Blogues

PILABOT

Durante estas últimas semanas estivemos recollendo pilas usadas na escola para concienciarnos sobre a correcta reciclaxe destes acumuladores tan tóxicos.

As profes explicáronnos por que as pilas son tan perigosas se non se reciclan correctamente e aprendemos moito con Pilabot. Ademais, o alumnado de 2ºA tivo a sorte de recibir un obradoiro sobre este tema.

Ao principio, chegaron 2 bidóns grandes á escola que iamos enchendo coas nosas caixiñas de Pilabot.

Como nos gustou tanto participar, enseguida os enchemos e tivemos que solicitar 2 máis.

O 31 de marzo, día no que remataba o concurso, achegouse ao colexio unha furgoneta cunha báscula e pesou os 4 bidóns. En total conseguimos case 340 kg!!!

Aprendemos moito con esta experiencia e estamos moi orgullosos de participar nunha actividade que axuda a protexer o noso planeta!

AXUDAMOS A PILABOT A COIDAR O PLANETA RECOLLENDO PILAS USADAS!!!!

 

AXUDAMOS A PILABOT A COIDAR O PLANETA

RECOLLENDO PILAS USADAS!!!!

 

Desde o 9 de febreiro ata finais de marzo, colaboramos con PILABOT na súa campaña de coidado medioambiental.

Tratábase de  traer da casa pilas usadas porque contaminan moitísimo e deben tirarse nun contedor especial.

 

Pouco a pouco, todxs fomos traendo; tamén a profe Cris!!!

 

Foi moi emocionante!! Colaborarmos todas as clases e chegamos a encher varios bidóns!!! A ver se hai sorte e gañamos o concurso por ser o cole que máis pilas recuperou!!! E se non gañamos, tanto ten, sentirémonos igualmente orgullosxs por poñer o noso granciño de area para coidar o noso planeta!!!

 

VISITA DE Mª VITORIA OGANDO VARCÁRCEL E ANXO GONZÁLEZ GUERRA

 

Que mellor forma de comezar este primaveral mes de abril, que recibir a vista destas dúas persoas tan importantes para a nosa lingua!

Vitoria e Anxo son a avoa e avó de Aldán, alumno de 1º de primaria do no noso cole, e aínda que ese é un título que lle fai sentir moi orgullosxs, non viñeron visitarnos por iso, senón porque son os autores da páxina web OGALEGO.EU,  que contén infinidade de recursos de LINGUA E LITERATURA GALEGA. Clicando no seguinte enlace poderedes acceder.

https://www.ogalego.eu

Ambxs colaboran, de xeito moi activo, tamén na GALIPEDIA, que é como poderedes imaxinar, a wikipedia en galego. Igualmente clicando no seguinte enlace poderedes acceder: 

https://gl.wikipedia.org/wiki/Portada

Contáronnos moitas anécdotas da súa vida, pero sobre todo nos falaron do amor pola lingua galega. Tanto Vitoria como Anxo foron mestres de galego en instiitutos de Pontevedra.

Anxo contounos, que actualmente tamén colabora no programa LUAR da TVG, facendo, precisamente de mestre.

Ao final da charla, agasallámolos co vaso conmemorativo do 50 aniversario do noso colexio.

Estas fotos recollen algún dos agradables momentos vividos este pasado venres.

 

Un auténtico pracer coñecervos!

VISITA DE VITORIA E ANXO

Este venres recibimos a visita de Vitoria Ogando Valcárcel e Anxo González Guerra, os avós de Aldán, un compañeiro de 1º. Contáronnos que foron profesores de secundaria, agora están xubilados e dedican o seu tempo libre a viaxar, ao seu neto e á súa páxina de recursos de galego en internet : ogalego.eu ou ogalego.gal.

Nesa páxina, podemos atopar múltiples recursos interesantes para axudarnos co galego: teoría e exercicios de gramática tanto para primaria coma para secundaria, xogos coma o aforcado para repasar o vocabulario, contos, adiviñas, cantigas tradicionais con letra e música...

Tamén participan na redacción da Galipedia, a wikipedia galega, e Ánxo foi o que lle fixo a entrada a Arturo Sánchez Cidrás, avó dunha compañeira nósa.

Premede no seguinte enlace para acceder á súa web: ogalego.eu

Moitas grazas pola vósa dedicación ao ensino da nosa lingua!!!

PILABOT

Comprometidos co coidado do noso planeta, o noso centro participou no concurso “PILABOT”, colaborando na campaña de recollida selectiva de pilas e acumuladores portátiles. Canto nos gusta poñer o noso gran de area!

 

 

 

 

ANA ALONSO VISITA O NOSO COLE

O pasado venres, 25 de marzo, o alumnado de cuarto, tivemos a sorte de recibir a visita de Ana Alonso. Estabamos supermotivadxs, pois, como vos contamos nunha entrada anterior, neste segundo trimestre,  estivemos lendo o libro de poemas OLOR A MAR, SABOR A CHOCOLATE.

