Blogues

VISITA Á SALA DE EXPOSICIÓNS A FUNDACIÓN OBRA SOCIAL ABANCA E NATURNOVA.

   O pasado xoves 24 de marzo, o alumnado de 4º fixo unha saída a Vigo. Alí puideron gozar da visita ao Centro Interactivo de Educación Medioambienta de Naturnova, e da Sala de Exposicións A fundación Obra Social ABANCA, coa exposición fotográfica de título "La Palma volcán e vida".

   En NATURNOVA interactuaron cun espazo no que puideron viaxar nun simulador de submarino ao fondo da ría (nos que puxeron unhas gafas para velo en 3D), ver o sistema solar en movemento, escoitar unha tormenta, xogar coa realidade aumentada, informarse sobre os tipos de enerxías, ou coñecer máis sobre a xeoloxía, entre outras cousas. Puideron coñecer mellor o marabilloso mundo ao que pertencemos e a súa importancia para a vida.

   Na SALA DE EXPOSICIÓNS, admiraron as incribles fotografías do volcán da Palma e os seus efectos, xogaron a ser investigadores, realizando unha actividade didáctiva por grupos, e visitaron o mundo da realidade virtual cunhas gafas especiais, introducíndose de cheo na realidade vivida coa catástrofe do volcán.

 Pasaron unha mañá diferente aprendendo moitísimas cousas.

                   Que ben o pasaron!!!

 

 

           

 

           

COÑECEMOS A MARTIÑO, O CORVO MARIÑO E O PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS

 

COÑECEMOS A MARTIÑO, O CORVO MARIÑO,

 E A SÚA CASA, O PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS

Este mércores recibimos unha visita interesantísima!! Veu Ana, unha bióloga do Parque Nacional das Illas Atlánticas para presentarnos a Martiño e contarnos a súa historia!!

Ademais, tamén fixemos varios xogos e puidemos aprender unha morea de cousas que non sabiamos!!!

MARTIÑO É UN CORVO MARIÑO, denomínase así porque no mar atopa o seu alimento e na auga pasa voa parte do seu tempo. Cando lle apetece pousarse na terra faino, sobre todo nas rochas dos cantís.

O seu fogar teno nos acantilados do Parque Nacional das Illas Atlánticas, que está formado por varias illas; exactamente, o arquipélagosdas Illas Cíes, o arquipélago das Illas Ons e a Illa de Sálvora.

Alí viven tamén, xs amigxs de Martiño, outras especies animais e vexetais, que é necesario coidar.

Ana e mais xs sxs compañeirxs encárganse da súa protección  e de informar a todas as persoas que visitan as Illas do importante que é que respecten o hábitat destes seres vivos.

MOITAS GRAZAS, ANA!!! ENCANTOUNOS APRENDER CONTIGO!!!

PROXECTO BUEU PRESENTACIÓNS

 

Esta semana rematamos o noso proxecto de Bueu, coa visita de Félix Juncal e as presentacións dixitais.

Derradeira entrada sobre este proxecto tan bonito, creo que foi unha boa elección chicxs! Aprendimos moito sobre a vila de BUEU.

Despois de facer as presentacións dos animais, quixeron facer unha presentación dixital sobre todo o que aprenderon, e por suposto o fixeron xeniaaaaal!

Encántame traballar con vós e ver o motivadxs que estades en cada proxecto. SODES UNS E UNHAS CRACKS!

 

VISITA ANA ALONSO 22

 

Hoxe tivemos outra visita moi especial, menuda semana tan intensa levamos! Pois sí, hoxe foi a quenda de Ana Alonso.

Este trimestre en 3º limos o libro de Misión Tierra 5, encantounos!

Ana Alonso contounos moitas anécdotas de nena, de como empezou a escribir, que era moi tímida, que leva escrito máis de 200 libros... contestou moi amablamente a todas as nosas preguntas, mil grazas Ana!

Firmou todos os libros, incluído os dous libros que fixemos despois de ler o libro. Gustounos moito a súa visita e quen sabe, ao mellor temos algún ou algunha futura escritora! Porque o que sí xa temos é ARTISTAS!

PARABÉNS A TODXS!

DÍA DA METEOROLOXÍA

O pasado 23 de marzo celebrouse o DÍA DA METEOROLOXÍA. Este tema non é novo para nós, xa que o noso cole participa no programa METEOESCOLAS. Por iso cando nos toca, imos medir á nosa caseta meteorolóxica a temperatura, as precipitacións, a humidade... un montón de datos que nos axudan a saber como foi o tempo o día anterior.

