Blogues

ENTROIDO

Chegou o entroido no cole da Pedra.

Gozamos dun día de festa moi especial, onde puidemos xuntarnos todos no patio e ver os desfiles dos diferentes cursos, ben introducidos e guiados no acto polo alumnado de 6ºB,  que preparou uns versos moi simpáticos para amenizar a nosa entroidada.

Rematamos danzando e cantando todos xuntos "O son de Bueu".

 

 

 

 

 

 

 

OBRADOIRO DE RADIO 4ºB

CONMEMORACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O mércores pasado, celebrouse o día de Rosalía de Castro. Por primeira vez este ano, e despois de 185 anos do seu nacemento, cambiou a data do 24 de febreiro, despois da investigación da filóloga Sagrario Abelleira, que averiguou, que a escritora naceu o 23 de febreiro e non o 24 como ata o de agora pensábamos.

Os días previos a data sinalada estivemos facendo diferentes actividades, e aprendendo moitos datos sobre a súa biografía e os seus libros.

Tivemos a sorte de contar coa visita ao colexio de Esteban, de Tarabelos, que co seu monociclo e o seu kamisibai, amenizounos a xornada, contándonos un relato do libro "Cantares Gallegos", "Vidal o Sinventura". Ademais propúxonos facer debuxos na aula, relacionados co conto, para que o 9 de marzo, podamos pintalos no muro do patio do colexio, e que quede reflexada a arte tan grande que posúe o noso alumnado. 

Ademais cantamos o poema de "Has de cantar", da adaptación de Uxía, incluído no disco de "Rosalía Pequeniña", que fomos aprendendo os días anteriores. No seguinte video podedes ver imaxes que mostran o ben que o pasamos conmemorando a nosa escritora Rosalía de Castro!!!

 

 

       

 

ROSALÍA/22

 

Co gallo do nacemento de Rosalía, o 23 de febreiro festexamos o aniversario da escritora galega máis universal. Este é o primeiro ano que se celebra un 23 de febreiro e non o 24, xa que se descoñecía o día exacto ata agora.

O 22 de febreiro recibimos un contacontos, ESTEBAN de TARABELOS....e que nos veu contar?

Un conto de CANTARES GALLEGOS!

 

 

 

Máis tarde nas aulas, debuxamos o conto de Vidal; chourizos, unha aldea, o río Sar, Vidal, caldo, galiñas, porquiños...porque con estos debuxos Esteban algo está argallando para o noso patio. 

CONTINUARÁ...!

ENTROIDO 2022

 

E POR FIN CHEGOU O ENTROIDOOOO!!!!

O venres 25 de febreiro festexamos o entroido no noso centro. Despois de toda a semana do Mandadiño, o venres despois do recreo volvemos a xuntarnos todo o alumnado no noso patio e fixemos un pouquiño de festa. Cada curso desfilou e cantamos a canción SON DE BUEU.

 

 

ENTROIDO 2022

O Mandadiño, foi indicándonos como tiñamos que vir cada día.

Nestas imaxes poderedes ver como  cumprimos. 

O martes viñemos das nosas casas cos pixamas, as zapatillas e as batas. 

Vestímonos de negro, o mércores para colocarnos a coroa de Rosalía e así conmemorar tamén o aniversario do nosa galega máis ilustre.

O xoves, tocounos vir de mascalleiros, así que todxs recurrimos a roupa vella das nosas nais ou de de nosos pais.

E por fin chegou o venres. Festa rachada. Cada quen elixiu o disfrace que quixo.

Este ano, non se puido organizar o gran pasarrúas que faciamos sempre polas rúas de Bueu. Porén  pasámolo moi ben no patio facendo desfiles por aulas. Neste vídeo poderedes comprobalo.

 

 

SEMANA DE ENTROIDO!!!

E ADEMAIS, CHEGOU O ENTROIDO!!!

Menuda semana...!!! Isto é un non parar...!!!

Cada día, á hora da saída, consultabamos no panel da entrada, o “Mandadiño” coas instrucións para nos disfrazar a mañá seguinte:

O martes, tivemos que disfrazar cabeza e pés.

 O mércores, todxs en pixama!!!

 O xoves, todxs de “mascalleirxs”.

 O venres, do que a cadquén lle petase!!!!

Neses días, pintamos antifaces na clase e despois da merenda, cantabamos cada día “Son de Bueu”, da comparsa “VOU NUN BOU”.

