Estimadas familias:
Esta semana, para traballar as linguas, achégolles, ademais dalgunhas fichas de reforzo e ampliación, dúas lecturas para seren traballadas. É recomendable que acompañen aos seus fillos na lectura, pois poderían ter algunha dificultade coa tipoloxía da letra. Deste xeito, ademais de axudarlles, conseguiremos que a lectura se convirta nunha actividade compartida. Propoño tamén algunhas actividades para as áreas de ciencias sociais e naturais.
Gustaríame poñer tamén no seu coñecemento que con data 30/03/2020 foi publicada no DOG a CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA USUARIOS DO COMEDOR ESCOLAR, da que teñen toda a información na portada da páxina web do centro.
Agradecendo a súa colaboración e agardando velos pronto, reciban un saúdo cordial.
O titor.