1º e 2º nivel de Primaria

PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA PRIMEIRO CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

Os mestres Javier e Noelia achegamos novas actividades para o alumnado de 1º de primaria. Un saúdo.

A VER QUIÉN GANA MÁS PUNTOS!!!!

Para jugar en familia aprendiendo, enseñando, compartiendo, disfrutando, por equipos o

individualmente ...a ver quién  saca más puntos!!!!

Sólo necesitas un papel donde apuntarás los puntos de cada equipo o jugador/a, un lápiz y

MUUUUUUUUUUUCHAS GANAS DE DIVERTIRTE!!!

 

ORGANIZACIÓN DO TELETRABALLO PARA ALUMNADO DE 2º NIVEL _semana do 25 ao 31 de maio

Seguimos traballando o concepto de familia, e agora colaborando tamén cunha proposta do Departamento de orientación, neste traballo interactivo na aplicación GENIALLY e xogando coa familia prehistórica, que xa empezamos a traballar en semanas anteriores. Podedes tamén traballar nos libros tal como falamos, enviándome foto e sempre estou a vosa disposición!!!

Sodes o mellor equipo que me puido tocar!!!!

 

 

ACTIVIDADES DE MÚSICA PARA 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Hola nenos/as e familias!

Esta semana imos comezar cantando unha canción sobre as notas musicais para que non as esquezades pero ollo! que van moi rápido! Seguro que o facedes moi ben.

https://www.youtube.com/watch?v=NVIvM9eldmg

Agora traballaremos a intensidade do son que é calidade que nos permitir distinguir entre sons fortes e sons suaves e tamén veremos as persoas que podemos atopar nun concerto de música. Para iso, primeiro veredes o video que aparece a continuación e despois faredes unha ficha sobre o mesmo ( que está no arquivo adxunto).

Video forte piano:
https://www.youtube.com/watch?v=lUYEvCly8Fo

E, para rematar, aquí vos van dous exercicios sobre os instrumentos musicais de pequena percusión. Saberedes os seus nomes e dicir se son de metal, parche ou madeira? Seguro que si.

https://es.liveworksheets.com/worksheets/es/M%C3%BAsica/Instrumentos_de_percusi%C3%B3n/Instrumentos_de_percusi%C3%B3n_ah240941fn

https://es.liveworksheets.com/worksheets/es/M%C3%BAsica/Instrumentos_de_percusi%C3%B3n/Familias_de_percusi%C3%B3n_td46750eg

Unha aperta!!

TRABALLAMOS RELIXIÓN DESDE A CASA (VOLUNTARIO)

Un saúdo e saúde para todo o alumnado do CEIP de Arzúa e as súas familias de parte da mestra de Relixión. Aquí vos deixo unha semana máis as tarefas de Relixión e lembrade o seu carácter voluntario; ninguén mellor que vós para valorar a carga de traballo que teñen os vosos fillos e as vosas fillas e a viabilidade de levalas a cabo. Grazas polo voso esforzo e moito ánimo!

Para o alumnado de Relixión de 1º e 2º esta semana propóñolles seguir coñecendo algún feito máis relacionado con María, a nai de Xesús. Un dos episodios máis significativos da súa vida foi a "Anunciación" que lle fixo o anxo Gabriel sobre a súa maternidade.

FAI CLICK AQUÍ PARA VER AS ACTIVIDADES.

 

Lembrade que o correo electrónico para enviar as vosas tarefas é: relixion@arzua.net

HISTORIA DUN PUNTO

Dentro dunha tarefa de plástica titulada HISTORIA DUNHA MESTRA, os nenos e nenas de 2º nivel traballaremos a autoestima e o empoderamento a través do conto 'El Punto'  empregando unha  aplicación fascinante de realidade aumentada.

Comezamos a nosa titoría co traballo 'The Point' de Peter H. Reynolds. Despois, debate e reflexiona sobre a importancia de crer en ti mesmo e, máis aínda, que teñan fe.

Aquí enlace á miña video-historia:

Posteriormente, trasladámolo a un ficheiro onde cada neno/a deseñou o seu propio punto. Creatividade e expresividade nun único punto que nos representa emocionalmente.

Por fin ... Maxia !!! Usando a aplicación Quiver deunos vida.  Pero como é posible !!! 

 

 

 

 

 

 

Riddles and Jokes

Terceira semana do 21 ao 27 de maio:

 

Como xa vos comentara na entrada enterior para esta semana vos porpoño o: Reto dos JOKES (chistes) ou RIDDLES (adiviñas) (VOLUNTARIO): Vouvos a propor facer por escrito cun debuxo, cun audio ou cun vídeo a representación dun chiste ou adiviña no que se inclúa o verbo to be (ou algún dos verbos que aprendemos en inglés: can, have got, play, etc) e algún pronome persoal (I, you, she, he, it, we, you, they). Para iso irei poñendo suxestións que poderedes copiar ou adaptar, aínda que acéptanse creacións propias.

 

Isto todo e máis en 5Five Corners

Actividades dos caracois para 1º de Primaria

Na última semana que tivemos cole, recibimos herbas aromáticas e amorodos que de maneira desinteresada nos entregou unha mamá. Como podedes comprobar no blogue de Paisaxe, o 13 de marzo, o último día que tivemos cole, plantamos todo isto coa axuda dos nenos que viñeron ese día ao cole. Pero uns días despois comprobamos que as herbas aromáticas desapareceran todas menos unha. Así que desde Paisaxe e Sustentabilidade queremos propoñervos unhas actividades para que coñezades mellor a quen nos comeu as nosas herbas aromáticas. 

Día Mundial do Medio Ambiente 1º de Primaria

Desde Paisaxe e Sustentabilidade querevos propoñervos esta actividade para delebrar o día 5 de xuño o Día Mundial do Medio Ambiente. Espero que vos guste a actividade e lembrade enviar os vosos traballos os titores.

 

Powered by Drupal - Design by artinet