É por isto, que dende VALORES decidimos conmemorar este día construindo un MEMORY con palabras relacionadas co tempo en galego. Primeiro o alumnado agrupouse en parellas, repartimos tarxetas en blanco, e cada parella plasmou nas mesmas unha destas palabras, acompañándoas dun bonito debuxo. 

Agardamos que vos guste!

 

CHARLA ILLAS ATLÁNTICAS

Onte tivemos unha visita moi especial, pois achegouse ata as nosas clases un exalumno do colexio: Suso Framil.

Suso é biólogo e guía do Parque Nacional Illas Atlánticas e veu falarnos da fauna e flora tan rica que temos!

Aprendemos moitísimas cousas, entre elas que as Illas Atlánticas non son só Cíes e Ons, senon tamén Sálvora e Cortegada. Ademais descubriunos que alí viven cantidade de especies protexidas polo que é moi importante respectar o seu hábitat.

Xa que estamos aprendendo tanto sobre animais este curso, Suso falounos dos que viven alí como o corvo mariño cristado, o congrio, o rodaballo, o polbo, o lagarto, a cobra de escada, a gaivota patiamarela, o mexilón, as navallas, as centolas...

Aprendemos tamén que hai bosques submariños chamados Bosques de algas, onde viven cantidade de especies, e fondos areosos onde se camuflan e protexen as fanecas bravas e outros animais mariños.

 

Reflexionamos por que non nacen árbores preto da costa e sobre a importancia das matogueiras de toxo.

Como estabamos tan interesados, Suso trouxo moitos obxectos para identificar e case descubrimos todos! Un cardo mariño, a muda dunha serpe de escada, cunhas de ourizo, centola, navalla... plumas de cormorán, de gaivota, de choco... e un obxecto moi estraño que resultou ser unha bolsa de ovos de raia!

Finalmente falounos dun insecto que andamos a investigar... A BOLBORETA! Seica nas Illas Atlánticas viven moitas especies e agasallounos cun cartel deste insecto e cun marcapáxinas para cada un.

Foi unha charla estupenda onde aprendemos moito! Grazas Suso!!!

VISITA NATURNOVA VIGO

 

Este mércores 22 fixemos a nosa primeira saída, xa que por mor da pandemia tivemos que anulala en xaneiro. Esta vez sí puido ser, partimos do noso centro en autobús ata Vigo. Alí nos separamos en dous grupos 3º A empezou por Naturnova e 3º B pola exposición na sala de arte, onde volvimos lembrar o VOLCÁN DE CUMBRE VIEJA.

Que ben o pasamos nos dous sitios, lembramos un montón de cousas sobre o Universo, sobre o Ciclo Da Auga, sobre o volcán da Palma...En fin, que temos que coidar moito este bonito planeta!

Ollade como foi a nosa mañá!

 

 

 

PROXECTO BUEU 3ª PARTE

Hoxe tivemos unha visita moi especial, o noso alcalde Félix Juncal.

Dentro do noso proxecto de Bueu, Félix visitou a nosa aula e puido ver como traballamos. Vimos unha vez máis o vídeo resumo do noso proxecto e ensinámoslle o que fixemos no mural.

 

Despois enlazando co aniversario do noso centro, un dos equipos da clase fíxolle unha bonita entrevista como exalumno na radio. Contounos algunha anécdota de cando era pequeno e como era o noso centro cando el estudaba. 

Moitas grazas polo teu tempo e vir sempre que te chamamos, un pracer coñecerte un pouquiño máis!

Marchou moi contento co seu agasallo!

 

 Este é o resultado da bonita entrevista, esperamos que vos guste!

DECORANDO MUROS...

Presentámosvos neste VÍDEO a realización da actividade: PINTANDO MUROS CON TARABELOS.

Premede na foto para poder acceder.

Agardamos que sexa do voso agrado.

DÍA DA POESÍA

O alumnado de 4º traballou, durante este segundo trimestre, un fermoso libro titulado "Olor a mar, sabor a chocolate".

Para conmemorar o día da Poesía, realizaron un recital cos poemas do texto.

Como non cabían todos nas instalacións da emisora, fixérono en tres pases:

 

O próximo venres, recibirán a  visita de Ana Alonso, autora do poemario, e de seguro que se vai sentir orgullosa de escoitalos!

 

 

Distribuir contido