Ademais, o venres, como remate da festa, merendamos “larpeiradas de Entroido” e despois do recreo, fixemos unha festa no patio dxs maiores con música e desfile incluídos!!!

CANTO NOS GUSTA O ENTROIDO...!!!

 

DÍA DE ROSALÍA

Na data de nacemento da nosa Rosalía, o 23 de febreiro, festexámola a ela e o seu legado na nosa cultura e literatura.

Como coincidiu coa semana do entroido, este día viñemos cunha vestimenda moi “rosaliana”, elexindo algúns dos seus versos que máis nos gustan e chegan á alma.

 

 

DÍA DE ROSALÍA

Esta semana na escola, metidos xa no Entroido, o alumnado de 2º non descoidou a obriga e responsabilidade de SABER MÁIS de ROSALÍA. Para celebrar o seu día realizaron diversas e interesantes actividades: 

  • Aprenderon máis cousas de Rosalía resolvendo Genially na aula de informática.
  • Debuxaron a caricatura de Rosalía que mesmo lle serviu para disfrazarse o día 23.
  • Memorizaron o poema "Adiós Ríos, Adíós Fontes" e graváronno na radio “A VOZ DA PEDRA”.
  • Aprenderon con L de Signos a primeira estrofa do poema.
  • E, para rematar, o día 23 gozaron na biblioteca dun contaconto a cargo de TARABELOS. A historia que contou trataba da vida das persoas as que Rosalía lles dedicou os seus poemas. Comprenderon o importante que foi Rosalía como poeta, muller e persoa porque fai máis de 150 anos xa defendía nos seus escritos a igualdade entre o home e a muller e entre os pobres e ricos.

Gustoulles moito o contacontos e estiveron moi atentos, SORPRESA! Esta actividade terá unha segunda parte que pouco a pouco descubrirán…

Aquí gravando na radio.

Gravando na radio

Escoitade os podcasts "RECITANDO A ROSALÍA" gravado na radio "A voz da Pedra"

 

Premede nas imaxes para ver os vídeos "Recitando a Rosalía"2ºA

 

2ºB

2ºC

 

 

Nestas fotos podedes ver o atentos e interesados que estaban nas historias que relataba o contacontos TARABELOS, ademais do noso bonito disfraz de ROSALÍA.

                 

 

 

 

 

 

23 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA

23 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA;

VALENTE DEFENSORA DA LINGUA E DA IGUALDADE!!

Este non foi un día calquera...!!! Cómprense moitísimos anos do nacemento da escritora máis importante da nosa lingua!!!

Ao longo da semana pasada estivemos a traballar para coñecer a súa vida e algúns dos poemas que escibiu. Cantamos un deles(”ADIÓS, RÍOS; ADIÓS FONTES”), fixemos unhas coroas co seu retratoe tamén o debuxamos . A ver se vos gustan!!!

 

 

Rosalía de Castro  non só foi a primeira persoa en atreverse a publicar un libro enteiramente escrito en galego; ademais, tamén se atreveu a defender o papel das mulleres na sociedade e na vida cultural!!

Este libro titulado CANTARES GALLEGOS foi publicado o 17 de maio de 1863 e por iso, cada ano, ao chegar esa data festexamos O DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

Para celebrar este acontecemento tan especial, recibimos no Bibliocastelo unha visita do máis sorprendente!!!

 

Esteban, Acuña, da Compañía de Títeres Tarabelos, apareceu montado nun monociclo a contarnos un conto que escribiu Rosalía de Castro e que publicou en 1863 no seu libro CANTARES GALLEGOS.

 Este conto titúlase “VIDAL, O SEN VENTURA” e narra a historia dun home moi pobre.

Os veciñxs non se portaban nada ben con el. Cando ía pedir algo de comer ás súas casas non lle daban máis que os restos de caldo podre que xa só servían para lles dar aos animais.

 Un día, sucedeu algo inesperado que cambiou a súa vida para sempre e Vidal deulles unha lección a todxs.

 

Non coñeciamos este conto de Rosalía e encantounos!! Unha historia moi interesante...!! Aprendemos cousas que non sabiamos, cantamos, seguimos o compás da pandeireta... pasámolo xenial!!

A semana vindeira,  Esteban ha volver ao noso cole para que pintemos un mural na parede do patio cunha composición que el vai preparar a partir dos debuxos que fixemos na clase sobre esta historia de “VIDAL, O SEN VENTURA”.

 Vai ser unha experiencia inesquecible!!!!!

 

 

Distribuir contido