1º e 2º nivel de Primaria

ACTIVIDADES DE MÚSICA PARA 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Para esta semana vos propoño as seguintes actividades, estades preparados? Ánimo que xa veredes que é todo moi sinxelo.

Para repasar ta e titi, vos propoño estes videos nos cales teredes que facer os ritmos con palmas ao mesmo tempo que dicimos ta, titi e shh. Acordádevos de que o maquinista dános a pista e, neste caso, nos di que temos que organizar os vagóns en dous pulsos de negra ( 2 por 4).
Seguro que o facedes moi ben.

https://www.youtube.com/watch?v=RrX8lbttUzM

https://www.youtube.com/watch?v=FXE4c07gWA0



A seguinte actividade é un baile de México chamado " Las Chiapanecas" que está pensado para traballar o ritmo e o movemento.
Necesitaredes o pau dunha vasoira, fregona...unha culler de madeira (ou similar) e unha parella. 

https://www.youtube.com/watch?v=BRyEBqrZOpU

E, por último, unha canción para mandarvos moito ánimo:

https://www.youtube.com/watch?v=MCwYOsOCUgg


Aquí tedes o meu email por se queredes poñervos en contacto comigo : musicaceiparzua@gmail.com

Unha aperta moi grande!

MATERIAIS PRIMEIRO DE PRIMARIA

Estimadas familias dos alumnos e alumnas de primeiro de primaria:

O titor e a profesora de matemáticas e música dos seus fillos poñémonos de novo en contacto con vostedes para achegarlles a seguinte información:

 O venres 17 de abril foron publicadas pola Consellería de Eduación, Universidade e Formación Profesional as orientacións provisionais para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019/2020.

Ditas orientacións establecen que durante o terceiro trimestre os centros docentes continuarán coa atención educativa ao alumnado, desenvolvendo actividades que permitan aos alumnos e alumnas manterse incorporados á aprendizaxe continua.

Así mesmo, que os centros e o profesorado revisarán as programacións didácticas para centrar as actividades lectivas do derradeiro trimestre nas aprendizaxes e competencias imprescindibles que deberían desenvolver os alumnos e as alumnas. Estas actividades serán actividades de recuperación, repaso, reforzo e, no seu caso, ampliación das aprendizaxes anteriores.

É por isto que, á espera de novas instrucións, e co fin de evitar problemas como a sobrecarga de tarefas, propoñemos de maneira conxunta as seguintes medidas para desenvolver ao longo da semana actual:

Achéganse dous cadernos de reforzo e ampliación de aprendizaxes correspondentes ao primeiro trimestre do curso. Trátanse de actividades sinxelas globalizadas que premiten reforzar e ampliar algunhas das aprendizaxes levadas a cabo ao longo do primeiro trimestre do curso. Aconsellamos que cada familia se planifique en función da súa dispoñibilidade e sempre atendendo ao ritmo individual de cada neno/a.

En canto ás linguas, as recomendacións dos mestres son continuar coa lectura diaria seguindo as indicacións que xa lles foron transmitidas.

En canto ás matemáticas e ás ciencias sociais e naturais, aproveitar calquera situación cotiá para contar, medir, pesar, comparar, analizar, investigar, pensar… Calquera circunstancia do día a día pode ser aproveitada para o desenvolvemento das competencias relacionadas con estas áreas e para levar a cabo aprendizaxes.

No apartado principal da páxina web do centro figura a información relativa ao servizo gratuíto de impresión de material escolar posto en marcha polo Concello de Arzúa.

Lembrarlles que estamos á súa disposición. Poden contactar connosco a través dos seguintes enderezos de correo electrónico:

javierprimariarzua@gmail.com

musicaceiparzua@gmail.com

ORGANIZACIÓN DO TELETRABALLO PARA ALUMNADO DE 2º NIVEL _semana do 20 ao 24 de abril

Seguindo as instruccións da Consellería,tal como vos informei,  para esta semana do 20 ao 24 de abril a organización de actividades será a seguinte:

 

   

                                  

NOTA: Para revisar as tarefas que che faltan, axudaríache facer unha táboa de doble entrada para ir anotando as feitas. será moita más doada a súa xestión e facer todas as propostas.

 

SEMENTAR SORRISOS, unha idea dentro das nosas cabezas!

Poder ver o sorriso dun/ha neno/a é o mellor agasallo de amor, maxia e luz neste mundo.

Cando un/ha neno/a se divirte, séntese ben e sabe que é amado/a, ilumina ao resto da humanidade cun guiño á esperanza ...

Iso é o que necesitamos nestes momentos tan estranos e tan intensos, emocionalmente falando, que nos está tocando vivir...

 

noso humilde  gran de area para conseguir ese sorriso nas vosas caras:

COVID QUE TE VIN!!!

Bo día, nenos e nenas! Hoxe toca bailar e cantar para levar ben o encerro no que nos ten este COVID..! Uns/has amig@s profes fan cada ano a Convivencia de Infantil CHOLO E NELA cos coles da comarca de Valdeorras e, cada ano, compoñen unha canción para cantar tod@s xuntas. 

