Blogues

Presentación de traballos!

Despois da procura, análise e organización da información, chegamos á fase de exposición. Temos uns magníficos presentadores e presentadoras.

Alimentos, método científico e experimentos!

Os alimentos non deixan de sorprendernos, pois sempre se pode coñecer máis información dende outro punto de vista. A argumentación e o uso de probas baseadas na observación son aspectos fundamentais do método científico.

Obradoiros do Parque Nacional das Illas Atlánticas

Desde o punto de vista da ecoloxía e coa finalidade de conservar o medio natural e a biodiversidade, participamos nun obradoiro sobre as Illas Atlánticas.

OBRADOIROS DE NADAL

E coa chegada do frío tamén chega o NADAL, tempo de descanso e celebracións. Aínda que antes de irnos uns días de vacacións, como tódolos anos realizamos os OBRADOIROS de Nadal para poñer fin a este primer trimestre do curso. Foron catro obradoiros en total por ciclo e no ximnasio realizamos o de MOVEMENTO, cunha pita con toques navideños acompañado con música de panxoliñas. Felices festas e a descansar para volver coas pilas cargas. BO NADAL

 

NADAL 2023

Este mural que preside a entrada do noso cole é tamén  a postal coa que felicitamos á comunidade escolar. Como vén acontecendo dende hai anos, hai un anaquiño de todas as aulas do centro. Está presidido polo lema de Nadal gañador.

“GAÑES OU PERDAS,

ESTE NADAL,

DÁLLE UNHA APERTA

AO TEU RIVAL”

Parabéns a Emma de 6ºB!

Este outro mural está feito tamén polo equipo plurilingüe.

O día 21 de ecembro, último día do cole, foi un día moi especial porque fixemos os tradicionais obradoiros de Nadal.

PASÁMOLO XENIAL!

No seguinte vídeo podedes ver fotos dos obradoiros e do amigo invisible.

 

 

 

 

Neste vídeo hai momentos divertidos vividos co noso querido Mago Ramón. Aproveitamos para darlle as GRAZAS E A NOSA INCONDICIONAL ADMIRACIÓN.

FESTIVAL DE NADAL 2023

Aquí tendes o Festival de Nadal celebrado nos últimos días de clase. Despois do traballo musical de todo o trimestre, este foi o resultado final. Grazas á profe Elsa pola organización, e ás demais persoas que participaron.

Agardamos que vos guste!!!

 

 

PROXECTO CORPO HUMANO

 

Durante este primeiro trimestre en 4º estivemos realizando un proxecto sobre O Corpo Humano. Tras realizar varias actividades de búsqueda de información, vídeos, montamos un esquelete cos ósos, músculos, traballamos os diferentes aparellos e rematamos traballando por equipos ou parellas sobre os Sentidos. O resultado foi moi positivo e ao rematar quixeron expoñer en diferentes aulas o aprendido.

 

Este é o produto final dos traballos nas aulas, esperamos que vos guste.

 

Por outra banda algúns dos nenos e nenas quixeron gravar de forma voluntaria estes pequenos vídeos para publicar. Parabéns a todos e todas porque o facedes xenial!

 

Á volta do Nadal, iremos á radio a gravar as curiosidades aprendidas neste proxecto. Pero agora é tempo de descansar e gozar da familia e amigos.

 

FELICES FESTAS A TODXS E BO NADAL!

 

PANXOLIÑA EN LSE

Ao longo destes últimos días de clase, a nosa intérprete, Rosa, gravou un videoclip en LSE co alumnado de 4º. Estou segura de que coñecedes esta divertida panxoliña... "Volver a casa por Nadal". 

Agardamos que vos guste o resultado!!

 

FESTIVAL DE NADAL

Este mércores celebramoso festival de Nadal do noso cole.

Coa profe Elsa ensaiamos o Himno da Alegría e unha panxoliña coa música de OBLADI- OBLADÁ dos Beatles. Estabamos moi nerviosas e nerviosos pero pagou a pena. Cremos que nos saiu moi ben. 

 O mellor de todo e que o pasamos xenial, actuando e vendo como o facía  o resto das clases do cole.

Clicade nas imaxes para vernos.

 

 

GUÍAS DE LECTURA EN GALEGO

Por fin chegaron!

Como cada ano os Equipos de Dinamización lingüística do Morrazo xúntanse para buscar as novidades publicadas en galego. Sabemos que é un traballo duro e que o fan con todo o seu amor polas crianzas e polo noso idioma.Dende este blog queremos mostrarlle o noso agradecemento.

Estas guías convértense nun perfecto agasallo para que nos traia O Apalpador, Papá Noel ou os Reis Magos.

Clicade na imaxe para ver o que nos aconsellan en primaria.

Distribuir contido