1º e 2º nivel de Primaria

2 de MAIO: DÍA MUNDIAL EN CONTRA DO ACOSO ESCOLAR

Hoxe, día 2 de maio, celébrase o Día Mundial en contra do acoso escolar e os nenos e nenas do 2º nivel de EP quixemos poñer o noso gran de area, dende as nosas casas xunto coas nosas familias, neste período de confinamento polo coronavirus.

Queremos facervos chegar que ...

 

BENVIDOS E BENVIDAS AO MES DE MAIO!!!!

 

 

Se premedes nesta fermosa imaxe sobre hoxe, primeiro de maio escoitaredes un fermoso poema que nos adicou un fermosa persoa que se lembra de todos e todas nós!!!!

Pouco a pouco van chegando as impresións do nenos e nenas de 2º ao escoitar tan prezado regalo:

 

 

CICLO DA AUGA EN 2º E 4º NIVEL...TRABALLO EN FAMILIA

Acaba de chegarme un traballo de investigación dunha familia de segudo nivel, no que participan todos e todas na súa elaboración. Trátase dun traballo internivel, una alumna da nosa titoria e o seu irmán de 4º nivel!!!

        

https://gopro.com/v/62N6y3ZebXLbQ

 

NO SEGUNDO NIVEL XA TEMOS A SOLUCIÓN AO CORONAVIRUS!!!!

No segundo nivel estivemos a investigar de como eliminar radicalmente este virus que nos está facendo tan difícil as nosas vidas.

Despois de tanto investigar, unha das cientificas deste grupo deu co remedio!!!!!

A doutora Carme, despois de duras e longas xornadas de investigación, foi quen de crear a....

 

Foi moi laboriosa a tarefa dentro do seu laboratorio, pero conseguiuno!!!!

Mañá será un gran día para  a poboación mundial!!!!!

 

 

GRAZAS CARME!!!!!!

TRABALLAMOS RELIXIÓN DESDE A CASA (VOLUNTARIO)

Un saúdo e saúde para todas as familias do alumnado do CEIP de Arzúa de parte da mestra de Relixión. Parece que esta semana puidemos ver unha pequena luz ao final do túnel ao permitir a saída dos nosos nenos e nenas durante unha hora para dar un paseo. Actividade moi lonxe do que é a saída habitual das nosas pequenas e pequenos para ir ao parque e xogar cos seus amigos e amigas; pero un pequeno avance cara ao que os expertos dan en chamar a nova normalidade.

Lembrade que as actividades de Relixión teñen carácter voluntario, e que non tedes que agobiarvos por facelas; a súa realización queda supeditada á vosa dispoñibilidade. Unha aperta e ánimos renovados para afrontar a nova situación.  

Para o alumnado de Relixión de 1º e 2º propóñolles unha actividade moi sinxela esta semana "Mirar ao seu redor". Que é o máis importante que vemos? Pois si, persoas. É certo que ás veces hai xente que coida máis e mellor das súas cousas que das persoas, pero a maioría, e estos días estámolo a vivir especialmente, pon aos demáis por riba de todo. Fixádevos sobre todo nos xestos de bondade que vedes ao voso redor: na familia, na rúa(se ides dar un paseo)...De todas estas persoas que nos rodean e que fan moitas cousas polos demáis, destacan especialmente as NAIS, e esta semana suxírovos que teñamos un recordo especial para elas porque o vindeiro domingo celebraremos o Día da Nai. Desde que nacemos, elas son as nosas coidadoras, quérennos sempre dun xeito incondicional e procuran sempre a nosa felicidade, aínda que lles supoña moitas veces un gran sacrificio. Por iso, a tarefa desta semana lla imos adicar a elas para darlle as GRAZAS polo seu amor.

Vouvos a dar dúas opcións, pero vós podedes, como sempre, adaptalas ás vosas condicións e á vosa creatividade:

1.Facer unha flor con mensaxes nos seus pétalos, para expresar neles os vosos sentimentos cara as vosas mamás.

2.Imprimir ou debuxar unha flor nun testo e poñer nel algunha dedicatoria, poema ou mensaxe para as vosas nais.


Lembrade que o correo para enviar as vosas tarefas é relixion@arzua.net

 

  

My mum is fantastic!!! (And your mum too)

My mum is fantastic!!! (And your mum too)

Vémonos en 5Five Corners polo Día da Nai!

Soon we will see eachother at the school!!!

 

 

My Family Can!

ORGANIZACIÓN DO TELETRABALLO PARA ALUMNADO DE 2º NIVEL _semana do 27 ao 30 de abril

Seguindo as orientacións da Consellería e a orde no BOE, tal como vos informei,  para esta semana do 27 ao 30 de abril a organización de actividades será a seguinte:

 

 

                                

NOTA: Para revisar as tarefas que che faltan, axudaríache facer unha táboa de doble entrada para ir anotando as feitas. será moita más doada a súa xestión e facer todas as propostas.

 

IOGA... A POSTURA DO GATO!!

 

E despois da sesión de zumba...... tócanos relaxar!!!

Marela recoméndanos esta vez a postura do gato para mellorar a nosa axilidade, correxir as malas posturas e fortalecer os músculos das costas e dos brazos.

 

RECORDADE QUE DURANTE ESTA SEMANA AS ENTRADAS DE EDUCACIÓN FÍSICA NA PÁXINA WEB FARANSE EN DEPARTAMENTOS- EDUCACIÓN FÍSICA!!!

ZUMBAAAA...!!!

Esta semana comezamos con baileeeee...!!!!

Marela deixounos unha sesión de zumba para empezar con enerxíaaaaaaa......ÁNIMOOOOO

 

 

 

 A PARTIR DESTA SEMANA, AS ACTIVIDADES DE EDUCACIÓN FÍSICA COLGARÉMOLAS NA PÁXINA WEB DO CENTRO NA PARTE DE EDUCACIÓN FÍSICA.

 

Powered by Drupal - Design by artinet