Blogues
Plan xeral de atención á diversidade
Enviado por Jose Antonio Malvido o Lun, 04/03/2024 - 23:33De acordo coa orde do 8 de setembro de 2021, pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, é un documento que pon en valor a autonomía de cada centro docente e o seu compromiso coa atención a cada unha das súas alumnas e a cada un dos seus alumnos, no seu propio contexto e dentro dos principios de calidade, equidade e inclusión.
Pódese consultar no seguinte adxunto.
Plan Dixital
Enviado por Jose Antonio Malvido o Lun, 04/03/2024 - 23:14De acordo coa Resolución do 3 de setembro do 2021, da Secretaría xeneral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación del Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022, o Plan Dixital será aprobado pola dirección do centro unha vez oído o claustroe será elevado como informe ao Consello Social.
Podes consultar o Plan Dixital na seguinte ligazón.
Plan de Convivencia
Enviado por Jose Antonio Malvido o Lun, 04/03/2024 - 23:06O Plan de Convivencia recolle a situación actual de convivencia do Centro. Este documento propociona obxectivos, actuacións para mellorar a convivencia, normas, condutas e medidas de corrección...
Pódese consultar no seguinte adxunto.
Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia do centro
Enviado por Jose Antonio Malvido o Lun, 04/03/2024 - 23:01Nas Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia do centro (NOFC) recollénse aspectos relacionados coa estrutura organizativa do centro, normas de funcionamento e coordinación dos órganos, o plan de convivencias, plan de acollida, dereitos e deberes...
Pódense consultar no seguinte adxunto.
Proxecto Educativo
Enviado por Jose Antonio Malvido o Lun, 04/03/2024 - 22:53O noso Proxecto Educativo (PE) é un documento que define a personalidade, marca os principios de identidade do centro e recolle as decisións asumidas pola Comunidade Educativa con respecto a aspectos educativos básicos e principios xerais para a organización e xestión do centro escolar.
Pódese consultar no seguinte adxunto.
RECITANDO A ROSALÍA
Enviado por Ainhoa Suarez o Lun, 04/03/2024 - 09:07Para conmemorar o día de Rosalía de Castro, entre outras actividades, o alumnado de 4º foi á radio a gravar dous dos seus poemas. Primeiramente, practicamos a lectura e entoación dos mesmos na aula, para despois recitalos ante xs compis de todo o cole o día da celebración.
Agardamos que vos guste o resultado!!
O tempo en febreiro
Enviado por Marta Valbuena o Ven, 01/03/2024 - 00:00Durante este mes de febreiro, o alumnado de 2º foi o encargado de observar o tempo.
As nosas tarefas foron:
- Revisar a primeira hora da mañá a caseta meteorolóxica para ver as temperaturas máximas e mínimas, o pluviómetro para ver as precipitacións, o barómetro para ver a presión do aire, o higrómetro para ver a humidade ambiental.
- Observar a herba por se hai orballo e comprobar a dirección do vento.
- Ter en conta calquera outro meteoro: néboa, calixe, sarabia, treboada...
A continuación rexistramos todos eses datos no corredor do Bibliocastelo, na sección de Meteoescolas.
Ademais, na aula, realizamos un rexistro das luadas do mes de febreiro, observando a lúa diariamente.
Gustounos moito ser os encargados do tempo e estamos desexando que chegue maio para volver a ser Meteorólogos e Meteorólogas!
SÓ É PUBLICIDADE?
Enviado por Jose Antonio Malvido o Xov, 29/02/2024 - 22:03Esta semana o alumnado de sexto participou nun obradoiro sobre a publicidade. Algo que pode pasar desapercibido, pero que é máis importante do que ás veces pensamos.
Dando nova vida aos residuos
Enviado por Susi Fernandez o Lun, 26/02/2024 - 22:22Hoxe veu visitarnos Manolo, de PONTE A ZERO, para concienciarnos sobre a importancia das 3 R: Reducir, Reutilizar e Reciclar.
Deunos ideas dalgunhas actividades que podemos realizar na nosa casa con material reutilizable como poden ser un teléfono con dous botes de plástico e un fío, decoracións de polispán para o Nadal ou calquera festividade, un amplificador de volume para o móbil…
Despois, realizamos unha manualidade con caixas de galletas e un par de gomas. Unha maneira moi divertida de dar nova vida a eses materiais que se ían a desbotar, iso si, cada un no seu contedor para reciclar.
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO - ADIÓS RÍOS ADIÓS FONTES EN LSE
Enviado por Ainhoa Suarez o Lun, 26/02/2024 - 17:14Co gallo da celebración do Día de Rosalía de Castro, a intérprete do noso centro, Rosa Louro, foi gravando a tódolos grupos do cole mentres signaban este podema tan coñecido: Adiós ríos, adiós fontes. Grazas Rosa!!!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- …
- seguinte ›
- última »