A escritora, contounos que sempre lle gustou ler. Díxonos que a súa casa estaba chea de libros e que cando tiña, máis ou menos a nosa idade empezou a escribir poesía. Era unha nena moi tímida e escribir permitíalle desfogar todas as súas emocións. Escribía para ela, ata que un día se atreveu a presentarse a un concurso e gañou. Iso doulle seguridade en si mesma.

Ana, leunos algún dos seus poemas, pero cando se entrou que nós tamén recitabamos e que fixeramos un recital de poesía pediunos que foramos nós quen llo fixeramos a ela. 

Contestou, moi amablemente á infinidade de preguntas que lle fixemos.

Aquí queda unha galería de imaxes desta visita inesquecible.

CONCURSO "BÚSCASE A TALENTO"

GAÑADOR CONCURSO

"BÚSCASE A TALENTO"

O mércores 23 de marzo, toda a rapazada de 3ºA acompañamos a Goro, o gañador do acésit do concurso "BÚSCASE A TALENTO" ao Pazo da Diputación para recoller o seu premio.

Goro conseguiu un lote de libros para él, outro para o cole e unha representación teatral de MIGALLAS para os dous terceiros. Ademáis todos nos levamos un agasallo da Diputación.

Foi un día moi especial e estamos moi orgullosos de ti, Goro! 

Noraboa, eres un verdadeiro artista!

Se queres ver a noticia con detalles e fotos, preme AQUÍ

MURAL DE ROSALÍA DE CASTRO

MURAL DE ROSALÍA DE CASTRO

O 22 de febreiro, Esteban de Tarabelos veu a contarnos un conto de Rosalía : "Vidal o sinventura". En canto chegamos á nosa aula, comezamos a debuxar o que máis nos chamara a atención dese conto e Esteban conseguiu plasmar todas as nosas ideas no muro do patio de baloncesto. 

Por mor da choiva, tivemos que esperar uns días para poder pintalo, pero ao fin o momento chegou e foi divertidísimo pintar o muro e algunha pintura tamén caiu sobre nós! Menos mal que trouxeramos roupa vella porque algúns ata se lles caeu no pelo!

Aquí tedes o vídeo:

A que quedou xenial?! Digno dos artistas que somos!! Grazas Esteban, quédanos unha estupenda lembranza dese día!

PROXECTO METEOESCOLAS 4º B

Esta semana do 21 ao 25 de marzo de 2022, volveunos tocar a caixa meteorolóxica. Xa estivera con nós a semana do 22 ao 26 de novembro de 2021, e quixemos esperar, para facer unha comparativa entre o rexistro do tempo en outono e en primavera.

Cal foi a nosa sorpresa ao comparar os datos recollidos, que as medicións son moi similares. Agora tócanos rematar o traballo, facendo dous climogramas que o representen, tarea na que o alumnado está metido de cheo.

Como resumo podemos destacar os seguintes datos:

                                                                L         M          Me.        X           V

Do 22-26 Nov.     T. máx. ºC                    22,3     14,4     16,6       16,6      15,3

                          T. mín. ºC                       7         8,4        8,7        7          6,5

                          Humidade %                 55        54         58        70         55

                          Precipitacións ml             0          0           0          4           0

Do 21-25 Marzo.  T. máx. ºC                    23        20          16        20,1      24,7

                          T. mín. ºC                      7,7      11          10          8,3       8,3

                          Humidade %                 60         52          55        57        57

                          Precipitacións ml            0          0             4          0          0

 

Como podedes observar subiron un pouco as máximas e as mínimas, pero a chuvia foi a mesma.

Xan non se pode un fiar dos cambios das estacións!!!

 

     

ACTIVIDADES INTERESANTES DO TRIMESTRE

 

Ao longo deste trimestre, o alumnado de 5º, tamén

realizou algunhas actividades interesantes entre as

que caben destacar:

 

 *Un curso de radio no que 5ºA preparou curiosidades

sobre os temas de Ciencias que estaban traballando

na aula e 5ºB entrevistas a compañeiras e

compañeiros traballadas nas linguas.

 

 A ligazón onde se poden escoitar é:

  https://www.ivoox.com/podcast-a-voz-da-pedra-2021-2022_sq_f11395637_1.html

 

 

 

 

*Volvemos recoller a testemuña da caseta

meteorolóxica que nos pasaron os sextos e que

rematamos o venres 4 de marzo.

Dela falaremos noutra entrada, xa que, o número de

fotos e o tempo de realización do blog é moi limitado.

 

                Un saudo de Montse e Silvia,

 

                                                    Vémonos axiña!

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido