Blogues

Plan xeral de atención á diversidade

De acordo coa orde do 8 de setembro de 2021, pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, é un documento que pon en valor a autonomía de cada centro docente e o seu compromiso coa atención a cada unha das súas alumnas e a cada un dos seus alumnos, no seu propio contexto e dentro dos principios de calidade, equidade e inclusión.

Pódese consultar no seguinte adxunto.

Plan Dixital

De acordo coa Resolución do 3 de setembro do 2021, da Secretaría xeneral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación del Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022, o Plan Dixital será aprobado pola dirección do centro unha vez oído o claustroe será elevado como informe ao Consello Social.

Podes consultar o Plan Dixital na seguinte ligazón.

Plan Dixital 23-24

Plan de Convivencia

O Plan de Convivencia recolle a situación actual de convivencia do Centro. Este documento propociona obxectivos, actuacións para mellorar a convivencia, normas, condutas e medidas de corrección...

Pódese consultar no seguinte adxunto.

 

Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia do centro

Nas Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia do centro (NOFC) recollénse aspectos relacionados coa estrutura organizativa do centro, normas de funcionamento e coordinación dos órganos, o plan de convivencias, plan de acollida, dereitos e deberes...

Pódense consultar no seguinte adxunto.

 

Proxecto Educativo

O noso Proxecto Educativo (PE) é un documento que define a personalidade, marca os principios de identidade do centro e recolle as decisións asumidas pola Comunidade Educativa con respecto a aspectos educativos básicos e principios xerais para a organización e xestión do centro escolar.

Pódese consultar no seguinte adxunto.

 

RECITANDO A ROSALÍA

Para conmemorar o día de Rosalía de Castro, entre outras actividades, o alumnado de 4º foi á radio a gravar dous dos seus poemas. Primeiramente, practicamos a lectura e entoación dos mesmos na aula, para despois recitalos ante xs compis de todo o cole o día da celebración. 

Agardamos que vos guste o resultado!!

 

 

O tempo en febreiro

Durante este mes de febreiro, o alumnado de 2º foi o encargado de observar o tempo.

As nosas tarefas foron:

- Revisar a primeira hora da mañá a caseta meteorolóxica para ver as temperaturas máximas e mínimas, o pluviómetro para ver as precipitacións, o barómetro para ver a presión do aire, o higrómetro para ver a humidade ambiental.

- Observar a herba por se hai orballo e comprobar a dirección do vento.

- Ter en conta calquera outro meteoro: néboa, calixe, sarabia, treboada...

A continuación rexistramos todos eses datos no corredor do Bibliocastelo, na sección de Meteoescolas.

Ademais, na aula, realizamos un rexistro das luadas do mes de febreiro, observando a lúa diariamente.

Gustounos moito ser os encargados do tempo e estamos desexando que chegue maio para volver a ser Meteorólogos e Meteorólogas!

SÓ É PUBLICIDADE?

Esta semana o alumnado de sexto participou nun obradoiro sobre a publicidade. Algo que pode pasar desapercibido, pero que é máis importante do que ás veces pensamos.

Dando nova vida aos residuos

Hoxe veu visitarnos Manolo, de PONTE A ZERO, para concienciarnos sobre a importancia das 3 R: Reducir, Reutilizar e Reciclar.

Deunos ideas dalgunhas actividades que podemos realizar na nosa casa con material reutilizable como poden ser un teléfono con dous botes de plástico e un fío, decoracións de polispán para o Nadal ou calquera festividade, un amplificador de volume para o móbil…

Despois, realizamos unha manualidade con caixas de galletas e un par de gomas. Unha maneira moi divertida de dar nova vida a eses materiais que se ían a desbotar, iso si, cada un no seu contedor para reciclar.

 

Distribuir contido