Blogues

APRENDEMOS A CIRCULAR CO PROFE JOSÉ ÁNGEL E A PROFE GORETTI!!

 APRENDEMOS A CIRCULAR

CO PROFE JOSÉ ÁNGEL E A PROFE GORETTI!!

Vaia revolución houbo hoxe no  patio do cole!!

Xs profes pedíronnos que trouxésemos os patinetes e mais os cascos da casa e o profe José Ángel e máis a profe Goretti montáronnos un circuíto de Educación Viaria no patio do colexio para ensinarnos a circular cando vaiamos co noso patinete ou coa nosa bici polas rúas de verdade!!

Aprendemos o significado dalgúns sinais de tráfico, a estender a man esquerda ou dereita para indicar se imos virar cara un lado, como se puxésemos o intermitente, e advertir así a os vehículos que puidesen ir detrás de nós.;  a diferenciar un “CEDA O PASO” dun “STOP”; a para nos pasos de peóns e nos semáforos...

PERO, SOBRE TODO, PASAMOS UNHA XORNADA DIVERTIDÍSIMA!!!

QUE BEN O PASAMOS!!!!!!

MOITAS GRAZAS,

JOSÉ ÁNGEL E GORETTI!!!

 

OS ANIMAIS NA RADIO

 

O alumnado de 3ºA no segundo trimestre fixeron unhas presentacións dixitais sobre os animais. Durante este trimestre foron á radio a gravalas. 

Escoitade o ben que o fixeron e o ben que o pasaron!

 

 

 

 

 

O PROFE ARTURO EXPLICOUNOS COMO ERAN AS ESCOLAS DE ANTES

 

COÑECEMOS O PROFE ARTURO, UN MESTRE SABIO QUE NOS  EXPLICOU COMO ERAN AS ESCOLAS DE ANTES!!

Mércores, 8 de xuño.

Esta mañá coñecemos a Arturo, un mestre sabio, que impartiu clases no noso cole durante moitos anos e coñece moi moi ben a historia da nosa escola.

 Coincidindo co quincuaxésimo aniversario do noso cole, veunos explicar como eran as primeiras escolas que houbo en Bueu.

Contounos unha chea de cusriosidades!! En lugar de haber un único edificio con aulas, había unha morea delas repartidas en diferentes casas das parroquias ( en Bueu, en Cela, en Beluso...). Non había cuartos de baño!! Tiñan que usar a corte dos animais; que habitualmente, estaban no andar de abaixo!!  apenas había libros, para facer as tarefas da escola, xs cativos usaban pizarríns e o  no pouco papel do que se dispoñía, escribíase con pluma!!

 As nenas e os nenos estudaban por separado e mesmo lles ensinaban cousas distintas!! A eles, matemáticas, ciencias e tecnoloxía; e a elas,  a coser, a bordar..QUE INXUSTO!!

Aló polos anos 70, cando se construíu o noso cole, construíron tamén o de Cela e mais o de Beluso e as cousas foron comezando a mellorar. Xa se mesturaban xs nenxs. Había moitísimxs alumnxs; eran case 1000!!! Pero, a biblio non semparecía en nada ao noso Bibliocastelo e os patios, tampouco!!

Hai que ver canto cambiou a escola e canto melloramos...!! Está ben sabelo!! Así, aprenderemos a coidar máis o que temos!!

 MOITAS GRAZAS, PROFE ARTURO

POR ENSINARNOS TANTAS COUSAS!!

 

VISITAMOS O MUSEO MASSÓ

VISITAMOS O MUSEO MASSÓ

Este luns, 6 de xuño, visitamos o Museo Massó.! Preparáronnos dous obradoiros interesantísimos!!:

·     “OS TESOUROS DO GALEÓN AFUNDIDO”

·     “XULIO VERNE NA SALA DA NAVEGACIÓN”

Ambos estaban relacionados co que aprendemos no noso proxecto do libro das 10 GATIÑAS VIAXEIRAS de EVA MEJUTO!!

Historias do fondo do mar, en submarinos que aínda non existían, como o do CAPITÁN NEMO...

