Blogues

DÍA DO LIBRO 2022: VISITA DE SABELA NÚÑEZ SINGALA

O alumnado de 4º celebramos  O DÍA DO LIBRO recibindo a vista de Sabela Núñez Singala, autora de O AGASALLO DE ANYA.

Tiñamos moitas ganas de coñecela porque o libro, non só nos gustou, nos REQUETEENCANTOU.

O máis importante é que nos fíxo reflexionar, e que rabuñou nas  nosas entrañas ao comprobar que a vida de moitxs nenxs é moi difícil e que nós temos, moitísima sorte de vivir onde vivimos.

O agasallo de Anya  trata da vida dunha nena de UCRANIA. Cando lle pedimos este libro aos Reis Magos, non sabiamos que ía a haber unha guerra, pero pouco antes de comezalo a lelo estalou, así que a nosa motivación foi aínda maior.

Sabela contounos que escribiu este libro porque ela estivo alí, xa hai 10 anos e que coñeceu á rapazada que vivía nos orfanatos e que comprobou que a pesar de faltarlle moitas cousas que nós temos, eran felices.

Agora está moi preocupada por esta maldita guerra que están sufrindo.

Sabela contestou a todas as nosas preguntas e asinou e dedicou os nosos exemplares do libro.

Ao final agasallámola co lapiseiro do 50 aniversario.

 

 

Se pinchades aquí para ver o que Sabela publicou no seu blog, desta visita ao noso cole.

No seguinte vídeo poderedes ver imaxes desta visita.

 

 

DÍA DO LIBRO 2022

Onte na escola tivemos un Contacontos moi especial, O AVÓ ANXO un gran contador de historias de antes de agora e de sempre. Nada máis que coa súa PALABRA tivo durante un bo anaco de tempo concentrados na historia contada a todo o alumnado de segundo. Daba gusto observalos!

Tamén contou cousiñas da súa vida, díxo que era o avó de Aldán dun neno de 1º da nosa escola, que naceu en Lugo, que foi profe nun instituto de Pontevedra e que agora, pasa moitas temporadas en Cela-Bueu e se dedica a escribir e contar historias, algunhas delas na televisión de Galicia.

Mesmo, houbo quenda de pregunta e invitou a que lle puxeran un título a historia que contou, participaron moitos nenos e nenas e sairon cousa interesantes e el díxolles: algún destes títulos poreillo a este conto cando o escriba  no libro dedicado ao meu neto “CONTOS DO AVÓ ANXO PARA O NETO ALDÁN”

Para rematar, díxonos que buscaramos na web as súas historias e agasallou ao alumnado e as profes cunha tarxeta que traía escrito a mensaxe “FALADE MOITO GALEGO”

Podedes ver algunha foto. Foi unha boa maneira de celebrar o día do libro!

INVESTIGANDO AS BOLBORETAS

As profes xa observamos, vimos e escoitamos con moita atención os vídeos do traballo de investigación sobre as BOLBORETAS que fíxestes. Valoramos moito o voso esforzo e aprendizaxe e creamos unha película conxunta que podedes ver premendo nas  imaxes que hai a continuación. Agora, tócavos ver este traballo para darvos contas dos acertos e tamén dos erros que tivestes, coa única finalidade de  MELLORAR E APRENDER.

AS BOLBORETAS

 

 

Lexislación sobre o uso da máscara

 

CHARLA SOBRE A DIVERSIDADE SEXOXENÉRICA

 

 

 

O mércores 6 de abril, a mestra Cris agasallounos á nosa aula cunha charla supeeeer interesante na que aprendemos un montón de vocabulario novo e abrimos un pouco máis as nosas mentes!

Empezou cun xogo, repartíu en cada equipo tarxetas con distintos xéneros e cada un tiña que formar unha parella. O resultado foi que todxs fixeron as parellas cun home e unha muller, incluso as persoas que eran de cor as puxeron con outras de cor, as persoas máis grosas tamén as puxeron xuntas...o que son os esterotipos!

 

 

E así empezou, cada un comentou a elección das súas parellas e cando remataron decatáronse eles mesmos que non sempre é así. Aprendemos o significado de ser lesbianas, gais, transxénero, queer, bisexual, homosexual, heterosexual...e o máis importante que

CADAQUÉN TEN DEREITO A SER FELIZ E A NAMORARSE DAS PERSOAS!!

Tamén vimos unha curtametraxe moi bonita sobre o AMOR e un contacontos dun año que se sentía porquiño.

Preme na imaxe para poder ver o conto.

 

Pasamos dúas sesións moi divertidas chea de valores. 

 MOITAS GRAZAS CRIS! Ai canto te imos botar de menos! Xa es unha gran mestra! ;)

 

 

 

 Como despedida todo o alumnado quixo agasallarte cun pequeno vídeo, resumo de todo o que te queremos. Esperamos que vos guste. Premede na imaxe para ver o vídeo.

 

 

 

BATIDO DE AMORODO

Os trasniños de 5º de infantil estiveron degustando un delicioso batido de amorodos que fixeron eles mesmos.

Preme na imaxe para seguir todo o proceso de elaboración e degustación.

AS HORTAS ESCOLARES VAN MEDRANDO

O alumnado de 4º de infantil coida a súa horta con moito agarimo e xa empezan a ter as primeiras colleitas. Preme na imaxe.

Fixádevos ben como medran as hortalizas dos nenos/as de 6º de infantil. Premede na imaxe para velo.

Para que medren ben temos que regalas con moito coidado.

 

 

 

 

OS LARETAS FAN QUEIXO

Os nenos/as de 4º de infantil seguen traballando no seu proxecto sobre a granxa. Nesta ocasión elaboraron un riquísimo queixo fresco que todos/as probaron.

 

ENQUISAS

Estas últimas semanas o alumnado de sexto está a traballar “a enquisa” .

Seguindo as fases de elaboración, primeiro centrándonosen elixir os temas, neste caso, vinculados cos proxectos do cole (a meteoroloxía, a alimentación e a escola de hai 50 anos).

A continuación, elaboramos as enquisas para posteriormente facer o noso traballo de campo no centro da vila.

Foi unha experiencia moi enriquecedora, na que compartimos moitas e divertidas experiencias cos veciños de Bueu.

 

 

 

 

 

 

 

SAÍDA DE PRIMAVERA

Hoxe fixemos unha saída polas beiras do río Bispo. O noso obxectivo era poder contemplar a natureza, especialmente os insectos que puideramos atopar para comprobar que todo o que aprendemos nestes últimos meses sucede realmente.

Como foi un día moi primaveral conseguimos ver moitas flores e, nelas: abellas, abellóns, moscas, formigas, caracois, paxariños... e ata algunha bolboreta!!!

Ademais fomos observando as plantas e os distintos tipos que hai, pois á volta das vacacións comezaremos a aprender moitas máis cousas delas.

Foi un día estupendo!!!


Distribuir contido