVEL _semana do 1 ao 15 de xuño

En primeiro lugar, deixarvos o calendario semanal do ECO RETOS, a ver quen é quen de riscar todas as casiñas e conseguir superalos!!!!!

Imprime este almanaque e risca as casiñas das actividades que leves a cabo no día a día!!!

Serás un  ou unha ECOVIXÍA!!!

En segundo lugar, os dous Genially como tarefas para esta primeira quincena do mes de xuño:

  

E para poñerte a proba, despois de estudar o tema 6 de ciencias sociais, entra no seguinte:

ACTIVIDADES PARA O ALUMNADO DE PRIMEIRO CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Os mestres Javier e Noelia achegamos unha nova proposta de actividades para os nenos e nenas de primeiro de primaria.

RESULTADOS DA POSTA EN MARCHA DA CREATIVIDADE CON "UN PUÑADO DE BOTONES" NO 2º NIVEL

A semana pasada a proposta de tarefas traballaba o concepto familia en moitos sentidos. Aceptamos a proposta do Departamento de Orientación para prolongar no tempo A FAMILIA, como conxunto de persoas que convivimos, compartimos e colaboramos para medrar como persoas. 

Despois de ler o libro ou escoitar o conto nun vídeo estanme chegando diferentes propostas das miñas familias, que son un exemplo de todo o seu significado como tal.

Eu xa dixen que non ía ser capaz de levar a cabo esta actividade xa que FAMILIA para min son as 23 persoas que teño a sorte de ser a súa titora con todos os demais compoñentes que forman as súas familias ... un problema matemático de doada solución.

23 x 2 + ( diversidade de compoñentes de cada unha) = infinito

UNHA FAMILIA MOI GRANDE


AINHOA

ANTÍA

CARME

IVÁN

LUCÍA

SAMUEL

MANUEL 

JORGE

RUTH

MARIÑA

IAGO

 

 

ACTIVIDADES DE MÚSICA PARA 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Bo día nenos, nenas e familias! Aquí vos deixo unha semana máis, unha serie de actividades que espero que vos gusten.

Comezaremos escoitando un fragmento de " La mañana de Peer Gynt" de Edvard Grieg. Recoméndovos que a escoitedes dúas veces. Na segunda vez probade a adiviñar os instrumentos que soan ( podedes pechar os ollos) : frauta traveseira, oboe ou instrumentos de corda fretada como os violíns.

https://www.youtube.com/watch?v=3Gk9xfUontc

Seguimos cunha lectura rítmica. Primeiro faredes o ritmo coas sílabas rítmicas ( ta, titi ) e despois facendo palmas.

https://www.youtube.com/watch?v=X8lFOq3xpKg

Agora toca unha actividade para aprender a escribir e identificar as notas no pentagrama. Desta vez traballarase con mi,sol e la.

https://aprendomusica.com/const2/16aprendonotasnivel2/game.html

Continuamos cunha danza moi bonita e sinxela, animádevos porque seguro que o facedes moi ben. A música é de Beethoven, vos acordades de que falamos en clase deste compositor tan famoso ?

https://www.youtube.com/watch?v=Hooeo1DXX3A

Se queredes solo a música aquí tedes o enlace:

https://www.youtube.com/watch?v=2v8888lrDac

E, para rematar, aquí vos deixo unha actividade de relaxación que me pareceu moi orixinal.

https://www.youtube.com/watch?v=GVzDW8vsfUw

Unha aperta moi grande!

 

TRABALLAMOS RELIXIÓN DESDE A CASA (VOLUNTARIO)

Un saúdo e saúde para todo o alumnado do CEIP de Arzúa e as súas familias de parte da mestra de Relixión. Aquí vos deixo a tarefa de Relixión para esta semana, lembrándovos unha vez máis que queda ao voso criterio a dispoñibilidade e a viabilidade de realizalas xa que teñen un carácter voluntario. Agradecervos de todo corazón o voso enorme esforzo e mandarvos moito ánimo!

Esta semana a tarefa que vos propoño ao alumnado de Relixión de 1º e 2º é lembrar un feito moi importante na vida de Xesús como foi o seu bautismo, que tivo lugar no río Xordán, cando el xa era maior, e foi bautizado polo seu curmán Xoán Bautista (ao que chamaban así porque se adicaba a bautizar ás persoas que llo pedían).

A actividade desta semana ten dúas partes:

1-Unha breve lectura na que tedes que rodear a palabra que representa o principal símbolo do bautismo (a auga). Esta lectura vai acompañada dun debuxo para colorear no que aparecen Xoán Bautista e Xesús (e a pombiña que simboliza ao Espíritu Santo), escribe os seus nomes ao lado do seu debuxo.

2-Un cadro que representa o mesmo feito e que tedes que observar moi atentamente porque logo hai que resolver unhas preguntas sobre el.

FAI CLICK PARA VER AS ACTIVIDADES

Tamén vos deixo un video para que vexades en imaxes a historia bíblica narrada e pintada anteriormente.

 

 

Lembrade que o correo electrónico para enviar as vosas tarefas é relixion@arzua.net

Riddles and Jokes Genially! (Grades 1 and 2)

I love it! Thanks to you allGuiño

 

Interactivamente con ROOFTOPS GENIALLY REVIEW.

           Hi guys!

Déixovos no meu blog: 5Five Corners esta presentación interactiva sobre todo o dado nas unidades 1 á 3 nos libros de inglés ROOFTOPS de 1º e 2º de Primaria. Navega por ela, poderás chegar até o final?

Powered by Drupal - Design by artinet