Para esta semana vos propoño as seguintes actividades, estades preparados? Ánimo que xa veredes que é todo moi sinxelo.
Para repasar ta e titi, vos propoño estes videos nos cales teredes que facer os ritmos con palmas ao mesmo tempo que dicimos ta, titi e shh. Acordádevos de que o maquinista dános a pista e, neste caso, nos di que temos que organizar os vagóns en dous pulsos de negra ( 2 por 4).
Seguro que o facedes moi ben.
https://www.youtube.com/watch?v=RrX8lbttUzM
https://www.youtube.com/watch?v=FXE4c07gWA0
A seguinte actividade é un baile de México chamado " Las Chiapanecas" que está pensado para traballar o ritmo e o movemento.
Necesitaredes o pau dunha vasoira, fregona...unha culler de madeira (ou similar) e unha parella.
https://www.youtube.com/watch?v=BRyEBqrZOpU
E, por último, unha canción para mandarvos moito ánimo:
https://www.youtube.com/watch?v=MCwYOsOCUgg
Aquí tedes o meu email por se queredes poñervos en contacto comigo : musicaceiparzua@gmail.com
Unha aperta moi grande!