1º e 2º nivel de Primaria

TAREFAS 1º DE PRIMARIA PARA A SEMANA DO 27 DE ABRIL

Adxúntanse novas tarefas para a vindeira semana destinadas ao alumnado de primeiro nivel de Educación Primaria. Un saúdo.

Os mestres Javier e Noelia.

ACTIVIDADES DE MÚSICA PARA 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Bo día nenos e nenas, estades preparados para facer unhas actividades musicais? Animádevos que o ides a facer moi ben.
Comezamos cunhas lecturas rítmicas, acordádevos de facer palmas ao mesmo tempo que dicides as sílabas rítmicas:

https://www.youtube.com/watch?v=Y7zNN1o0pXA

https://www.youtube.com/watch?v=YzVbefNKVjg&list=RDY7zNN1o0pXA&index=21

Repasamos o nome das notas musicais con esta canción, tanto de forma ascendente como descendente ( esta custa un pouco máis pero seguro que o conseguides):

https://www.youtube.com/watch?v=v5XXVJKLsw0

Unha canción para mover o esqueleto:
https://www.youtube.com/watch?v=z6DoPp-LkTA

E, para rematar, unha canción para mandarvos moitos ánimos:
https://www.youtube.com/watch?v=3SC0Ze4ta9o

Unha aperta moi grande!!

UN AGASALLO DUN 23 DE ABRIL...

Un pequeno agasallo para vós, preme na imaxe e adéntrate no mundo máxico da lectura:

                   ...a través de obras propias!

 

 

 

 

OS NOSOS LIBROS PREFERIDOS VISTOS E RECREADOS A NOSA MANEIRA NO SEGUNDO NIVEL EPO

Este ano está a ser todo moi raro e diferente polo COVID19, polo que no segundo nivel decidimos celebrar esta data, O DÍA DO LIBRO dunha maneira tamén moi diferente e creativa...

Decidimos dar unha visión moi nosa, cada un/ha fixo a recreación artítica do seu libro favorito:

 

NOA

EFRÉN

UXÍA

CARME

RUTH

SAMUEL

ANTÍA

IVÁN

IAGO

NURIA

PAULA

ALDARA

JORGE

AINHOA

LEO

LUCÍA

MANUEL

MARIÑA

 

 

 

DÍA DA TERRA NO SEGUNDO NIVEL DE PRIMARIA

 

O Día da Terra é un nome dunha celebración festiva do día 22 de abril.  Esta festividade foi creada para lembrarnos a responsabilidade de coidar e protexer o planeta, xa que está sendo preocupante a acción dos humanos.

Temos o compromiso de coidala porque É A NOSA CASA!

 IVÁN

MARIÑA

NOA

  

RUTH

AINHOA

JORGE 

 

TRABALLAMOS RELIXIÓN DESDE A CASA (VOLUNTARIO)

Unha semana máis un saúdo e saúde para todo o alumnado do colexio e as súas familias de parte da mestra de Relixión. Espero e desexo que vos atopedes ben. Moito ánimo e confianza nunha progresiva mellora desta difícil situación. Xa falta menos para que os nosos nenos e nenas poidan saír outra vez aínda que só sexa un anaquiño para dar un paseo primaveral.

Precisamente o traballo que vos suxiro esta semana fala de paisaxe e de primavera. Lembrade que é unha tarefa opcional e que para nada pretendo que vos agobiedes con ela, facédea só se podedes. 

Lembrade que o correo para enviala é como sempre:relixion@arzua.net

Grazas polo voso interese e esforzo. 

Todas as persoas sabemos o importante que é o respecto, o coidado e a axuda aos demáis e á natureza. Por iso debemos evitar aqueles comportamentos que destrúen a natureza ou que perxudican ás persoas. Para os cristiáns, estas actitudes conlevan un plus de responsabilidade xa que entendemos a Creación como un regalo de Deus que se debe desfrutar, agradecer pero tamén coidar e conservar para o ben da humanidade. A beleza das flores, a inmensidade do mar, o verde dos campos, a maxestuosidade das árbores...forman paixases moi diversas pero moi fermosas que debemos gozar e protexer. Por iso vos propoño ao alumnado de Relixión de 1º e 2º facer unha especie de mural ou cadro (tamaño folio, por exemplo) con tapóns de diversas formas e cores. Para levalo a cabo, precisades:

1.Tapóns de diferentes formas e cores.

2.Cola branca, folios ou cartulinas.

3.Elixir a paisaxe ou elemento da natureza que imos representar e debuxalo.

4.Encher o debuxo pegando os tapóns.

5.Completar a paisaxe elixida con máis tapóns.

Se vedes que facelo con este material é moi complexo, por diferentes razóns, tamén é perfectamente válido recorrer ao debuxo e colorealo, ou a calquera outra técnica sinxela que se vos ocorra. Todos estos traballos serán logo incluídos no Proxecto de Paisaxe que estamos a levar a cabo no colexio. Moitas grazas por anticipado e lembrarvos que non se trata de complicarvos nin sobrecargarvos, senón que, de xeito voluntario, o que poida e cando poida faga unha aportación que será ben recibida.

 

  

IOGA... A POSTURA DO CAN!!!

E despois de practicar Educación Física, Marela recoméndanos facer un pouquiño de ioga. Esta vez vainos a ensinar a postura do can para mellorar a elasticidade así como os músculos das costas, os ombreiros e o abdome.

Mirade, mirade....

 QUE RELAXXXXX.....!! OMMMMMMMM.......!!!

PHYSICAL EDUCATION III

Como ides coas pelotas de malabares?..... ÁNIMOOOOO...xa veredes que chulis vos quedan!!!

Mentres as construídes Marela proponnos outra clase Educación Física en inglés para manternos en forma.

Preparados, listos...... a TRABALLAR!!!


ENGLISH TIME

It's English time!!!

Preme en 5Five Corners e vémonos alí.

Have a nice week!!!! 

 

Powered by Drupal - Design by artinet