Xs arqueólogxs do Museo explicáronos en que consiste o seu traballo; o complexo e delicado que debe ser; aínda máis cando fai nos fondos mariños. Ensináronnos un escafandro auténtico co que hai máis de 100 anos os mergulladores “camiñaban baixo as augas”....

Sorprendéronnos cunha chea de segredos sobre as viaxes que desde as Américas facían os galeóns do reino de Castela.

Relatos verdadeiros de tesouros, corsarios ( que non piratas!! ) e batallas navais como a de Rande, acontecida en 1702, na ría de Vigo.

Ensináronnos como eran por dentro, aqueles enormes barcos! Tamén nos explicaron que a raíña de Inglaterra contratara os corsarios para que abordasen os navíos españois porque este era o único país que tiña derito a comerciar coas Américas.

Ademais, amosáronnos na SALA NOBRE algúns dos tesouros do museo: mapas, instrumentos de navegación  e armas antiquísimos, maquetas de barcos...

Ah!! E tamén xogamos a descubrir obxectos agochados!!

MOITÍSIMAS GRAZAS!!!

ENCANTOUNOS A VISITA!!!

DÍAS DE CLASE

Durante este curso no que estamos de aniversario no colexio, aproveitamos para ler un libro de Daniel Nesquens escrito en lingua castelá chamado DÍAS DE CLASE. Neste libro, o alumnado dunha aula de primaria conta anécdotas, historias divertidas á vez que realiza descrición de cada un deles. 

Ao alumnado da nosa escola gustoulle este libro que lle fixo sorprenderse, rir, e pasar ratos divertidos á vez que aprenderon a narrar as súas anécdotas e descricións.

Para rematar debuxaron as portadas dos libros ao seu xeito. Quedáronlle moi chulas!

Despois de ler o libro, recibimos a visita dos exmestres e mestras: Elena, Mabel e Ginés. Podedes atopar máis información premendo neste ENLACE.

PROXECTO ACTIVIDADES PRODUTIVAS 3ºB

 

O derradeiro proxecto deste curso en ciencias sociais foi

AS ACTIVIDADES PRODUTIVAS.

Traballamos técnicas de estudo, realizando esquemas e seleccionando a información máis relevante, como sempre a través de lecturas e vídeos.

Cada parella escolleu unha empresa galega, COREN, CITROEN, ADEGA AQUITANIA, ROSA DE LOS VIENTOS, CELULOSAS, FÁBRICA DE MOBLES GARCÍA LORENZO e ESTRELLA GALICIA entre outras. Indagaron sobre o número de traballadores e a súa ubicación. Traballamos o vocabulario novo de importación e exportación dos produtos elaborados. Varias parellas non atoparon a información en internet e chamaron por teléfono para facerlles unha pequena entrevista sobre os datos que lles faltaban. Todos resposderon moi amablemente as súas preguntas. Foi moi divertido para eles poñerse en contacto coa súa empresa.

 Con toda a información recollida dos tres sectores, fixeron un power point, pero esta vez moito máis completo, así traballamos as TIC, tan importantes hoxe en día.

Este foi o resultado, cada vez o pasan mellor facendo estes traballos. Están super motivadxs!

PARABÉNS CRACKS!! 

Esta semana hai varias parellas que voluntariamente queren ir a expoñer a outras aulas. É fantástico afianzar o aprendido e mostrar todo o que aprenderon. Parabéns porque o facedes moi moi ben!!

 

 

 

REMATOU MAIO, MES DAS LETRAS GALEGAS!

Dedicamos todo o mes a coñecer quen foi, como viviu e que escribiu o autor homenaxeado o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, FLORENCIO MANUEL DELGADO GURRIARÁN.

Investigamos na aula sobre a súa vida, fixemos actividades, vimos vídeos; lemos poemas, un dos cales recitamos no acto de celebración que festexamos no patio con todas as clases; fixemos debuxos para a elaboración do mural do recibidor do cole e participamos no concurso

“QUE SABES DE FLORENCIO MANUEL DELGADO GURRIARÁN?”

 

E fixémolo moi ben!, porque cada semana respondemos acertadamente a pregunta que aparecía na entrada da escola e fixádevos nos resultados dxs gañadorxs:

1ª PREGUNTA: “”Quen será homenaxeadx este ano o Día das Letras Galegas?”

