FORZA PARA ACADAR A IGUALDADE en 1º de Educación Primaria, 8 de marzo

O 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller, un día dedicado á loita pola igualdade, a participación e o empoderamento das mulleres en todos os ámbitos da sociedade.

A forza que acada un movemento de mulleres en todo o mundo transcende fronteiras e diferenzas culturais, económicas e ideolóxicas. As mulleres unidas teñen o poder de cambiar o mundo e acadar a igualdade en todos os ámbitos da sociedade e en Primeiro A e B cremos que co apoio e a forza dos homes ao mesmo tempo e o traballo en equipo conseguirán o que elas se propoñan.

 

A selección desta temática coincide co tema principal da 67ª sesión da Comisión de Condición Xurídica e Social da Muller, denominada “Innovación e cambio tecnolóxico, e educación na era dixital para acadar a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e nenas de todo o mundo”

Para este ano, preténdese recoñecer e homenaxear a aquelas nenas, mulleres e organizacións feministas que apoian os avances da tecnoloxía transformadora, así como o acceso á educación dixital que contribúan a acurtar a fenda dixital de xénero, reducindo as desigualdades sociais e económicas.

Así mesmo, esta temática pretende destacar a importancia de protexer os dereitos das mulleres e nenas nos espazos dixitais, así como xerar accións dirixidas á erradicación da violencia de xénero na rede.

Outro dos aspectos relevantes reside na incorporación á tecnoloxía das mulleres e dos colectivos tradicionalmente marxinados, promovendo a igualdade de xénero, baseada no cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030. Deste xeito, promoverase unha educación dixital e inclusiva para un futuro sostible.

Powered by Drupal - Design by artinet