Hola nenos/as e familias!
Esta semana imos comezar cantando unha canción sobre as notas musicais para que non as esquezades pero ollo! que van moi rápido! Seguro que o facedes moi ben.
https://www.youtube.com/watch?v=NVIvM9eldmg
Agora traballaremos a intensidade do son que é calidade que nos permitir distinguir entre sons fortes e sons suaves e tamén veremos as persoas que podemos atopar nun concerto de música. Para iso, primeiro veredes o video que aparece a continuación e despois faredes unha ficha sobre o mesmo ( que está no arquivo adxunto).
Video forte piano:
https://www.youtube.com/watch?v=lUYEvCly8Fo
E, para rematar, aquí vos van dous exercicios sobre os instrumentos musicais de pequena percusión. Saberedes os seus nomes e dicir se son de metal, parche ou madeira? Seguro que si.
https://es.liveworksheets.com/worksheets/es/M%C3%BAsica/Instrumentos_de_percusi%C3%B3n/Instrumentos_de_percusi%C3%B3n_ah240941fn
https://es.liveworksheets.com/worksheets/es/M%C3%BAsica/Instrumentos_de_percusi%C3%B3n/Familias_de_percusi%C3%B3n_td46750eg
Unha aperta!!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
FORTE- PIANO(1).pdf | 56.02 KB |