Gañadora: Laura Vilas Chantada, 1º B.

2ª PREGUNTA: “ Cando e onde naceu Florencio Manuel Delgado Gurriarán?”

Gañadora: Iria Malvido Piñeiro, 1º A.

3ª PREGUNTA: “Escribe o título de dous librosescritos por Florencio Manuel Delgado Gurriarán.”

Gañadora: Lucía Fiel Sequeiros, 1º A.

4ª PREGUNTA: “Como se chamaba o barco no que marchou para México?”

Gañadora: Claudia Vidal Cabanelas, 1º B.

Encantounos participar en todas estas actividades, coas que aprendemos canto amaba a nosa terra e a nosa lingua este escritor  que, tristemente, tivo que pasa a maior parte da súa vida lonxe de Galicia.

O TEMPO EN 5º INFANTIL

Deixamos aquí unha mostra do traballo sobre meteoescolas que fixemos este curso nas aulas de 4 anos.

Cada día rexistramos o tempo atmosférico no noso calendario e ao rematar o mes analizamos os datos recollidos. Desta forma practicamos tamén o conteo e a numeración.

Foi unha actividade moi enriquecedora!

A ESCOLA PÚBLICA EN BUEU. CHARLA DE ARTURO SÁNCHEZ CIDRÁS

Este blog fíxose eco durante  este curso de todas as actividades desenvolvidas arredor do 50 aniversario do nosos colexio.

 

Pero, como todo na vida, o mellor déixase para o final. Este martes, 31 de maio, O MESTRE DE MESTRES, Arturo Sánchez Cidrás, veu ao noso cole para transmitirnos o froito dunha rigorosa investigación sobre a escola pública en Bueu.

Esta investigación pronto verá a luz de forma gráfica grazas á publicación dun libro, do que amosamos imaxe da portada en primicia (co permiso do autor).

Estamos desexando poder lelo!

 

Imos tratar de facer un resumo da charla. Arturo contounos que antes de edificarse os colexios A Pedra de Bueu, Montemogos de Beluso e  Torre de Cela, a nosa vila estaba chea de pequenas escolas, nas que adoitaban estar separados os nenos das nenas.

 

Explicounos, por exemplo,  que non tiñan aseos e que se o alumnado tiña que facer a súas necesidades, ían de campo, aínda que as modernas xa poesían uns baños como os que está na foto.

Relatou que non tiñan cadernos porque o papel era moi caro, así que usaban pizarras na que se escribían cun pizarrín.  Máis tarde empezouse a escribir en papel con lapis de carbón ou con tinta e tinteiros, para o que eran imprescindibles as plumas de ganso. 

 

Arturo falounos da miseria na que se vivía e que, moitxs nenxs, non podían ir a escola porque tiñan que traballar. A maioría  ían descalzos. As escolas estaban ateigadas de rapazada de todas idades. Nunha escola podía haber máis de 100 alumnxs, que eran atendixs por un só mestre ou mestra. 

 O profesorado estaba moi mal pagado, e as mulleres cobraban moito menos que os homes. A educación que recibían as nenas tamén era diferente á dos nenos.

Non había vacacións. Había escola todos os días, os domingos ían as persoas adultas. Co tempo empezouse a descansar os xoves pola tarde.

Fíxonos concienciar da sorte que temos de ter a escola que temos.

Non temos palabras para agradecerche Arturo que compartas os teus coñecementos con nós! E sobre todo que o fagas con tanta amabilidade.

Debes saber que medramos xuntos e moi ben Na Pedra grazas en gran parte a ti!

QUERÉMOSTE MOITO!

 

 

 

 

OBSERVANDO O CEO EN PRIMAVERA

Durante os meses de abril e maio, ao alumnado de 2º tocoulle recoller de novo os datos da estación meteorolóxica e anotalos no rexistro diario da escola. Para completar esta actividade, o profesorado invitou ás familias a observar o ceo de primavera e tratar de inmortalizar algúns dos fenómenos que se producían.

Posteriormente, nas aulas, clasificamos esas imaxes segundo os fenómenos observados. Con toda a información recollida creamos un VÍDEO que podedes ver premendo nesta imaxe:

Gozade do ceo de Bueu!

Distribuir contido