TRABALLAMOS RELIXIÓN DESDE A CASA (VOLUNTARIO)

Unha semana máis un saúdo e saúde para todo o alumnado do colexio e as súas familias de parte da mestra de Relixión. Espero e desexo que vos atopedes ben. Moito ánimo e confianza nunha progresiva mellora desta difícil situación. Xa falta menos para que os nosos nenos e nenas poidan saír outra vez aínda que só sexa un anaquiño para dar un paseo primaveral.

Precisamente o traballo que vos suxiro esta semana fala de paisaxe e de primavera. Lembrade que é unha tarefa opcional e que para nada pretendo que vos agobiedes con ela, facédea só se podedes. 

Lembrade que o correo para enviala é como sempre:relixion@arzua.net

Grazas polo voso interese e esforzo. 

Todas as persoas sabemos o importante que é o respecto, o coidado e a axuda aos demáis e á natureza. Por iso debemos evitar aqueles comportamentos que destrúen a natureza ou que perxudican ás persoas. Para os cristiáns, estas actitudes conlevan un plus de responsabilidade xa que entendemos a Creación como un regalo de Deus que se debe desfrutar, agradecer pero tamén coidar e conservar para o ben da humanidade. A beleza das flores, a inmensidade do mar, o verde dos campos, a maxestuosidade das árbores...forman paixases moi diversas pero moi fermosas que debemos gozar e protexer. Por iso vos propoño ao alumnado de Relixión de 1º e 2º facer unha especie de mural ou cadro (tamaño folio, por exemplo) con tapóns de diversas formas e cores. Para levalo a cabo, precisades:

1.Tapóns de diferentes formas e cores.

2.Cola branca, folios ou cartulinas.

3.Elixir a paisaxe ou elemento da natureza que imos representar e debuxalo.

4.Encher o debuxo pegando os tapóns.

5.Completar a paisaxe elixida con máis tapóns.

Se vedes que facelo con este material é moi complexo, por diferentes razóns, tamén é perfectamente válido recorrer ao debuxo e colorealo, ou a calquera outra técnica sinxela que se vos ocorra. Todos estos traballos serán logo incluídos no Proxecto de Paisaxe que estamos a levar a cabo no colexio. Moitas grazas por anticipado e lembrarvos que non se trata de complicarvos nin sobrecargarvos, senón que, de xeito voluntario, o que poida e cando poida faga unha aportación que será ben recibida.

 

  

Powered by Drupal - Design by artinet