CHOLO E NELA "COVID QUE TE VIN"

Novo vídeo de Cholo e nela nesta época de confinamento. XOGA AQUÍ E FICA NA CASA. Esperamos que vós guste, a bailar e cantar con Cholo e Nela! 

Convivencia de Educación Infantil 2020. Escola pública de tod@s e para tod@s!"

 

MALABARES!!!

Durante estes días de vacacións, Marela aproveitou para ver o espectáculo que o  circo do Sol nos fixo chegar a través das novas tecnoloxías e decidiu que quere aprender a facer malabares con pelotas.

Buscou información para construir unhas pelotas de malabares e comezou a traballar….. Tamén podemos utilizar outras cousas como pelotas, só temos que deixar voar a imaxinación..... e buscar na casa.

 

 

 

 

 

 

Agora toca practicar...… Para iso deixounos estes vídeos......

Atréveste...??? Pincha en cada imaxe e...….a practicarrrrr!!!! 

 

 

Se queres compartir a elaboración das pelotas e os xogos de malabares, pódesme enviar as fotos ou os videos ao meu correo electrónico maritaef@gmail.com.

ANIMOOOOOOO....SEGURO QUE VOS QUEDAN MOIIII CHULAS!!!!

TRABALLAMOS RELIXIÓN DESDE A CASA (VOLUNTARIO)

Saúdo novamente as familias e a todo o alumnado,de parte da mestra de Relixión, despois deste breve paréntese vacacional, para darvos moito ánimo nesta situación que tan complicada e incerta está sendo para todos. A espera de novas instruccións aquí vos deixo novas suxestións de traballo para o alumnado que cursa esta materia e que lle sexa posible levalo a cabo. Moi agradecida polo esforzo realizado, aquí me tedes a vosa disposición no correo electrónico relixion@arzua.net e moita paciencia para afrontar esta recta final de curso. Saúde para todo o mundo. 

Para o alumnado de 1º e 2º de Relixión propóñovos realizar unha coroa de Pascua, festa esta moi importante para os cristiáns xa que nela se lembra que Xesús resucitou.

Pasos a seguir para facela:

1.Reunir os materiais necesarios:goma eva,cartulina ou folios(o que teñades pola casa), pegamento, tesoiras, cinta para facer un lazo...

2.Debuxar e decorar os ovos de Pascua.

3.Recortalos e pegalos formando unha coroa. Non esquezades o lazo. 

Feliz Pascua a todas e todos!

 

Aquí vos deixo un modelo de coroa de Pascua por se vos axuda.

CLIC AQUÍ PARA DESCARGAR

ACTIVIDADES MÚSICA 1º E 2º DE PRIMARIA

Bo día , nenos e nenas de 1º e 2º, esta semana vos propoño estas actividades:


1º) Canción sobre as notas musicais:  https://www.youtube.com/watch?time_continue=26&v=uq908HHH8WE&feature=emb_logo

2º) Canción " Escalas y arpegios" : https://www.youtube.com/watch?v=MNOxbRiDw2w

3º) Repasar a colocación das notas mi,sol, la (con clave de sol) no pentagrama (xogo interactivo):
https://aprendomusica.com/const2/16aprendonotasnivel2/aprendonotasnivel2.html

4º) Facer a ficha que aparece no arquivo adxunto. Nesta ficha tedes que escribir o nome das notas no lugar correspondente e despois colorear os debuxos.

5º) Vos atrevedes con este baile? Animádevos! https://www.youtube.com/watch?v=SH-7A3NVQbY

Unha aperta moi grande para todos e todas e moito ánimo.
 
 

ACTIVIDADES DE MATEMÁTICAS PARA 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Bo día, familias de nenos e nenas de 1º:

Achégovos nos adxuntos unhas fichas para traballar nesta semana. A maioría delas son de repaso pero servirannos para afianzar conceptos que nos permitirán avanzar na materia.
Recoméndovos que fagan tres fichas ao día, deixando as da proba de control para o final.
Un saúdo e moito ánimo.

 

INICIO DO NOVO E ÚLTIMO TRIMESTRE DE 2019-2020

 

Como  se tratase dunha película, anuciamos hoxe o terceiro capítulo dunha triloxía dun curso moi excepcional que nos tocou vivir, por estes momentos tan tremendamente raros e desoladores que nos toca vivir, e sobre todo para un/ha mestre/a.

Iniciamos este terceiro capítulo ou trimestre SEN NENOS E NENAS!

 

Para esta semana do 14 ao 17 de abril a organización de actividades será a seguinte:

 

                   -Revisar, rematar e enviar as tarefas pendentes de cada un/ha.

 -Ficha de repaso de contidos traballados en todas as áreas.

 -Xoga ao MATÉPOLIS para practicar a táboa de multiplicar.

- Aula virtual do Ceip de Arzúa

 

NOTA: Para revisar as tarefas que che faltan, axudaríache facer unha táboa de doble entrada para ir anotando as feitas. será moita más doada a súa xestión e facelas todoas as propostas

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet